201535 - Tecnoloxía de Materiais Residuais (OPTATIVAS XERAIS DE 2º CICLO) - Curso 2012/2013
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Física Aplicada
- Áreas: Física Aplicada
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo L01 | Ordinario | Laboratorio | NON | NON |
| Grupo T01 | Ordinario | Teóricos | SI | SI |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAprender a aplicar os coñecementos adquiridos durante a Licenciatura aos problemas reais e que necesitan dun tratamento científico-técnico e, máis concretamente, no campo do medio, unha prioridade para a política global da UE.
Debido á multidisciplinaridade da materia e aos alumnos que poden acceder a ela, formar dun xeito integral os alumnos como futuros profesionais no futuro mundo laboral que se van atopar. Esta materia, ademais, axuda o alumno a relacionarse con outros compañeiros que están estudando disciplinas diferentes pero complementarias e profesionais destacados que lle poidan ofrecer a posibilidade de analizar o mesmo problema dende diferentes enfoques, ampliando as súas capacidades.
Para isto, divídese a materia en grandes bloques temáticos que analizan problemas actuais onde se combinan enfoques tecnolóxicos, sociais e ambientais.
ContidosO desenvolvemento do temario fundaméntase nuns grandes bloques temáticos moi definidos e interrelacionados:
PRESENTACIÓN DA MATERIA (1ª semana). Introdución ao mundo e problemática dos Residuos e a súa Xestión Integral e Tratamento.
BLOQUE TEMÁTICO A. MINIMIZACIÓN E RECICLAXE (2ª e 3ª semana) Analizar de forma técnica a orixe, tipos, composición e propiedades dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU). Taxas de xeración, recollida, separación e preprocesado. Este bloque temático pretender introducir o alumno na problemática real dos RSU na sociedade tecnolóxica actual e na súa Xestión Integral e Tratamento coas garantías sociais, sanitarias e ambientais axeitadas.
BLOQUE TEMÁTICO B. CONVERSIÓN TÉRMICA: INCINERACIÓN (4ª e 5ª semana). Estudar as posibilidades reais da incineración fronte a outras opcións tecnolóxicas e a problemática ambiental do tratamento correcto das emisións gasosas. Calidade ambiental e utilidade dos restos xerados. A elección deste tema baséase na implantación que no Plan de Xestión de RSU de Galicia ten esta técnica e analizar a posibilidade doutras alternativas.
BLOQUE TEMÁTICO C. COMPOSTAXE (6ª e 7ª semana). Análise comparativa da compostaxe aeróbica fronte á dixestión anaeróbica. Con isto pretendemos comprender o funcionamento da actual planta de tratamento de RSU da Coruña para a obtención dun compost de alta calidade e atopar alternativas que a melloren mediante a implementación de procesos correctores ao longo do proceso.
BLOQUE TEMÁTICO D. VERTIDO (8ª e 9ª semana). Principios de enxeñaría e calidade ambiental. Analizar o pasado, presente e futuro desta opción en Galicia como parte imprescindible de todo proceso de tratamento de RSU.
Visitas técnicas a instalacións:
1.- Complexo ambiental de Cerceda-SOGAMA (A Coruña).
2.- Planta elaboración Compost en Nostián (A Coruña).
3.- Planta de tratamento de Residuos Nucleares de baixa de ENRESA (Córdoba).
4.- Planta de tratamento de residuos industriais en As Somozas de SOGARISA (A Coruña).
Bibliografía básica e complementariaBásica
1. Gestión Integral de Residuos Sólidos. G. Tchobanoglous. McGraw Hill. Madrid. 1994.
2. Manual McGraw Hill de Reciclaje. H. F. Lund. McGraw Hill. Madrid. 1996.
3. Técnicas de Higiene Urbana. R. Dorfmann. Instituto de Estudios de Administración Local. Madrid. 1977.
4. Gestión de Residuos Urbanos. L. Fontanet. EXLibris. Madrid. 1999.
5. Eliminación de los Residuos Sólidos Urbanos. J. López. eta. Barcelona. 1980.
Complementaria xeral
1. Dioxinas y Furanos. J. Casanovas. Ministerio de Obras Públicas, Tranporte y Medioambiente. Madrid. 1996.
2. Derecho Ambiental de Galicia. F. Sanz. Fundación Caixa Galicia. A Coruña. 1997.
Complementaria específica
1. Gestión de Residuos Tóxicos. M. LaGrega. McGraw Hill. Madrid. 1996.
2. Biotratamiento de Residuos Tóxicos y Peligrosos. M. Levin. McGraw Hill. Madrid. 1997.
3. Ingeniería de Aguas Residuales. Metcalf & Hedí. McGraw Hill. Madrid. 1995.
4. Strategies of Industrial and Hazardous Waste Management. N. Nemerov. VRR. New Cork. 1998.
5. Origen y Gestión de Residuos Radiactivos. G. Echagüe. Ilustre Colegio Oficial de Físicos. Madrid. 2000.
CompetenciasCompetencias que proporcionará o profesor
Presentar de forma atractiva e dinámica o temario, asumindo os coñecementos adquiridos ao longo da Licenciatura por parte dos alumnos.
Poñer á disposición do alumno toda a información necesaria para facilitarlle o traballo máis básico, permitíndolle afondar nos puntos máis importantes.
Ter en conta a multidisciplinariedade da materia e a diversidade de alumnos que pode ter unha materia de libre configuración como é esta e enmarcala no grupo de materias ambientais.
Recuperar os coñecementos adquiridos nos cursos anteriores da súa formación e relacionar esta materia coas demais da licenciatura, co obxectivo de que o alumno vexa a utilidade desta no seu labor cotiá e preparación para o seu futuro como profesional.
Competencias presumibles do alumno
Suponse por parte do alumnado unha base sólida en física adquirida durante a súa licenciatura e outra máis débil en química e ciencias biolóxicas adquirida na secundaria, ademais de coñecementos básicos a nivel de usuario en informática e do idioma inglés. Ademais do interese pola licenciatura elixida en calquera dos seus ámbitos e as inquietudes típicas dun alumno nunha carreira de ciencias experimentais dende a capacidade de análise e síntese ata o seu interese polo ambiente.
Destrezas e habilidades que haberá que adquirir
Coller facilidade de comprensión nas cuestións que se formulan ao longo do curso e axilidade mental para o súa exposición razoable utilizando e aplicando a súa formación académica. Formulación de problemas reais e como enfrontarse a eles dun xeito científico.
Metodoloxía da ensinanza Teórica
A parte teórica desenvólvese ao longo de todo o curso intercalando as visitas técnicas. A clase presencial será o xoves e nela o profesor coordinará o traballo asignado en cada fase para desenvolver correctamente o tema. Os outros dous días da semana serán clases non presenciais de traballo onde o profesor estará á disposición dos alumnos en forma de titorías personalizadas. Os alumnos poderán asistir ao despacho a consultar bibliografía ou utilizar o servidor da USC para extraer documentación da rede. Dende a 2ª semana ata 9ª, ambas as dúas incluídas, todos os alumnos desenvolverán os mesmos bloques por separado, intentando conformar grupos de traballo multidisciplinares segundo a súa formación académica. As semanas 10ª e 11ª, o profesor recollerá a información e asignaralles o traballo definitivo aos alumnos utilizando como base os diferentes apuntamentos elaborados por eles mesmos. Os 4 temas de exposición serán:
1. O establecemento dun sistema de recollida en Santiago: mellora e optimización.
Semana 12. 2. O Plan SOGAMA: alternativas para introducir no proceso.
Semana 13. 3. A Compostaxe na Coruña: como mellorar o rendemento.
Semana 14. 4. O vertedoiro de Santiago: problemática e solucións.
Semana 15. A exposición dos traballos farase durante o período comprendido entre a 12ª e a 15ª semana e será de tres horas en forma de mesa redonda onde o profesor e o resto dos alumnos ou profesionais invitados poderanlles realizar todo tipo de consulta aos responsables da exposición.Todos os integrantes do grupo de traballo terán que realizar a exposición por igual.
Práctica
Realizarase de xeito obrigatorio en forma de asistencia ás visitas técnicas programadas polo profesor ao longo do trimestre.
A materia se imparte a traves da USC virtual.
Sistema de evaluaciónA nota final, 100 puntos, divídese en catro apartados distintos:
1. Asistencia obrigatoria ás clases e titorías personalizadas onde se fomentará a participación activa: 10 puntos.
2. A exposición oral do traballo proposto polo profesor onde se valorará a súa presentación e defensa: 60 puntos.
3. Visitas técnicas obrigatorias onde se valorará o interese amosado e a participación: 20 puntos.
4. Innovación: valorarase o enfoque persoal e o traballo realizado utilizando novas tecnoloxías: 10 puntos.
No caso de non superara materia na convocatoria de febreiro, calquera apartado aprobado gardarase para setembro. Nesta convocatoria a presentación oral do traballo só permitirá acadar un máximo de 30 puntos aos que se lle sumarán os puntos obtidos nos outros apartados. Consideraranse superados os apartados 2, 3 e 4 anteriores sempre e cando se consigan o 50 % dos puntos en cada un deles. No apartado 1 necesitaranse acadar 8 dos 10 puntos.
Tempo de estudo e traballo persoalEste parámetro depende moito das “capacidades adquiridas” polo alumno ao longo da súa vida académica como estudante. Facendo referencia ao cadro xeral, supóñense un total de 89 horas, é dicir, unhas 5,9 horas semanais, contando a asistencia ás clases teóricas, visitas, seminarios e titorías.
Horas presenciais:
Teoría na clase: 16 horas
Asistencia a seminarios: 12 horas
Visitas técnicas: 6 horas
Titorías e outros: 25 horas
Horas non presenciais:
Preparación seminario: 25 horas
Preparación exposición: 5 horas
Total horas: 89 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase intervir activamente na clase e durante as visitas.
Realizar seminarios orixinais relacionados o máis posible co temario.
Traballar en equipo para facer un traballo óptimo e unha exposición axeitada e coordinada.
Para resolver dúbidas puntuais, utilizar a bibliografía que se atopa no despacho do profesor. Asistir con actitude positiva ás titorías personalizadas.
ObservaciónsCalquera dúbida que o alumno teña debe consultala co profesor dentro do horario das titorías, tanto personalizadas como tradicionais, ou, de darse unha situación excepcional, contactar co profesor a través do teléfono ou o correo electrónico.
Toda a bibliografía recomendada pódese atopar na Biblioteca da USC (BUSC) ou na biblioteca particular do profesor, que está á disposición do alumno.