Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Filoloxía Galega  »  Información da materia

691411 - Literatura Brasileira II (Século XX) (4º CURSO) - Curso 2013/2014

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Filoloxía Galega
    • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
    • Centro: Facultade de Filoloxía
    • Convocatoria: Anual
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    TORRES DE MELLO RANGEL, VIVIAN.NON
    VILLARINO PARDO, Ma DEL CARMEN.SI

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo P01OrdinarioPrácticosNONNON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Portugués


  • Obxectivos da materia
    a) Coñecemento xeral do decorrer da produción literaria brasileira do século XX (basicamente a partir de 1922).
    b) Estudo dalgunhas das obras e autores/as que a historiografía literaria actual considera máis significativos/as ou importantes nos diferentes momentos dese decorrer.
    c) Nos dous aspectos antes referidos, aproximación das condicións de produción de textos e autores.
    d) Elaboración de xuízos críticos sobre algún(s) dos aspectos obxecto de estudo

    Contidos
    1. O Modernismo de 1922. A explosión do Modernismo brasileiro a partir da Semana de Arte Moderna

    I.Os antecedentes da Semana de Arte Moderna. Da Belle Époque ao Modernismo.
    1. Coordenadas sócio-culturais dos inícios do século XX no Brasil.
    II. A Semana de Arte Moderna: un divisor de augas na historiografia literária e cultural brasileira.
    III. Primeiro momento modernista (1922-1928).
    1. Mário de Andrade. “Prefácio Interessantíssimo” a Paulicéia Desvairada. Macunaíma, o herói sem nenhum caráter.
    2. Oswald de Andrade. A “poesia pau-brasil” e a vanguarda antropofágica. “Manifesto Antropófago”.
    3. O “verdeamarelismo”. Outros modernismos.
    Manuel Bandeira. Bandeira e o modernismo de 22. Estrela da vida inteira

    2. O Modernismo e o Brasil depois de 1930.

    I. Coordenadas sócio-culturais
    II. As dinámicas do sistema literário brasileiro no chamado “Segundo Modernismo”.
    III. Poesia.
    1. Carlos Drummond de Andradre. (Sel. de textos)
    2. Murilo Mendes. Cecília Meireles. Vinícius de Moraes. F. Schmidt. (Sel. de textos).
    IV. Prosa. O romance de Trinta.
    1. Graciliano Ramos (Vidas Secas).
    2. Rachel de Queiroz. J. Lins do Rego. Jorge Amado. (Sel. de textos).

    3. As novas propostas literárias e culturais a partir de 1945.
    I. Coordenadas sócio-culturais.
    II. A chamada “Geração de 45”.
    1. João Cabral de Melo Neto. (Sel. de textos).
    III. As vanguardas de finais dos 50 (Concretismo, Neo-Concretismo...). A luta por novos espazos no campo literário. (Sel. de textos).
    1. Ferreira Gullar. (Sel. de textos).
    IV. Os novos rumbos do rexionalismo. Guimarães Rosa. Sagarana.
    V. As escollas intimistas de Clarice Lispector. Outra Clarice: A hora da estrela.


    4. Dos anos 60 aos nosos dias.

    I. Coordenadas sócio-culturais. O período pós-64.
    II. Outros movimentos de vanguarda. A priorización do “novo”.
    III. Emerxencia do conto no sistema literário brasileiro. (Sel. de textos)
    IV. O romance das últimas décadas.
    1. Carlos Heitor Cony, Pessach: a travessia.
    V. O boom da literatura de autoria feminina no Brasil pós-64. (Sel. de textos).
    1. Nélida Piñon. A casa da paixão. Contos (selec.)
    2. Clarice Lispector. (“Amor”, “Uma galinha”, Laços de família). .
    VI. A produción literária e cultural da virada do século XX para o XXI.





    ..........................................

    *Ademais dos libros de lectura indicados no Programa, durante as clases, ou previamente, proporcionaráselles ás/aos alumnas/os unha selección de textos que complementen esas lecturas e os temas presentados, nomeadamente no caso daqueles temas nos que a bibliografía dispoñible nas bibliotecas da Universidade sexa escasa.


    Créditos non presenciais:

    A materia contempla, na programación, 1,5 créditos non presenciais (dun total de 9), que serán dedicados a lecturas teóricas e literarias marcadas polos profesores e acordadas entre estes e os/as alumnos/as. Esas reflexións serán posteriormente expostas na clase.

    Bibliografía básica e complementaria
    Leituras obrigatorias:
    -Mário de Andrade, “Prefácio Interessantíssimo” a Paulicéia Desvairada e Macunaíma (ed. Organizada por Telê Porto Ancona Lopes, Signatario Archivos, Florianópolis, 1988).
    -Manuel Bandeira, Estrela da vida inteira, (sel.) Rio de Janeiro, Nova Fronteira, 1995.
    -Graciliano Ramos (1938), Vidas Secas, Lisboa, Europa-América,
    -Guimarães Rosa (1946), Sagarana, Rio de Janeiro, Nova Fronteira.
    -João Cabral de Melo Neto, Morte e vida severina, RIo de Janeiro, Nova Fronteira.
    -Carlos Heitor Cony (1967), Pessach: A Travessia, São Paulo, Companhia das Letras, 19972.
    -Nélida Piñon (1972), A casa da paixão, Rio de Janeiro, Record, 1995.
    -Clarice Lispector (1977), A hora da estrela, Rio de Janeiro, Nova Fronteira.
    -Clarice Lispector, Lygia Fagundes Telles e Nélida Piñon: selección de contros.




    Bibliografía xeral:

    Bosi, Alfredo, História Concisa da Literatura Brasileira, São Paulo, Cultrix, 199433.
    Candido, Antonio/J. Aderaldo Castello, Presença da Literatura Brasileira, São Paulo, Difel, 1964, vol. 3. (10ª edição revista, Rio de Janeiro, Bertrand Brasil, 1997).
    Castello, José Aderaldo (1999), A literatura brasileira: origens e unidade, vol. 2, São Paulo, Edusp.
    Moisés, Massaud (1989), História da Literatura Brasileira. Modernismo (1922-Atualidade), vol. 5, São Paulo, Cultrix, 1996.
    Moisés, Massaud (1967) (org.), Pequeno Dicionário de Literatura Brasileira, São Paulo, Cultrix, 19995.

    ** Ao final de cada bloque temático proporcionaráselle ao alumnado bibliografía específica.

    Competencias
    Coñecer as principais dinámicas que funcionaron no sistema literario brasileiro a partir da Semana de Arte Moderna ata a actualidade.
    Traballo cos principais produtores, produtos e movementos que funcionan nese período. Relación entre o campo literario e o campo do poder, con especial énfase en determinados momentos.
    Desenvolvemento de aptitudes críticas de comparatismo con outros sistemas literarios.

    Metodoloxía da ensinanza
    En xeral, visión sociolóxica da literatura, con atención aos aspectos que, dun modo ou doutro, entendemos que teñen incidencia no sistema literario.
    Participación activa do alumnado nas clases: intervención, lectura, traballos de exposición na clase...
    Aula virtual


    NOTA: A partir do ano académico 2012-13 esta materia deixa de ter docencia.
    Sistema de evaluación
    -

    -Sistema de avaliación:
    A cadeira contempla un sistema de planificación e seguimento no esquema de créditos ECTS.
    Durante o primeiro cuadrimestre a matéria contempla 1,5 créditos non presenciais, disponibilizados para realizar (a combinar cos profesores/as) leituras obrigatórias e unha recensión escrita con posterior presentación oral.
    Están contempladas tamén algunhas sesións (presenciais) para definir e tutorizar traballo(s), para organizar algun seminário e incluir outras actividades de tipo académico.
    O sistema de avaliación implica:
    -2 frecuencias: a 1ª frecuncia entre Febreiro/Marzo e a 2ª frecuncia, entre Maio/Xuño. Cada unha delas fornece 10 valores á nota final; isto é, as duas frecuencias representan 50% da cualificación final.
    - Traballos: o traballo proposto no primeiro cuadrimestre para atender os 1.5 créditos non presenciais; e outro traballo a definir e combinar cos profesores. En ambos será considerado tanto o texto escrito canto a sua exposición na aula. (O tema ou temas/reseña(s) son de escolla persoal, sobre calquera aspecto da matéria, combinado cos/coas profesores/as). (10 valores; isto é, 25% da cualificación final).
    -A presenza e intervención nas aulas, onde por veces serán propostas probas de comentário de texto, que nunca servirán para desmerecer. (10 valores; isto é, 25% da cualificación final).
    * Para facer média unhas probas coas outras é preciso ter, no mínimo, estes valores:
    -Prova escrita: 4 valores.
    -Traballo: 4 valores.

    Aquelas/es alunas/os que debam ou queiran recuperar algunha desas partes podem facelo no dia marcado pola Faculdade para a Proba Final de Xuño/Xullo e/ou Setembro.

    Este sistema aplicase às duas convocatórias habituais da cadeira (Xuño-Setembro).

    *As persoas que non podam asistir con regularidade às aulas poden dispor dun plano específico de atendimento tutorial que inclue a realización de traballos e a corrección por parte da/do docente. Eventualmente poderá haber para estas persoas algunha outra proba.
    ................................................................................................
    : As horas para o atendimento de estudantes serán indicadas oportunamente.



    NOTA: A partir do ano académico 2012-13 esta materia deixa de ter docencia e o sistema de avaliación será unha proba final nas datas oficiais marcadas pola Faculdade.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Total volume de traballo (aproximado): 180 aproximado.



    NOTA: A partir do ano académico 2012-13 esta materia deixa de ter docencia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Lectura dos textos indicados.


    NOTA: A partir do ano académico 2012-13 esta materia deixa de ter docencia.
    Observacións
    NOTA: A partir do ano académico 2012-13 esta materia deixa de ter docencia.