201523 - Dinámica Coloidal (OPTATIVAS XERAIS DE 2º CICLO) - Curso 2012/2013
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Física da Materia Condensada
- Áreas: Física da Materia Condensada
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo L01 | Ordinario | Laboratorio | NON | NON |
| Grupo T01 | Ordinario | Teóricos | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOs sistemas coloidais no contexto da Física da Materia Branda. Propiedades cinéticas dos sistemas coloidais. Diferentes tipos de sistemas coloidais. Autoestruturación de sistemas coloidais. Sistemas micelares. Estruturas coloidais: caracterización empírica. Resposta dinámica fronte ao fluxo. Resposta eléctrica. Compresibilidade. Difusión micelar.
ContidosOs sistemas coloidais en relación co I+D+I actual. Interaccións en sistemas coloidais. Tipos de sistemas coloidais. Cinética de agregación. Modelos para a micelización. Condutividade eléctrica en sistemas coloidais. Determinación de densidades. Determinación de velocidades de son. Reoloxía e reometría: espectrometría mecánica. Difusión de luz: aspectos estático e dinámico
Bibliografía básica e complementariaHunter, R. J. "Foundations of Colloid Science". New York: Oxfor University Press. 1987
Evans, D. F. e Wennerström, H. "The Colloidal Domain". New York, VCH Publishhers, Inc. 1994
Daoud, M. e Williams, C. E. (Eds.), "Soft Matter Physics", Berlin, Springer, 1995
Holmberg, K., Jönsson, B., Kronberg, B. y Lindman, B. "Surfactants and Polymers in Aqueous Solution", London, Wiley, 2003
"Introducción a la Viscosimetría Práctica", manual propiedade de Gebrüder HAAKE GmbH, Germany
CompetenciasRecoñecer un sistema coloidal. Distinguir claramente os diferentes tipos de partículas coloidais. Coñecer as aplicacións industriais dos sistemas coloidais. Identificar os posibles tipos de interacción entre partículas coloidais, así como entre elas e o medio. Determinación empírica do punto Kraft e a concentración micelar crítica. Medida de compresibilidades aparentes en sistemas micelares. Recoñecer mediante reometría a formación de diferentes estruturas coloidais. Determinación de tamaños e formas mediante difusión de luz láser.
Metodoloxía da ensinanza Atenderanse máis os aspectos semicualitativos que os desenvolvementos analíticos formais. Porase a énfase na natureza física dos fenómenos. O desenvolvemento de experiencias de laboratorio será consecuencia directa e inmediata dos coñecementos na aula.
Impartiranse tres horas semanais, repartidas entre a aula e o laboratorio, sen solución de continuidade.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación é dobre: avaliación continuada e exame. A avaliación continuada realízase directamente na aula, ao fío das preguntas realizadas sobre o explicado. O exame terá unha parte tipo “test” e outra de preguntas abertas, valorándose por igual ambas as partes.
Tempo de estudo e traballo persoalÁ parte das 45 horas repartidas entre a aula e o laboratorio, o repaso periódico do mostrado na clase e o tempo dedicado ao tratamento de datos e realización de memorias de laboratorio non deberá superar outras 10 horas máis. A carga lectiva completa prevese, así, en 55 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaSeguir as lecturas de artigos breves recomendados polo profesor. Realizar de maneira persoal o tratamento e incerteza dos datos obtidos no laboratorio.
ObservaciónsDada a natureza desta materia, pártese da base de que o alumno non ten porqué ter nocións previas de sistemas coloidais, nin posuír coñecementos matemáticos avanzados.