Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Filoloxía Galega  »  Información da materia

581207 - Lingua e Literatura Galega (2º CURSO) - Curso 2013/2014

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Filoloxía Galega
    • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
    • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
    • Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    GARCIA RODRIGUEZ, MARIA DO CARME.NON
    ROIG RECHOU, BLANCA ANA.NON
    ROIG RECHOU, BLANCA ANA.SI

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo de exameExamesTeóricosNONSI
    Grupo P01OrdinarioPrácticosSINON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Xerais: Reflexionar sobre a importancia da Lingua e Literatura galegas no contexto de socialización e desenvolvemento das persoas:
    1. Coñecer a lingua galega.
    2. Manexar a lingua galega en todos os seus rexistros.
    3. Reflexionar sobre a variación lingüística e particularmente sobre a variante estándar.
    4. Coñecer o desenvolvemento do sistema literario galego en comparación co sistema infantil e xuvenil.
    5. Coñecer os textos literarios e como se foron conformando.
    6. Formar cara á lectura comprensiva, analítica e profundizadora dende a capacitación literaria e lectora.

    Específicos: Preparar o estudantado para afondar, cos instrumentos adecuados e os métodos sistémicos e filolóxicos, no estudo da lingua e literatura galega no decurso da historia, e na análise e interpretación dalgúns dos textos máis significativos e máis relacionados cos seus perfís profesionais. Todo isto coa finalidade de formalos lingüística e literariamente e animalos á lectura para convertelos en bos mediadores, comunicadores e lectores a partir dunha educación literaria e lingüística o máis ampla posíbel.

    1. Afondar e ampliar a competencia oral e escrita do alumnado.
    2. Profundar naqueles aspectos fonéticos e fonolóxicos que poidan presentar máis dificultade.
    3. Fomentar a reflexión sobre as estruturas lingüísticas.
    4. Distinguir as perspectivas descritiva e prescritiva da gramática.
    5. Comprender o proceso de construción de enunciados.
    6. Repasar e sedimentar todo o aprendido até o de agora sobre lingua e literatura galega. Afondar no seu coñecemento.
    7. Informar do desenvolvemento da Literatura Infantil e Xuvenil Galega.
    8. Fixar a atención nos feitos e autores máis importantes.
    9. Sensibilizar cara a unha literatura xerada, case sempre, nun clima de anormalidade e marxinación.
    10. Reflexionar sobre a influencia da literatura no ensino da lingua. Comprensión e expresión escrita.


    Contidos
    LINGUA

    Tema 1. A LINGUA E A GRAMÁTICA

    A variación lingüística. Variación no tempo, variación xeográfica, variación social e variación contextual. A variedade estándar. A gramática e as súas disciplinas.

    Tema 2. A ORTOGRAFÍA.

    O alfabeto: valores e usos dos grafemas e dígrafos. Maiúsculas e minúsculas. A acentuación gráfica. Outros signos ortográficos: guión, diérese, apóstrofo, signos de interrogación e admiración. Os signos de puntuación.

    Tema 3. FONÉTICA E FONOLOXÍA

    Sons, fonemas e alófonos. O sistema vocálico. O sistema consonántico. A sílaba. A entoación.

    Tema 4. MORFOSINTAXE

    O xénero e o número. O substantivo. O adxectivo. A gradación. Posición e concordancia do adxectivo. O artigo. Os pronomes persoais. Posición. Os demostrativos. Os posesivos. Os indefinidos. Os relativos, interrogativos e exclamativos. Os numerais. O verbo. Conxugación regular e irregular. O infinitivo conxugado. As perífrases verbais. Adverbios, preposicións e conxuncións. A sintaxe oracional. Constituíntes oracionais: suxeito, verbo e complementos. A orde das partes da oración.

    Tema 5. O LÉXICO

    As familias léxicas. A formación de palabras. Interferencias e desvíos da norma.


    LITERATURA

    TEMA 1. A SOCIEDADE GALEGA NA ÉPOCA MEDIEVAL (2 h)
    - Principais manifestacións poéticas, narrativas e teatrais
    - Ausencia de Literatura infantil e xuvenil

    TEMA 2. OS SÉCULOS ESCUROS (2 h)
    - Causas histórico-socio-políticas do esmorecemento da literatura galega entre os séculos XV e XVIII
    - A prehistoria da Literatura infantil e xuvenil

    TEMA 3. O SÉCULO XIX. REXURDIMENTO (2 h)
    - Manifestacións poéticas, teatrais e narrativas, novidades que presentan e repercusións na cultura galega
    - Atoutiños da Literatura infantil e xuvenil

    TEMA 4. O SÉCULO XX (3 h)
    - Repercusións político-culturais e renovación da Literatura galega
    - As vangardas poéticas
    - Manifestacións narrativas e teatrais da Época Nós
    - Primeiras manifestacións infantís e xuvenís

    TEMA 5. A GUERRA CIVIL: OS NOVOS ANOS ESCUROS PARA A LITERATURA GALEGA E A SÚA REPERCUSIÓN (3 h)
    - O exilio
    - Os inicios da recuperación cultural
    - Manifestacións poéticas, teatrais e narrativas (1950-1980)
    - Os inicios da Literatura infantil e xuvenil

    TEMA 6. INNOVACIÓN E CONSOLIDACIÓN (1980-1995) (4 h)
    - Manifestacións prosísticas, poéticas, dramáticas, ensaísticas e críticas
    - Consolidación da Literatura infantil e xuvenil.

    TEMA 7. 1995 Á ACTUALIDADE (4 h)
    - Innovación na Literatura infantil e xuvenil

    TEMA 8. INFLUENCIA DA LITERATURA NO ENSINO DA LINGUA (2,50)
    - Comprensión e expresión oral e escrita

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    1. Lingua
    Ares Vázquez, C. (1990): Diccionario Xerais castelán-galego. Vigo: Xerais.
    Álvarez, R /X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    Álvarez, R/ H. Monteagudo/ X.L. Regueira (1986): Gramática Galega. Vigo: Galaxia.
    Dosil, Benxamín / Xesús Riveiro (2004): Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova
    Fernández González, C. (dir.) (1997): Diccionario esencial Vox galego-castelán castelán-galego. Barcelona: Bibliograf.
    Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Santiago de Compostela: Xerais.
    Fernández Salgado, B.(dir.) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo:Galaxia.
    Freixeiro Mato, J.R. (1998-2000): Gramática da lingua galega I. Fonética e fonoloxía; Gramática da lingua galega III. Semántica; Gramática da lingua galega II. Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra.
    Gran dicionario século XXI da lingua galega. Vigo: Galaxia / Edicións do Castro / Edicións do Cumio, 2005.
    Hermida Gulías, Carme (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago: Sotelo Blanco.
    Pena, X.A. Et alii.(2004): Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Edicións do Cumio
    Real Academia Galega/Instituto da Lingua Galega (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Vigo: Xerais/Galaxia/ ILG / RAG.
    Regueira, X.L. (coord..) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais/ Galaxia.
    RAG (1997): Diccionario da Real Academia Galega. Vigo: Xerais/Galaxia.
    Xove Ferreiro, X. (coord. 2005): Novo dicionario da lingua galega. Vigo: Obradoiro.

    RECURSOS NA REDE
    Normas ortográficas
    http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf
    http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/docs/normativa.pdf

    Dicionarios de lingua
    Diccionario da Real Academia Galega http://www.edu.xunta.es/diccionarios
    Dicionário e-Estraviz http://www.agal-gz.org/estraviz.
    Galizionario http://gl.wiktionary.org
    Dicionario CLUVI inglés-galego (CLIG) http://sli.uvigo.es/CLIG/

    Dicionario ortográfico
    Vocabulario Ortográfico da lingua galega: (VOLGa). http://wwwrealacademiagalega.org/volga/


    -2. Literatura
    -Fernández Paz, Agustín, A Literatura infantil e xuvenil en galego,
    Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
    -Roig Rechou, Blanca-Ana, A poesía infantil e xuvenil galega,
    Santiago de Compostela. Gálix/Teófilo Piñeiro edicións, 2000.
    -Roig Rechou, Blanca-Ana, "A literatura infantil e xuvenil",
    A Coruña: Hércules edicións, 2002
    -Tarrío Varela, Anxo, Literatura galega (Aportacións a unha historia crítica),
    Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
    -Vilavedra, Dolores, Historia da literatura galega,
    Vigo: Galaxia

    OUTRAS FONTES BIBLIOGRÁFICAS: historias literarias, monografías específicas, revistas, dicionarios, enciclopedias, repertorios bibliográficos, web, portais, etc. daranse na clase e serán obxecto de comentarios.

    Competencias
    Saber (Coñecementos disciplinares)
    - Coñecer e aplicar correctamente as normas ortográficas.
    - Saber distinguir as nocións de lingua e variedades lingüística.
    - Capacitalos para coñecer e distinguir os sons e fonemas das variantes do galego.
    - Perfeccionar a súa competencia oral e escrita.
    - Adquirir e dominar as técnicas fundamentais de análise lingüística e literaria.
    - Coñecer a terminoloxía lingüística e literaria para a súa aplicación.
    - Coñecer de forma panorámica a Literatura Galega con especial atención á Infantil e Xuvenil.
    - Saber das características e vicisitudes que definiron e condicionaron estas literaturas.
    - Coñecer técnicas de animación lectora.
    - Recoñecer as obras e autores máis salientábeis.
    - Dotalos de técnicas para comentar unha obra literaria e lingüística e apreciar a súa calidade.


    Saber facer, saber estar e saber ser (Competencias profesionais e persoais)
    - Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
    - Capacidade de análise e síntese.
    - Capacidade de organización, planificación, xestión e información.
    - Capacidade para o razoamento crítico e autocrítico.
    - Capacidade para a comunicación oral e escrita.
    - Capacidade para tomar decisións.
    - Capacidade para traballar en equipo e colaborar con outras persoas.
    - Capacidade para a utilización de estratexias co obxectivo de deseñar programacións concretas.
    - Capacidade para familiarizarse no uso de técnicas e recursos de ensinanza-aprendizaxe.
    - Capacidade para deseñar e confeccionar os seus propios materiais curriculares tanto por métodos clásicos coma coas novas tecnoloxías.
    - Capacidade para a consulta de bases de datos e diferencialas da web.
    - Capacidade para recoñecer a diversidade, a multiculturalidade e compromiso ético.
    - Capacidade para a creatividade.
    - Capacitalos como mediadores.


    Metodoloxía da ensinanza
    A proposta docente contempla que as aulas se desenvolverán combinando a exposición teórica coa realización de exercicios prácticos que axuden a comprender e fixar as explicacións teóricas e acheguen competencias que o leven a ser un bo profesional de acordo aos perfís indicados.

    1. Lingua

    Por medio de clases teóricas e prácticas realizaranse:
    - Comentarios lingüísticos de textos (literarios, dialectais, xornalísticos, orais, etc.)
    – Exercicios orais nos que practicar a fonética
    – Exercicios puntuais que terá que realizar o alumnado fóra da aula e que serán corrixidos e avaliados pola profesora.

    _Algún traballo individual e/ou en grupo

    - Unha proba ou exame (ao rematar a parte de lingua).

    2. Literatura

    Por medio de clases maxistrais e prácticas co apoio das TICs tentaremos:

    - Nas clases maxistrais e nas teórico-prácticas:
    Un percorrido teórico polos movementos, tendencias, correntes, escolas e autores dalgún dos períodos da Literatura Galega.
    Análise do contexto no que se produciron.
    Compararemos o desenvolvemento da Literatura Xeral co da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX).
    Estudaremos detidamente a LIX, dado a ausencia como materia específica nos planos de estudo.
    Deterémonos nun grupo de obras, que serán de lectura obrigada, para comentalas.

    Nas clases prácticas realizaremos talleres de narrativa, poesía, teatro e literatura de transmisión oral. Un club de lectura. Os textos pertencerán á LIX co obxectivo de educar e formar literariamente e ensinar técnicas de animación á lectura. Faranse comentarios descritivos sobre obras ou actos literarios para favorecer a capacidade de análise e síntese. Para levar a cabo esta parte primeiro traballarase en grupos e logo haberá unha presentación á totalidade do alumnado.

    Por medio de traballos individuais ou en grupo
    -Realizaranse comentarios descritivos sobre obras ou actos literarios que se lles entregarán na aula.

    Unha proba ou exame (ao rematar a parte de literatura)

    Esta materia pode seguirse a través da USC virtual, onde constan os programas, a guía docente, os traballos de lingua, un dossier de literatura no que figuran guías en power en cada tema, obras de lectura obrigada, traballos e outras orientacións para o alumnado.


    Sistema de evaluación
    Convocatoria de febreiro.
    O alumnado será avaliado, tanto en lingua coma en literatura, por:

    1. Exames teórico-prácticos nos que terán que demostrar que coñecen o programa:

    - Un parcial de lingua e outro de literatura que se realizarán ao rematar a parte correspondente do programa. Na parte de Literatura, dada a voluntariedade deste exame, o alumnado non poderá revisalo coa finalidade de que sexa el mesmo quen se avalíe, avaliación que pode coincidir coa da profesora ou non. Por esta razón consérvase a nota do exame parcial e pode presentarse ao final para cambiar a nota cara arriba, sempre para mellor, pois consérvase a nota do parcial. No mes de xullo poden revisarse todos os exames.

    - Un final que se realizará na data que marque o centro.
    4 puntos. (2 lingua e 2 literatura): 40% da nota final.

    2. Actividades a realizar:
    - traballos (lingua oral, escrita) e exercicios puntuais.
    - comentarios das obras de lectura obrigada, da bibliografía que se lles mande ler ou daqueloutros traballos encomendados.
    4 puntos.(2 lingua e 2 literatura): 40% da nota final.

    3- Participación na clase e valoración do aproveitamento a través de exercicios e traballos.
    2 puntos.(1 lingua+1 liretaruta): 20% da nota final.

    Na convocatoria de setembro o alumnado será avaliado, segundo as porcentaxes sinaladas anteriormente, por:

    1. Un exame final na data fixada polo centro.

    2. Os traballos e/ ou exercicios obrigatorios non presentados no seu momento ou non superados. A avaliación positiva dos traballos e/ou das activadades obrigatorias gardaráselles para esta convocatoria.


    A NOTA FINAL en ambas as convocatorias é o resultado da suma das notas adquiridas en cada parte, que teñen que ser positivas, unha vez que os exames foron aprobados; en caso contrario, non se pode realizar a suma, é dicir, non son compensatorios.

    Para o alumnado que por circunstancias persoais non poida asistir sistematicamente ás aulas, a súa avaliación realizarase a partir do punto 1 e 2. Este programa acompañarase cunha guía didáctica e un dossier onde xa conste a actividade anual, data de entrega de traballos, libros de lectura concretos, etc... En definitiva, unha especificación deste programa.


    CANDO ESTA MATERIA DEIXE DE TER DOCENCIA, A AVALIACIÓN FARASE MEDIANTE A REALIZACIÓN DUN EXAME FINAL.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta materia consta oficialmente de 4,5 créditos (3 teóricos e 1,5 prácticos). Comportaría 121,5 (ECTS) horas de traballo total por parte do alumnado.
    Actividades
    Horas presenciais
    Factor
    Horas traballo autónomo
    Total

    Clases teórico/prácticas
    39
    1
    39 (estudo)
    78

    Traballos
    5
    6
    30
    35

    Titorías
    2
    0,5
    1
    3

    Exames
    2
    1
    2
    4

    Revisión exames
    1
    0,5
    0,5
    1,5

    Total
    49

    72,5
    121,5


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia e participación na clase e nos talleres.
    - Estudo diario.
    - Consultas bibliográficas básicas.
    - Realizar as lecturas obrigadas e os exercicios que se marquen.
    - Pasar polas titorías para resolver problemas e calquera dúbida relacionada coa materia.
    - Dedicar un tempo semanal ao traballo en grupo.
    - Non esperar a preparar a materia a finais de curso.

    Observacións
    As horas de titorías serán expostas na porta do Departamento de Filoloxía Galega (planta terceira da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte) e nos taboleiros do Centro.
    Na primeira semana de clase entregaráselle ao alumnado un dossier ou guía didáctica na que constarán todas as actividades que se van realizar no curso, tanto se se asiste á clase como se non se fai debido a circunstancias moi especiais. Por común acordo alumnado-profesora, poderanse:
    - facer as modificacións que se estimen pertinentes nesta programación:
    - reorganizar as prácticas

    As particularidades de cada especialidade virán dadas polas diferenzas nas prácticas de lingua oral e escrita, as lecturas obrigadas e o tipo de taller que se vai realizar.
    Horas de titoria:

    Primeiro semestre:
    Luns. 12-14 horas
    Martes 12-14 horas

    Segundo semestre:

    Martes: 10-14 Horas

    Titorías on-line: venres de 10-14 horas. Por este medio deben solicitarse as titorías presenciais.

    Lugar: Facultade de Ciencias da Educación. Campus Norte. Avda Xoán XXIII, 3º andar. Gabinete da profesora "Filoloxía galega".


    Para ver o programa seleccione o curso académico no que a materia tivo docencia por última vez.
    Os horarios de titorias deberán consultalos no curso actual