651513 - Literatura Galega Medieval II (5º CURSO) - Curso 2012/2013
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo P01 | Ordinario | Prácticos | NON | NON |
| Grupo T01 | Ordinario | Teóricos | SI | SI |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudo histórico e filolóxico da etapa medieval da literatura galega, esencialmente da poesía lírica dos trobadores galego-portugueses dos séculos XIII e primeira metade do XIV.
ContidosPrograma da materia
1.- Caracterización da cantiga
2.- Cantiga de amor
3.- Cantiga de amigo
4.- Cantiga satírica
5.- Xéneros menores e contaminados
6.- Lírica epigonal
Bibliografía básica e complementariaSerá obxecto dun comentario demorado nas primeiras clases nas que se proporcionará por escrito unha bibliografía máis circunstanciada, pero a modo de guía resumida pódense adiantar:
PELLEGRINI,S.; MARRONI,G., Nuovo repertorio bibliografico della prima lirica gallego-portoghese. (1814-1977), L'Aquila, Japadre Editore,1981, complementado coa sección galego-portuguesa do Boletín bibliográfico de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval, Barcelona, 1987-....A esta información pódese acceder acceder tamén a través de http://griso.cti.unav.es/medieval/principal.html
1. Poesía profana:
MICHAELIS DE VASCONCELLOS, C., Cancioneiro da Ajuda, Halle a. S., Max Niemeyer, 1904.
NUNES, J.J., Cantigas d'amigo dos trovadores galego-portugueses, Coimbra, Universidade, 1926-1928.
NUNES, J.J., Cantigas d'amor dos trovadores galego-portugueses, Coimbra, Universidade, 1932.
LAPA, M. RODRIGUES, Cantigas d'escarnho e de mal-dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses2, Vigo, Galaxia, 1970. (reed. aum., con ilus., Lisboa ,1996).
Estudos:
MICHAELIS DE VASCONCELLOS, C., Cancioneiro da Ajuda, Halle a. S., Max Niemeyer, vol. II, 1904.
LAPA, M. RODRIGUES, Liçôes de literatura portuguesa. Época medieval, (Lisboa, 1934), 10ª ed., Coimbra, Coimbra Editora, 1981.
TAVANI, G., A poesía lírica galego-portuguesa, Vigo, Galaxia, 1986.(Hai trad. ó port. Lisboa, 1990).
POLÍN, R., Cancioneiro galego-castelán (1350-1450). Corpus lírico da decadencia, A Coruña, Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, 1997.
Dicionarios:
LANCIANI, G.; TAVANI, G. (coord.), Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa, Lisboa, Caminho, 1993.
Biblos. Enciclopédia VERBO das Literaturas de Língua Portuguesa, Lisboa/Sâo Paulo, Verbo, 1995-...
Bases de datos en Internet:
Corpus lírico profano: http://www.cirp.es/WXN/wxn/homes/meddb.html
CompetenciasRecoméndase a lectura da lírica na súa versión máis completa, como a dirixida por BREA, M. (coord.), Lírica profana galego-portuguesa, Santiago de Compostela, CILLRP, 1996, de non dispoñer o alumno das recomendadas edicións críticas.
Dentro da especializacón, preténdese que o alumno coñeza os estudios máis solventes, fundamentalmente os manuais ó uso, primeiros instrumentos que lle facilitarán o acceso á lingua común dos especialistas nas súas monografías.
Metodoloxía da ensinanza As clases serán de tipo teórico, xa que esta materia pódose continuar noutra de carácter práctico e optativo - Comentario de textos- en vigor nos plans actuais; polo tanto, recoméndase a asistencia ás clases de Comentario Literario de Textos Medievais Galegos, como complemento máis idóneo ás primeiras.
Sistema de evaluaciónA avaliación en xuño establecerase por un exame final na data oficial, cando non se dean as circuntancias seguintes: ó longo do curso poderanse facer probas parciais -acordadas e irrepetibles- da materia; as súas cualificacións formarán unha nota media que o alumno pode aceptar como nota final. De non aceptala, deberá facer a proba oficial, sen reservas de ningunha cualificación anterior.
Unha parte esencial da materia é o coñecemento directo das cantigas, servíndose dunha selección apropiada. Deste coñecemento haberá oportunas probas específicas cuxas cualificacións, como unha nota, formarán parte da cualificación final. Como este coñecemento é básico procurarase que a súa demostración preceda ó temario propiamente dito.
Os alumnos que non superen a materia na convocatoria ordinaria deberán presentarse ó correspondente exame oficial na convocatoria de setembro, nas mesmas condición que en xuño . A cualificación final será a obtida neste exame.
Tempo de estudo e traballo persoalA parte da lectura dos mencionados textos recoméndase o uso dos manuais e dicionarios que se consideran básicos para unha correcta formación académica; dado o carácter central que a literatura medieval ten nesta licenciatura, estímase que unha media de dez horas semanais poden ser unha media adecuada para a maioría dos alumnos.