541302 - Farmacognosia (3º CURSO) - Curso 2012/2013
Información
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Farmacoloxía
- Áreas: Farmacoloxía
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia• Proporcionar os coñecementos básicos sobre a obtención, conservación e análise das materias primas de orixe vexetal que son utilizadas na elaboración de medicamentos.
• Sentar os alicerces da Fitoquímica abordando o estudo dos principais grupos nos que se poden englobar as diferentes substancias responsables de actividades farmacolóxicas.
• Estudar monograficamente, aplicando os coñecementos desenvolvidos nos puntos anteriores, as drogas máis importantes dende o punto de vista químico, farmacolóxico e terapéutico.
ContidosConcepto de Farmacognosia.- Concepto de droga.- Evolución histórica.- Situación actual e futuro de la Farmacognosia.
Fontes de Obtención de Drogas
Drogas de orixe vexetal: Plantas silvestres.- Plantas cultivadas.-
Drogas de orixe animal: Obtención de principios activos a partir de órganos animais.
Obtención e conservación de drogas: Recolección.- Desecación: Estabilización.- Almacenamento
Recoñemento de drogas
Caracteres organolépticos.- Caracteres morfolóxicos.- Caracteres histolóxicos.- Caracteres químicos
Extracción de principios activos das drogas
Métodos.- Separación fraccionada de constituíntes
Control de calidade de drogas
Mostraxe.- Sortes comerciais.- Contaminación de drogas
Compostos procedentes do metabolismo primario
Glícidos: Xeneralidades.- Clasificación.- Osas e ósidos: características xerais.- Extracción.-. Valoración.-.
Poliósidos: Características xerais.- Clasificación.- Distribución na natureza.- Extracción.- Valoración
Lípidos: Clasificación - Ceras vexetais.
Compostos nitroxenados: Heterósidos cianoxenéticos.- Glicosinolatos.- Enzimas
Compostos procedentes do metabolismo secundario
Fenois simples e ácidos fenólicos.- Cumarinas e lignanos
Flavonoides e antocianos: Taninos
Quinonas e naftoquinonas: Mono, sesqui e diterpenos. Iridoides.
Resinas: Látex
Triterpenos e Esteroides. Saponósidos: alcaloides
Drogas con principios activos sobre o sistema nervioso central
Hipnoanalgésicos: Froitos de durmideira. Opio
Analxésicos, antipiréticos, antiinflamatorios: casca de sauce.- Harpagofito Cravo de especia
Sedantes: raíz de valeriana.- Sumidade de Pasiflora.- Tila.- Antidepresores: Sumidade de Hipérico.
Estimulantes: Noces de Kola.- Outros estimulantes: Drogas con estricnina
Psicotomiméticos: Cáñamo indiano.- Outras drogas
Drogas con principios activos sobre o sistema nervioso periférico
Anestésicos locais: Follas de Coca
Inhibidores da unión neuro-muscular: Curares
Drogas con principios activos sobre o sistema nervioso autónomo
Simpaticomiméticos: Sumidade de Efedra.- Catha edulis
Simpaticolíticos: Raíz de Rauwolfia
Adrenolíticos: Cornello de centeo.- Casca de yohimbe
Parasimpatomiméticos: Directos: Amanita muscaria.- Follas de xaborandi.- Inhibidores de la colinesterasa: Faba de Calabar
Parasimpaticolíticos: Follas de Belladona, Beleño e Estramonio
Estimulantes ganglionares e ganglioplégicos: Follas de Tabaco.- Cicuta
Drogas con principios activos sobre o aparato cardiovascular
Cardiotónicos: Características xerais do grupo. Follas de dixital.- Outras drogas con actividade cardiotónica
Vasoconstritores e vasoprotectores: Folla de Hammamelis.- Castiñeiro de Indias.- Xibarda
Vasodilatadores: Folla de pervinca.- Folla Xinkgo
Drogas con principios activos sobre o aparato respiratorio
Antisépticos respiratorios: Filodios de Eucalipto.- Esencia de Niaoulí.- Tomiños.
Expectorantes e Balsámicos: Bálsamo de Tolú.- Benxuí.- Raíz de Polígala.- Raíz e rizoma de Regalicia.- Raíces de Ipecacuana
Drogas con principios activos sobre o aparato renal
Antisépticos urinarios: Folla de Gaiuba.- Folla de Buchu.- Diuréticos: drogas con actividade diurética.
Antiinflamatorios prostáticos: Sabal.- Pygeum
Drogas con principios activos sobre aparato dixestivo
Laxantes e purgantes: Osmóticos: Maná.- Mucilaxinosos. Sementes de Plantago.- Agar-Agar
Antraquinónicos: Rizomas de Ruibarbo.- Follas de Sen.- Cáscara Sagrada.- Casca de Frángula.- Áloes
Oleosos: Aceite de Rícino.- Resínicos
Antidiarreicos: Raíz de Ratania.- Outras drogas
Carminativos: Froitos de Anís verde e Anís estrelado.- Cascas de Canela
Antiespasmódicos: Manzanillas.- Menta.- Melisa
Colagogos e coleréticos: Folla de Boldo.- Rizoma de Cúrcuma.- Folla Alcachofa.
Hepatoprotectores: Froitos de Cardo mariano
Tópicos cutáneos
Emolientes: Sementes de Lino.- Flor de Malva.- Raíz de Altea.- Adstrinxentes: Folla de Hammamelis.- Ratania.- Bugallos.
Cicatrizantes: Flores de Árnica.- Sumidade de Hidrocotile
Rubefacientes: Sementes de Mostaza.- Romeu.- Trementina de piñeiro.- Alcanfor
Drogas con principios activos quimioterápicos
Antibióticos: Plantas superiores produtoras de Antibióticos.
Antineoplásicos: Rizoma de Podofilo.- Vinca.- Teixo. Camptotheca
Antipalúdicos: Casca de Quina. Amebicidas: Emetina. Insecticidas: Pelitres.
Drogas que actúan sobre el metabolismo e hormonas
Antidiabéticos: Goma guar.- Outras drogas
Antigotosos: Bulbo de Cólchico
Inmunoestimulantes e Adaptóxenos: Raíces de Ginseng.- Raíz de Eleuterococo.- Echinacea
Bibliografía básica e complementariaLIBROS
R.R. Paris et H: Moyse: Matiere Medicale. Masson et Cie. 3 vol. 1971-77
J. Bruneton: Farmacognosia, Fitoquímica, Plantas medicinales. Edit. Acribia, 1991
Bruneton, J.: Pharmacognosie, Phytochimie, Plantes medicinales. 3ª edición Edit. Tec&Doc. Paris1999
Bravo Díaz, Luis: Farmagonosia 1ª. Edicion, Elsevier España. 2003
Trease-Evans: Farmacognosia. 13ª Edición. Interamericana- McGraw Hill, 1991
M. Rombi: 100 plantes medicinales. Edit. Romart, 1991
Fitoterapia: Vademecum de prescripción. Citape S.L. 1994
Villar del Fresno, A. (Editor): Farmacognosia General. Editorial Síntesis, 1999
S. Cañigueral, R Vila, M. Wichtl: Plantas medicinales y drogas vegetales para infusión y tisana. Edit. OEMF Internacional, 1998
Blumenthal, M. Therapeutic guide to herbal medicines. American Botanical Council, 1998
Worlg Health Organization
Selected medicinal plants. Vol 1 e 2. Ginebra, 1999
WEBS DE INTERESE
Phytochemical and Ethnobotanical Databases
Botany, Database and Pictures
Common Name - Index
ESCOP
Fitoterapia
Herb Research Foundation - Herbs and Herbal Medicine for Health
Herbal Education Catalog
HerbMed
Listing index plants
CompetenciasÉ necesario que os alumnos:
• dispoñan de preparación e coñecementos de Botánica, tanto de conceptos xerais como de sistemática, fundamentalmente relacionado con plantas medicinais;
• posúan coñecementos básicos de Química Orgánica;
• teñan cursado ou estean cursando simultaneamente Farmacoloxía I;
• ademais, sería aconsellable que cursen simultaneamente Química Farmacéutica.
Metodoloxía da ensinanza Aulas teóricas
As clases teóricas desenvolveranse seguindo o calendario establecido pola Facultade, a razón de catro horas semanais. A duración será de aproximadamente 50 minutos.
A ficha deberá entregarse nos primeiros días de clase.
O programa desenvolverase integramente.
Aulas prácticas
As clases prácticas, de carácter obrigatorio para acceder ao exame de teoría, teñen unha duración dunha semana e desenvolveranse en xornadas de mañá e tarde segundo os grupos remitidos polo Decanato da Facultade.
Os alumnos que teñan realizado e aprobado as prácticas en cursos anteriores están exentos, aínda que aqueles que desexen realizalas de novo, deberán comunicarllo ao Profesor para a súa organización.
Lémbrase a obrigatoriedade de vir provido de bata de laboratorio
Prégase puntualidade
Seminarios
Terán lugar un día á semana (este curso todos os venres) e neles comentaranse cuestións que non teñan sido comprendidas nas aulas de teoría, así como aqueles temas que cuxa lembranza sexa conveniente para o mellor coñecemento da materia.
Ao comezo do curso, os alumnos que o desexaren, inscribiranse nun programa para realizar e expor os resultados dun traballo proposto polo Profesor, e que tratará sobre algún dos seguintes aspectos:
1. Deseño de procesos de separación dunha serie de principios activos xenéricos presentes nunha droga, en función das súas características fisicoquímicas. Avaliaranse as vantaxes e desvantaxes de cada un dos métodos de separación deseñados, así como tamén das diferentes técnicas de extracción utilizadas.
2. Iniciación ao coñecemento organoléptico e morfolóxico de drogas.
3. Identificación da natureza dos principios activos illados, segundo os procedementos aos que se recorreu para a súa extracción das drogas.
4. Illamento de principios activos específicos e aplicación de diferentes reaccións para o seu recoñecemento.
5. Selección dunha serie de reactivos para o screening fitoquímico das drogas.
6. Preparación hipotética dunha fórmula, segundo os compoñentes elixidos, para a elaboración dun medicamento, indicando as súas posibilidades terapéuticas, as súas posibles interaccións e contraindicacións, doses que se van utilizar...
7. Dedución das aplicacións terapéuticas de diversas formulacións galénicas
En todas as situacións, o traballo e os seus resultados teñen que ser axeitadamente razoados e xustificados.
A cualificación obtida na presentación do traballo formará parte da nota final do alumno.
Sistema de evaluaciónA cualificación final da materia realizarase tendo en conta:
- A asistencia e a participación no desenvolvemento das clases teóricas;
- A actitude, interese, aplicación e cualificación na realización das clases prácticas;
- A participación e calidade dos traballos realizados e presentados nos seminarios;
Cualificación do exame teórico
Será un único exame que comprenderá un conxunto de preguntas (10-20) de resposta breve e o desenvolvemento en extenso dun ou varios temas.
Prégaselle ós alumnos que se vaian presentar ó exame teórico, que entreguen no Departamento (con, como mínimo, 24 horas de antelación á data do exame) un papel co seu nome e apelidos, coa finalidade de programar aulas e número de exames.
O alumno deberá traer o DNI ou documento identificativo.
Nas listas coas cualificacións obtidas, fixarase o horario e os días hábiles para a revisión de exames.
Tempo de estudo e traballo persoalDe acordo coa distribución en créditos desta materia (6 créditos teóricos, 1,5 créditos de prácticas de laboratorio e 1,5 créditos de seminarios) son en total 9 créditos (90 horas), tempo que comparte o alumno co profesor ao longo do cuadrimestre.
De acordo coas novas directrices derivadas da declaración de Bolonia e seguintes, o valor horario que se debe asignar aos novos créditos, homologables no espazo común europeo, é de 25-30 horas/crédito. Segundo isto, os 9 créditos actuais poderíanse converter en 270 horas de traballo e estudo para adquirir unha formación que permita superar esta materia. Se a esas 270 horas totais, restámoslles as 90 que comparte co profesor, os alumnos dispoñen de 180 horas para dedicalas ao estudo e traballo persoal; tempo abondo para superar esta materia.
Recomendacións para o estudo da materiaA Farmacognosia, como é unha disciplina que recolle coñecementos doutras moitas ciencias, require un bo coñecemento de ciencias afíns e boas aptitudes para relacionar coñecementos.