Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Física Aplicada  »  Información da materia

G2041425 - Traballo Fin de Grao (Prácticas Tuteladas e Traballo Fin de Grao) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 9.00
  • Total: 9.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 48.00
  • Horas de Titorías: 144.00
  • Total: 192.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Organización de Empresas e Comercialización, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Cirurxía, Física Aplicada, Física Aplicada, Álxebra, Estatística e Investigación Operativa, Electrónica e Computación, Electrónica e Computación, Farmacoloxía, Economía Cuantitativa, Medicina, Bioloxía Celular e Ecoloxía, Ciencias Morfolóxicas, Matemática Aplicada
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Fisioloxía, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Oftalmoloxía, Física Aplicada, Óptica, Álxebra, Estatística e Investigación Operativa, Linguaxes e Sistemas Informáticos, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Farmacoloxía, Economía Cuantitativa (propia da USC) , Medicina, Bioloxía Celular, Anatomía e Embrioloxía Humana, Astronomía e Astrofísica
  • Centro: Facultade de Óptica e Optometría
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Diez-Feijóo Arias, Elio.NON
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ.NON
NOIA GULDRIS, MANUEL.NON
QUINTANS RODRIGUEZ, MAXIMINO.NON
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS.NON
Takkouche Souilamas, El Bahi.NON
VIÑA CASTELAO, M. DOLORES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa



Obxectivos da materia

Consiste na elaboración, por parte do alumnado, dun traballo persoal onde se integren (traballo de síntese) e apliquen os coñecementos e destrezas obtidas durante os estudos realizados na Titulación de Grado en Óptica y Optometría.
Contidos

Pola peculiaridade deste tipo de traballos, é imposible definir contidos a priori. Cada traballo terá un desenvolvemento personalizado.

O alumnado deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación. Dependendo da temática que se aborde poderá incluír, ademais, unha parte empírica sinxela ou unha análise de casos.

Bibliografía básica e complementaria

A bibliografía de cada traballo, será en función das diferentes propostas de cada departamento implicado na docencia do Grao.
Competencias

- Ser capaz de definir os obxectivos do traballo, identificando o problema a resolver ou o obxectivo de coñecemento a alcanzar.

- Ser capaz de deseñar as tarefas, organizar os pasos a seguir para alcanzar os obxectivos e desenvolver o traballo de acordo co plan definido.

- Saber buscar e seleccionar información relevante para o caso, problema ou obxecto de estudo, a partir de fontes do nivel de libros de texto avanzados e incorporando algunhas achegas de textos científicos especializados.

- Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan pertinentes para o obxecto do traballo e integrar con eles a nova información conseguida.

Metodoloxía da ensinanza

Resulta imposible establecer unha metodoloxía xeral válida para todos os traballos fin de grao.
Sistema de evaluación

Os traballos serán avaliados por un tribunal ou tribunais, composto/s por tres profesores da USC que impartan docencia no Grao en Óptica e Optometría, do que non poderá formar parte o director/a do traballo.

Criterios da Avaliación:

Os membros do Tribunal de Avaliación realizarán un informe, segundo o modelo que se elaborará para estes efectos, no que avaliarán, de 0 a 10, os seguintes aspectos:

a) Calidade do proxecto: cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, dificultade, conclusións, etc.

b) Presentación escrita do TFG: presentación xeral (lexibilidade, redacción, ortografía, etc.), estruturación e complexidade, corrección, etc.

c) Presentación oral: concisión, claridade, defensa do TFG, etc. Establecerase un mesmo Tribunal para TFG con contidos afíns.