
A lingua francesa está moi ben implantada no Ensino Secundario galego, é titulación única en Galicia, e existen abundantes prazas de profesorado neste sector, onde a taxa de paro é practicamente inexistente.
A adaptación ao Plan Boloña supón unha maior flexibilidade porque hai un primeiro curso de 60 créditos no que xa podes cursar créditos de francés. Ese curso denomínase de formación “básica” porque a maioría das materias son comúns para todos os estudantes das diferentes Linguas e Literaturas.
En caso de que desexe cambiar de titulación, o alumno non terá que empezar de novo. Haberá un maior ou estrutura central, que será a especialidade en francés, de 120 créditos, que poderá chegar até 144 créditos, se o alumno opta por unha intensificación en francés. Finalmente, en todas as titulacións da facultade haberá que realizar igualmente un minor de 24 ó 48 créditos para todos os alumnos, que significará unha boa competencia noutra lingua (a especialidade do alumno será a do maior en francés).