Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Farmacoloxía  »  Información da materia

331303 - Farmacoloxía (3º CURSO) - Curso 2012/2013

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Farmacoloxía
    • Áreas: Farmacoloxía
    • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
    • Convocatoria: Anual
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    ARRANZ TAGARRO, JUAN ALBERTO.NON
    Castro Pérez, María de los Ángeles.NON
    Castro Pérez, María de los Ángeles.NON
    Fernandez Rodriguez, M Pilar.NON
    FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL.NON
    LAGUNA FRANCIA, MARIA REYES.NON
    LOZA GARCIA, MARIA ISABEL.NON
    MEIZOSO COYA, Ma JOSE.SI
    VILLAR CORDOVES, ROSA MARIA.NON

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo L01OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L02OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L03OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L04OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L05OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L06OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L07OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L08OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L09OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L10OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L11OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L12OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L13OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L14OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L15OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo P01OrdinarioPrácticosNONNON
    Grupo P02OrdinarioPrácticosNONNON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI
    Grupo T02OrdinarioTeóricosSINON

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1.- A Farmacoloxía, pola súa metodoloxía e contido, contribúe á mellor comprensión e afianzamento das bases biolóxicas da Medicina (Fisioloxía e Bioquímica) e da Patoloxía.

    2.- Introdución á comprensión dos mecanismos xerais de acción dos fármacos (Farmacodinamia) e do seu destino no organismo (Farmacocinética).

    3.- Coñecer as principais clases de fármacos en relación co seu uso clínico e os seus efectos a nivel de tecidos, órganos ou sistemas, adquirindo un coñecemento razoable do seu perfil farmacolóxico, mecanismos de acción e reaccións adversas e as consecuencias das interaccións farmacolóxicas.

    Contidos
    SECCIÓN I. PRINCIPIOS XERAIS DE ACCIÓN DOS FÁRMACOS

    Tema 1. A Farmacoloxía: concepto e obxectivos. Divisións da Farmacoloxía. Relación da Farmacoloxía con outras disciplinas médicas. Problemas que presenta o uso de fármacos nos ámbitos da saúde e da economía sanitaria

    Tema 2. Mecanismos xerais de acción dos fármacos (I). Interacción fármaco-receptor. Curvas de desprazamento. Curvas dose-resposta. Afinidade e actividade intrínseca. Concepto de agonista e antagonista. Tipos de antagonismo

    Tema 3. Mecanismos xerais de acción dos fármacos (II). Sistemas receptor-efector. Receptores acoplados a canais iónicos. Activación de proteínas G. Receptores con actividade enzimática propia. Receptores intracelulares. Regulación de receptores. Mecanismos de acción inespecíficos

    Tema 4. Absorción e distribución dos fármacos. Características da absorción dos fármacos. Transporte dos fármacos a través de membranas biolóxicas. Factores que inflúen na absorción. Biodispoñibilidade e bioequivalencia. Vías de administración. Distribución dos fármacos. Unión de fármacos a proteínas plasmáticas. Distribución aos tecidos. Barreiras hematoencefálica e placentaria

    Tema 5. Eliminación dos fármacos (I). Vías de excreción: excreción renal e biliar. Outras vías de excreción. Eliminación por diálise. Factores que inflúen na excreción

    Tema 6. Eliminación dos fármacos (II). Metabolismo dos fármacos. Obxectivos e significado farmacolóxico. Sistemas enzimáticos de metabolización. Factores que inflúen no metabolismo. Polimorfismos xenéticos (farmacoxenética). Indución e inhibición enzimática

    Tema 7. Farmacocinética. Concepto. Compartimentos farmacocinéticos. Curva de concentración plasmática de fármaco-tempo. Ordes dos procesos farmacocinéticos. Modelos farmacocinéticos. Cinética de absorción, distribución e eliminación. Concepto de semivida, volume de distribución e aclaramento

    Tema 8. Reaccións adversas a medicamentos. Concepto, tipos e mecanismos de produción. Concepto de risco terapéutico. Diagnóstico e detección



    SECCIÓN II. FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO

    Tema 9. Fármacos agonistas e antagonistas colinérxicos. Transmisión colinérxica. Receptores colinérxicos. Clasificación dos agonistas colinérxicos. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Fármacos antagonistas muscarínicos. Clasificación. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas

    Tema 10. Fármacos anticolinesterásicos. Bloqueantes da placa motora e da transmisión ganglionar. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas

    Tema 11. Fármacos agonistas adrenérxicos. Transmisión adrenérxica. Receptores adrenérxicos. Clasificación dos fármacos agonistas adrenérxicos. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Fármacos adrenérxicos de acción mixta. Fármacos inhibidores da transmisión adrenérxica

    Tema 12. Fármacos antagonistas adrenérxicos. Clasificación dos fármacos antagonistas adrenérxicos. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Sistema dopaminérxico: receptores dopaminérxicos. Agonistas e antagonistas dopaminérxicos

    Tema 13. Anestésicos locais. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas


    SECCIÓN III. MEDIADORES CELULARES, DOR E INFLAMACIÓN

    Tema 14. Histamina e Serotonina. Receptores histamínicos e mecanismos de acción. Accións farmacolóxicas. Fármacos antihistamínicos: mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Receptores serotonínicos e mecanismos de acción. Accións farmacolóxicas. Fármacos antiserotonínicos: mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas

    Tema 15. Fármacos analxésicos-antitérmicos e antiinflamatorios non esteroideos (AINE). Clasificación. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Fármacos antirreumáticos. Fármacos hipouricemiantes e antigotosos

    Tema 16. Analxésicos opioides. Receptores opioides. Agonistas e antagonistas opioides. Clasificación. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas



    SECCIÓN IV. FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO CENTRAL

    Tema 17. Fármacos ansiolíticos, hipnóticos e sedantes. Clasificación. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Consideracións acerca do uso de hipnóticos no tratamento do insomnio

    Tema 18. Fármacos antiepilépticos. Clasificación. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Selección dun antiepiléptico

    Tema 19. Fármacos antipsicóticos. Clasificación. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas

    Tema 20. Fármacos antidepresivos e antimaníacos. Clasificación. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas

    Tema 21. Anestésicos xerais. Teorías acerca da produción de anestesia xeral. Anestésicos xerais inhalatorios e anestésicos xerais intravenosos: clasificación, mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas. Concepto do estado anestésico. Medida da potencia anestésica


    SECCIÓN V. FARMACOLOXÍA CARDIOVASCULAR E RENAL

    Tema 22. Fármacos inotropos. Glicósidos cardiotónicos: características químicas, mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Outros fármacos inotrópicos positivos na insuficiencia cardíaca

    Tema 23. Fármacos vasodilatadores. Nitratos orgánicos. Bloqueantes dos canais do Calcio: mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas

    Tema 24. Fármacos antiarrítmicos. Mecanismos xerais da acción antiarrítmica. Clasificación dos fármacos antiarrítmicos. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas

    Tema 25. Fármacos hipolipemiantes. Aterosclerose e metabolismo das lipoproteínas. Clasificación dos fármacos hipolipemiantes. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas

    Tema 26. Fármacos diuréticos. Clasificación, mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas


    SECCIÓN VI. FARMACOLOXÍA DO APARATO RESPIRATORIO

    Tema 27. Fármacos antiasmáticos, antitusíxenos, mucolíticos e expectorantes. Clasificación, mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas


    SECCIÓN VII. FARMACOLOXÍA DO APARATO DIXESTIVO

    Tema 28. Farmacoloxía da secreción gástrica. Fármacos utilizados para inhibir ou neutralizar a secreción ácida gástrica: clasificación, mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Relación entre úlcera péptica e helicobacter pelori: posibilidades farmacolóxicas de erradicación

    Tema 29. Farmacoloxía da motilidade intestinal e do vómito. Fármacos laxantes, antidiarreicos e antieméticos. Clasificación, mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas


    SECCIÓN VIII. FARMACOLOXÍA DO SISTEMA HEMATOPOÉTICO

    Tema 30. Fármacos antianémicos. Fer
    Contidos
    ro, ácido fólico e vitamina B12. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Factores de crecemento hematopoético

    Tema 31. Farmacoloxía da hemostasia, a coagulación e a fibrinólise. Fármacos anticoagulantes: heparinas e anticoagulantes orais. Fármacos antiagregantes plaquetarios, fibrinolíticos e hemostáticos. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas


    SECCIÓN IX. FARMACOLOXÍA DO SISTEMA ENDÓCRINO

    Tema 32. Hormonas sexuais Xeneralidades. Factores hipotalámicos e hipofisarios. Estróxenos, xestáxenos, andróxenos e anticonceptivos hormonais: mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Farmacoloxía da motilidade uterina

    Tema 33. Esteroides corticais. Factores hipotalámicos e hipofisarios. Glicocorticoides e mineralocorticoides: mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Inhibidores da síntese

    Tema 34. Insulina e hipoglicemiantes orais. Mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Novos enfoques terapéuticos no tratamento da diabetes

    Tema 35. Farmacoloxía do tiroides e paratiroides. Xeneralidades e síntese das hormonas tiroides. Clasificación, mecanismo de acción, farmacocinética, accións farmacolóxicas, reaccións adversas, aplicacións terapéuticas. Farmacoloxía do calcio e do ciclo de recambio óseo: calcio, fosfato, hormona paratiroide, vitamina D


    SECCIÓN X. QUIMIOTERAPIA ANTIINFECCIOSA

    Tema 36. Consideracións xerais sobre terapéutica antiinfecciosa. Tipos de axentes antiinfecciosos. Clasificación dos antiinfecciosos segundo a súa estrutura química, segundo o seu mecanismo de acción, segundo a súa indicación clínica. Importancia dos antiinfecciosos na Terapéutica. Factores que lle afectan á eficacia clínica dos antiinfecciosos

    Tema 37. Antibióticos beta-lactámicos. Aspectos xerais dos antibióticos beta-lactámicos. Clasificación e características químicas. Mecanismo de acción. Mecanismo de resistencia bacteriana. Espectro antimicrobiano. Farmacocinética. Reaccións adversas. Aplicacións terapéuticas

    Tema 38. Aminoglicósidos. Clasificación e características químicas. Mecanismo de acción. Mecanismo de resistencia bacteriana. Espectro antimicrobiano. Farmacocinética. Reaccións adversas. Aplicacións terapéuticas

    Tema 39. Tetraciclinas. Cloranfenicol. Macrólidos. Outros antibióticos. Clasificación e características químicas. Mecanismo de acción. Mecanismo de resistencia bacteriana. Espectro antimicrobiano. Farmacocinética. Reaccións adversas. Aplicacións terapéuticas

    Tema 40. Sulfamidas e quinolonas. Cotrimoxazol. Clasificación e características químicas. Mecanismo de acción. Mecanismo de resistencia bacteriana. Espectro antimicrobiano. Farmacocinética. Reaccións adversas. Aplicacións terapéuticas

    Tema 41. Farmacoloxía das infeccións por micobacterias. Quimioterapia antituberculosa e antileprosa. Clasificación e características químicas. Mecanismo de acción. Mecanismo de resistencia bacteriana. Espectro antimicrobiano. Farmacocinética. Reaccións adversas

    Tema 42. Fármacos antivíricos. Consideracións xerais. Clasificación e características químicas. Mecanismo de acción. Farmacocinética. Reaccións adversas. Aplicacións terapéuticas

    Tema 43. Antifúnxicos e antiparasitarios. Consideracións xerais. Clasificación e características químicas. Mecanismo de acción. Farmacocinética. Reaccións adversas. Aplicacións terapéuticas


    SECCIÓN XI. QUIMIOTERAPIA ANTITUMORAL. FARMACOLOXÍA DA INMUNIDADE

    Tema 44. Fármacos antineoplásicos e inmunomoduladores. Consideracións xerais. Clasificación e características químicas. Mecanismo de acción. Farmacocinética. Reaccións adversas. Aplicacións terapéuticas


    SECCIÓN XII. TERAPIA XÉNICA

    Tema 45. Bases moleculares e principios de terapia xénica



    CLASES PRÁCTICAS

    Obxectivo. Comprender que os coñecementos farmacolóxicos se obteñen, esencialmente, das observacións experimentais. Afondar no coñecemento dalgúns aspectos tratados nas clases teóricas.

    Contido. O programa de clases prácticas consta de:
    - Demostracións prácticas para realizar con animais de laboratorio
    - Simulacións con ordenador de preparacións experimentais
    As sesións prácticas son obrigatorias para todos os alumnos matriculados. Para poder realizar o exame final o alumno debe asistir a todas as prácticas

    Práctica 1. Valoración “in vitro” e simulación informática dun experimento de órgano illado para a análise das curvas dose-resposta de distintos agonistas e antagonistas farmacolóxicos

    Práctica 2. Influencia do metabolismo sobre a duración do efecto farmacolóxico. Indución enzimática por fenobarbital

    Práctica 3. Influencia do pH urinario sobre a eliminación renal dos fármacos

    Práctica 4. Simulación informática dun experimento con rata anestesiada para o estudo dos principais fármacos que actúan sobre o sistema cardiovascular

    Práctica 5. Demostración dos efectos dos psicofármacos: neurolépticos e ansiolíticos

    Práctica 6. Demostración dos efectos dos fármacos anticoagulantes

    Práctica 7. Utilización das fontes de información sobre medicamentos



    SEMINARIOS

    Obxectivo. O programa de seminarios está ideado para afondar no coñecemento de diversos temas farmacolóxicos de interese xeral e preténdese con eles que o alumno participe activamente no proceso de elaboración e do seu desenvolvemento.

    Contido. O programa de seminarios consta dos seguintes temas:


    - Pautas de administración. Curso temporal da concentración plasmática: cinética da administración de dose única e de dose múltiples. Influencia da semivida, o aclaramento e o volume de distribución nas pautas de administración. Cálculo de dose. Relación entre nivel plasmático e efecto farmacolóxico
    - Interaccións farmacolóxicas. Modificacións da resposta a fármacos
    - Bases farmacolóxicas dos trastornos neurodexenerativos
    - Farmacodependencias e abuso de drogas
    - Mediadores celulares: eicosanoides, óxido nítrico e factor activador das plaquetas
    - Sistema renina-anxiotensina. Cininas
    - Citocinas. Outros mediadores peptídicos
    - Biotecnoloxía en Farmacoloxía

    Bibliografía básica e complementaria
    - Flórez, Armijo, Mediavilla. Farmacología humana. 4ª edición. Ed. Masson; 2003
    - Goodman & Gilman's. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica (Vol. I y II). 10ª edición. Ed. McGraw-Hill Interamaericana; 2003
    - Rang, Dale, Ritter. Farmacología. 6ª edición. Ed. Harcourt; 2008
    - Velasco, San Román, Serrano, Martínez Sierra, Cadavid. Farmacología Fundamental.Ed. McGraw-Hill Interamaericana; 2003
    - Velázquez. Farmacología Básica y Clínica. A. Velasco, P. Lorenzo, J. Serrano, Andrés-Trelles F. (eds.) 17ª edición. Ed. Médica-Panamericana-Mc Graw-Hill; 2005

    Competencias
    - Desenvolver as capacidades e habilidades para poder utilizar os fármacos importantes en Medicina e obter o maior beneficio deles e, ao mesmo tempo, protexer o paciente.

    - Coñecer as principais causas de variación individual na resposta farmacolóxica.

    - Coñecer as fontes principais de información para poder orientarse na procura bibliográfica e estar capacitado para documentarse adecuadamente e afondar no estudo dun determinado tema.

    Metodoloxía da ensinanza
    Ao longo do curso alternaranse as explicacións maxistrais apoiadas con medios audiovisuais durante a impartición das clases teóricas coa realización das clases prácticas, co obxectivo de afondar no coñecemento dalgúns aspectos tratados durante as clases teóricas.


    CLASES TEÓRICAS segundo o programa anteriormente exposto.


    SEMINARIOS
    - Os alumnos serán divididos en equipos de 7-10 membros (corresponden a dous grupos de prácticas).
    - Cada un dos equipos terá un representante ou guía que, en estreito contacto co profesor, recibirá as instrucións pertinentes e distribuirá a documentación didáctica apropiada (esquemas e cadernos didácticos).
    - A partir dos conceptos expostos polo profesor nas clases teóricas ou tras unha exposición esquemática previa e co apoio do profesor e dos guías, os diferentes equipos desenvolverán por escrito os contidos esenciais de cada tema, que será exposto oralmente de modo rotatorio polos alumnos elixidos dentro de cada equipo.
    - O traballo de cada grupo seralle entregado ao profesor para a súa posterior avaliación e o seu ditame será fundamentalmente de tipo crítico e orientador.

    PRÁCTICAS
    - Cada grupo de prácticas estará formado por 5 alumnos.
    - As prácticas son obligatorias. A non asistencia as mesmas implica que o alumno non poderá examinarse.

    Sistema de evaluación
    - A cualificación final da materia realizarase tendo en conta a asistencia e participación no desenvolvemento das clases teóricas e prácticas.
    - A avaliación TEÓRICA farase nun parcial liberatorio e un exame final.
    - TIPO DE EXAME: Exame tipo test. Catro opcións de resposta con solo unha verdadeira. Por cada tres respostas erróneas descontarase unha das respostas acertadas.
    Na materia de cada profesor hai que obter un 20% da cualificación máxima posible para liberar o conxunto. En caso contrario, non fai media coa outra parte.
    Poden preguntarse contidos dos seminarios.
    - No PRIMEIRO EXAME PARCIAL a puntuación para liberalo será igual ou superior a 7.
    - No EXAME FINAL (SEGUNDO EXAME PARCIAL para os alumnos que liberaron o primeiro e toda a materia para o resto dos alumnos), a puntuación para liberalo será igual ou superior a 5.
    - Na convocatoria de setembro, os alumnos deben examinarse de toda a materia. O exame será de tipo test e requírese a obtención dunha nota igual ou superior a 5 para aprobar a materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:
    Teóricas: 3 horas á semana durante todo o curso académico.
    Prácticas: 10 horas á semana durante todo o curso académico.

    Horas non presenciais: 3 horas á semana máis 20 horas de preparación do exame final.

    Horas de avaliación: 2 horas para a realización da avaliación e 1 hora para a revisión.

    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumno debe complementar os coñecementos adquiridos durante a clase teórica coa bibliografía da que dispón.

    Recoméndaselle ao alumno facer uso das titorías fóra do horario lectivo para poder axudarlle a planificar o seu traballo, suxeríndolle metodoloxía e bibliografía para avaliar de maneira individual a progresión dos coñecementos adquiridos.