
O 6 de xuño de 1989 foi aprobada en Xunta de Facultade a especialidade de Filoloxía Italiana, que ata ese momento era unha subsección de Filoloxía Románica, ratificándose o 28 de xullo na Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela. O 15 de setembro de 1989 pasa ao Consejo de Universidades, que homologa a devandita especialidade o 17de abril de 1990.
No ano académico 1989 - 1990 comezouse a impartir o primeiro curso para obter a licenciatura en “Filoloxía. Sección Filoloxía Románica (Italiano)”. O plano de estudo inicial foi substituído no ano 1994 por un novo, que -logo dunha reforma- deu paso no curso 2000-2001 ó actual Plano de Estudos.