741303 - Prácticas Escolares II (3º CURSO) - Curso 2012/2013
Información
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo P01 | Ordinario | Prácticos | NON | SI |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1.- Continuar o contacto co colexio e coñecer o seu funcionamento xeral e a práctica que nel se desenvolve. Isto implica coñecer o seu contorno, as características básicas, a clase como grupo e as características do alumnado e as singularidades de cada especialidade.
2.- Ser consciente das ideas previas que posúe sobre a realidade escolar, froito da súa propia experiencia ou historia escolar persoal, tendo en conta que estas experiencias poden influír nas súas observacións, reflexións e actuacións sobre e no colexio.
3.- Desenvolver tarefas de programación e docencia co visto e prace do/a mestre/a titor/a, baixo as orientacións do/a supervisor/a.
4.- Analizar, reflexivamente, tarefas nas que participa: elaboración de material didáctico, análise de libros de texto, atención individualizada a grupos de alumnos/as, desenvolvemento dalgunha actividade concreta, participación en actividades extraescolares e complementarias, asistencia a reunións, xuntas de avaliación, observacións na aula, nos patios de recreo, etc.
ContidosDentro do programa de traballo, hai que atender ás tres fases obrigatorias das que constan as prácticas: preparación, realización e reflexión.
A. Fase de preparación
Esta fase consta de 10 horas baixo a supervisión do profesorado da Escola de Maxisterio. Ao longo dela levaranse a cabo diversas actividades, entre as que se atoparán:
a.- A análise do programa de prácticas.
b.- A formación e preparación sobre as actividades que cada alumno e cada alumna debe desenvolver na fase de estancia no colexio e que poderá tratar, entre outros, dos seguintes apartados: informes sobre o colexio e o seu contorno; elaboración dun diario de actividades de prácticas; elaborar e poñer en práctica algunha unidade de programación orixinal; facer algún traballo de indagación, investigación, que teña un reflexo nun pequeno ensaio; …
ESTA FASE TERÁ LUGAR ENTRE O 17 DE OUTUBRO E O 11 DE NOVEMBRO DE 2011.
A asistencia a estas reunións, como a todas as outras de cada fase, será obrigatoria.
B.- Fase de realización
Desenvolverase no colexio e o alumnado estará á disposición del durante o horario completo e baixo a tutela do equipo directivo e a titoría dun mestre ou dunha mestra.
Poderá haber unha reunión co/a Supervisor/a, en torno á metade desta fase, pola tarde, na Escola de Maxisterio, co fin1de facer un seguimento do proceso.
A asistencia a esta reunión, como a todas as outras será obrigatoria.
ESTA FASE TERÁ LUGAR NA ESCOLA CORRESPONDENTE ENTRE O 14 DE NOVEMBRO E O 22 DE DECEMBRO DE 2010, AMBOS OS DOUS INCLUÍDOS E DE ACORDO CO HORARIO COMPLETO DO COLEXIO DE REFERENCIA.
Dentro desta fase, o/a alumno/a concretará, sobre todo, os obxectivos 2 e 3 con propostas e procedementos.
Cada Supervisor/a fará constar as horas semanais de titoría en que o alumnado ao seu cargo poderá ser atendido.
C.- Fase de reflexión
DESENVOLVERASE DENDE O 9 DE XANEIRO ATA O 26 DE XANEIRO DO 2012, AMBOS OS DOUS INCLUÍDOS.
Esta fase, que segundo o Plan Xeral de Prácticas ten 10 horas de dedicación e que se desenvolverá baixo a supervisión do profesorado de Maxisterio, ten por finalidade facer unha reflexión das experiencias vividas durante o período de estancias nos colexios, que debe quedar reflectido no INFORME FINAL.
Bibliografía básica e complementaria- VV.AA., Pedagogías del siglo XX, Cuadernos de Pedagogía, Especial 25 años (1975-2000), 2000.
- Aldecoa, J., Historia de una maestra, Anagrama, Barcelona, 1990.
- Anaya, G., El profesor ideal, Cuadernos de Pedagogía, nº 161, pp.18-20, 1988.
- Angulo, J. F. e Blanco, N., Teoría y desarrollo del curriculum, Aljibe, Málaga, 1994.
- Bronfman, A. e Martínez, I., Las interacciones entre maestro y alumno(s): las apariencias y las sorpresas en La socialización en la escuela, Paidós, Barcelona, 1996.
- Caivano, F., El sacapuntas, MEC, Madrid, 1988.
- Carbó, J. M., Dieciséis tesis sobre la disciplina, Cuadernos de Pedagogía, nº 284, pp. 82-85, 1999.
- Cela, J. e Palou, J., Con voz de maestro. Un epistolario sobre la experiencia docente, Celostí, Madrid, 1994.
- Coll, C., Estructura grupal, interacción entre alumnos y aprendizaje escolar, Infancia y Aprendizaje, nº 27-28, pp.119-138, 1984.
- Davini, M. C., La formación docente en cuestión: política y pedagogía, Paidós, Bos Aires, 1995.
- Domínguez, G., Apología del diario escolar, Cuadernos de pedagogía, nº 256, pp. 20-24, 1998.
- Elliot, J., Investigación-acción en educación, Morata, Madrid, 1990.
- Fernández Enguita, M., ¿Es pública la escuela pública?, Cuadernos de Pedagogía, nº 284, pp.76-81, 1999.
- Ferry, G., El trayecto de la formación. La enseñanza entre la teoría y la práctica, Paidós, Barcelona, 1991.
- Freire, P., A la sombra de este árbol, El Roure, Barcelona, 1995.
- Gerrero, A. (coord..), Manual de sociología de la Educación, Síntesis, Madrid, 1996.
- González, T., Profesores en formación: problemas docentes percibidos o intuidos durante las prácticas de enseñanza, Campo Abierto, nº 12, pp. 217-226, 1995.
- Hargreaves, D., Las relaciones interpersonales en educación. Narcea. Madrid. 1978.
- Imbernón, F., La formación y el desarrollo profesional del profesorado. Hacia una nueva cultura profesional, Graó, Barcelona, 1994.
- Jackson, W., La vida en las aulas, Morata, Madrid, 1975.
- Marcelo, C., Formación del profesorado para el cambio educativo, PPU, Barcelona, 1994.
- Mellado, V.; Blanco, M. L. e Ruiz, C., Los diarios de prácticas en la formación de maestros, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, nº 23, pp. 121-136, 1999.
- Montero. L., La realidad del aula vista por los profesores, USC, Santiago, 1985.
- Pereyra, M. A., El profesionalismo a debate, Cuadernos de Pedagogía, nº 161, pp.12-16, 1988.
- Pérez Gómez, A., El pensamiento práctico del profesor: Implicaciones en la formación del profesorado en Villa (coord..), Perspectivas y problemas de la función docente, Narcea, Madrid, Pp. 128-148, 1988.
- Popkewitz, T. (ed.), Formación del profesorado. Tradición. Teoría. Práctica, Universidad de Valencia, Valencia, 1990.
- Shon, D., La formación de profesionales reflexivos. Hacia un nuevo diseño de la enseñanza y el aprendizaje en los profesores, Paidós/MEC, Madrid, 1992.
- Trillo, F., El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela, Cuadernos de Pedagogía, nº 228, pp. 70-75, 1994.
- Vera, J., Elementos para la imagen social de los profesores, Revista Universitaria, vol. IV, pp. 139-149, 1992.
- Zabalza, M. A., Los diarios de clase.Documento para estudiar cualitativamente los dilemas prácticos de los profesores, PPU, Barcelona, 1991.
- Zeichner, K., Enseñanza reflexiva y experiencia de aula en al formación de profesores, Revista de Educación, nº 282, pp. 161-189, 1987.
- Zeichner, K., El maestro como profesional reflexivo, Cuadernos de Pedagogía, 1993.
CompetenciasEste proceso ten como horizonte contribuír a desenvolver un tipo de mestre ou de mestra que se axuste tamén ao perfil definido pola lexislación vixente, entendida como marco aceptado socialmente. Ademais, debe permitirlle ao alumnado a posibilidade para que empece a amosar, aínda que sexa incipientemente, o seu propio estilo e atope, así mesmo, canles de adestramento para isto en situacións o máis reais posibles.
En todo caso, ten que permitirlle a cada alumna ou alumno de Maxisterio vivir a escola e iniciarse na capacitación do seu desenvolvemento profesional na especialidade correspondente, na aplicación dos seus coñecementos e na formación de actitudes de cara a un mellor desenvolvemento dos procesos profesionais docentes e educativos a que se verán abocados nun futuro, agardemos que moi próximo.
Metodoloxía da ensinanza Tendo en conta a natureza especial desta materia e que o seu obxectivo é preparar o alumnado para o período de estancia nos Colexios ou reflexionar sobre o que experimentaron, unha vez que retornen de novo ás clases ordinarias de Maxisterio, a metodoloxía docente será manifestamente participativa e dialóxica, e pouco discursiva. Neste sentido, contextualización ao referente lexislativo contemporáneo e ao referente xeográfico galego, recuperación e recreación de experiencias escolares anteriores, idealización sobre o futuro do ensino, globalización e integración de coñecementos e contidos de varios axentes formativos, apertura a novas posibilidades suscitadas polas/os estudantes, etc., serán tamén elementos característicos da acción do profesorado supervisor para co seu alumnado de prácticas. Abundando nesta liña, sinálanse a continuación algunhas das actividades de aprendizaxe concretas que ten que desenvolver pola súa conta o alumnado ao longo do primeiro cuadrimestre para esta materia; tamén se fan explícitas as pautas que, segundo unha normativa xeral, marcarían o seu quefacer en cada un dos períodos nos que se subdivide o transcurso das Prácticas. A realización destas actividades e a asistencia a todas as sesións ou xuntanzas que se programen para a materia son de obrigada asistencia para o alumnado; a saber:
A. Durante as etapas de preparación e reflexión:
- 1. Asistir a cantas reunións sexan convocadas pola Coordinación Xeral de Prácticas (conxuntas cos catro grupos da Escola de Maxisterio, de cada grupo concreto, ou individuais) e polo supervisor ou supervisora concreta que lle correspondera;
- 2. Cumprir cantas orientacións lle sexan proporcionadas polo supervisor ou supervisora correspondente;
- 3. Elaborar e entregar con data límite a fixada no calendario oficial de exames para esta materia, o INFORME FINAL DE PRÁCTICAS que se sinala neste Programa, intentando satisfacer as esixencias que ao respecto lle comunicará o/a supervisora, quen tamén oportunamente proporcionará orientacións e recomendacións específicas para unha correcta realización deste traballo;
- 4. Analizar a experiencia das Prácticas Escolares II (fase de estancia) dentro das actividades propias da fase de reflexión. Esta análise tamén quedará reflectida nun breve informe que se lle entregará ao/á supervisor/a correspondente.
B. Durante a etapa de estancia no centro:
- 1. Respectar e cumprir todas as normas escritas ou aquelas que determine o equipo directivo da escola á que cada alumna/o estea adscrito/a;
- 2. Fronte a calquera problema co Colexio, cada alumno/a en prácticas deberá poñelo en coñecemento do seu titor ou titora da escola e, de ser necesario, do seu supervisor ou supervisora da Escola de Maxisterio;
- 3. Permanecer aberto/a e en disposición de mellora construtiva para admitir orientacións e suxestións dos mestres e das mestras do Colexio, especialmente no que se refire á colaboración nos quefaceres docentes que lle encargue o titor ou titora correspondente, e á participación nos diferentes órganos e xuntanzas que se celebren no Centro, no caso de haber ofrecemento por parte dos/das responsables en cada caso;
- 4. Intentar en todo momento establecer e manter relacións cordiais con todos os compoñentes da comunidade educativa do Colexio: mestres/as, pais e nais, alumnos/as e persoal non docente;
- 5. Cumprir coa máxima puntualidade os horarios da escola, permanecendo nesta cando menos o tempo completo das clases do alumnado. O profesorado supervisor vehiculizará o seu labor nesta materia a través da lingua galega ou da lingua castelá, segundo os casos.
Sistema de evaluaciónA avaliación das PRÁCTICAS ESCOLARES II levarase conxuntamente por:
a.- O/a mestre/a titor/a, a través dun informe persoal que lle deberá remitir ao Coordinador Xeral de Prácticas unha vez finalizada a estancia no colexio. Esta cualificación terá un valor do 40% sobre a nota final.
b.- O/a Supervisor/a da Escola de Maxisterio, que valorará:
- Nas fases de preparación e reflexión, a asistencia e a participación activa nelas, así coma o seguimento do/a alumno/a a través das titorías; e
- O INFORME FINAL.
Esta cualificación terá un valor do 60% da nota final.
É imprescindible ter superadas as dúas partes para aprobar a materia.
As datas de entrega do INFORME FINAL son as oficiais de examen final das convocatorias de febreiro e setembro do curso 2011-2012.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais teóricas: 20
Horas presenciais prácticas: 125
Horas de traballo do alumno fóra da aula, incluída a avaliación: 225
Total volume de traballo: 400 horas
Recomendacións para o estudo da materiaPrácticas Escolares II son, en certo modo, a culminación do proceso de formación inicial como mestre ou mestra, xa que é o momento no que se retoma o contacto real co ambiente en que se desenvolverá a actividade profesional no futuro e por iso non nos pode estrañar que sexa considerado, sobre todo polo alumnado, como un dos momentos máis decisivos de toda a súa etapa de formación.
Sobre todo, se se ten en conta que xa tivo unha pequena experiencia institucional ao longo das Prácticas Escolares I no curso pasado.
Podemos asegurar, pois, que nos atopamos ante un momento crítico de aprendizaxe que merece unha atención especial para rendibilizar de forma plena os efectos do proceso formativo inicial que se atopa na súa recta final.
A organización das Prácticas Escolares II acolle unha gran complexidade e unhas características diferentes a outras materias formativas, posto que implican moitísimas variables que hai que ter en conta.
Entre elas destacan:
a.- As institucionais (Escola de Maxisterio-colexio receptor); e
b.- As persoais (Supervisores/as, titores/as e alumnado).
Con referencia aos aspectos institucionais, a responsabilidade da Escola de Maxisterio, como entidade e a través dos seus representantes (supervisores e supervisoras), é clara e está definida no Plan Xeral de Prácticas nos aspectos burocráticos e formadores e a responsabilidade institucional dos colexios de recepción tamén está perfectamente clarexada por medio da lexislación vixente e depende do seu equipo directivo.
Con referencia aos titores e titoras do colexio receptor que reciben o alumnado, de forma permanente solicítase unha maior información sobre accións a levar a cabo para contribuír a mellorar a acción formativa, e este documento, que será enviado a cada un deles e cada unha delas, debe servir a ese obxectivo.
Por iso convén aclarar algunhas das súas funcións básicas. Así, o/a mestre/a titor/a deberá:
- Acoller o alumnado de Prácticas Escolares II nos períodos establecidos neste Programa, facilitando a súa adaptación e integración no contexto escolar concreto.
- Posibilitar a súa iniciación na práctica docente.
- Asesoralo en cuestións pedagóxicas e didácticas.
- Avaliar o seu desenvolvemento, seguindo os criterios e pautas deste Programa, e valorar o interese nas actividades, o cumprimento do calendario e o horario de traballo, o seu propio desenvolvemento docente, profesional e formativo e o seu progreso xeral na etapa de prácticas.
- No caso de ter algún problema co/a alumno/a en prácticas, deberá poñerse en contacto co supervisor ou supervisora correspondente.
Con respecto ao alumnado, deberá axustarse a unha normativa xeral que tería en conta as seguintes pautas:
A.- DURANTE AS ETAPAS DE PREPARACIÓN E REFLEXIÓN:
1.- Asistir a cantas reunións sexan convocadas pola Coordinación Xeral de Prácticas, a Coordinación de especialidade e o Supervisor ou Supervisora que lle corresponda.
2.- Cumprir cantas orientacións lle sexan proporcionadas polo Supervisor ou Supervisora correspondente.
3.- Elaborar o INFORME FINAL de Prácticas que se reflicte neste Programa, coas orientacións específicas que lle proporcione o seu Supervisor ou Supervisora.
4.- Cubrir o cuestionario de avaliación das Prácticas dentro das actividades propias da fase de reflexión, sempre que o/a supervisor/a así o crea conveniente.
B.- DURANTE A ETAPA DE ESTANCIA NO COLEXIO:
1.- Debe respectar e cumprir todas as normas que determine o equipo directivo do colexio ao que estea adscrito.
2.- Ante calquera problema co colexio, cada alumno/a en prácticas deberá poñelo en coñecemento do seu Titor ou da súa Titora do colexio e, de ser necesario, do seu Supervisor ou da súa Supervisora da Escola de Maxisterio.
3.- Debe estar aberto/a ás orientacións e suxestións dos mestres e das mestras.
4.- Debe intentar, en todo momento, establecer e manter relacións cordiais con todos os compoñentes da comunidade educativa: mestres/as, pais e nais, alumnos/as e persoal non docente.
5.- Debe cumprir coa máxima puntualidade os horarios do colexio.
ObservaciónsCada supervisor ou supervisora terá liberdade para o desenvolvemento deste programa de mínimos.