Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Historia Contemporánea e de América  »  Cátedra Juana de Vega

Cátedra Juana de Vega

 

Creada en decembro de 2005 en colaboración co Departamento de Historia Contemporánea e de América no marco das actividades organizadas pola Fundación Juana de Vega para conmemorar o bicentenario do nacemento da súa fundadora (1805), fíxase como obxectivos promover o desenvolvemento de actividades tanto de investigación como de formación e divulgación en torno a tres aspectos centrais da historia contemporánea de Galicia:
 
  1. Pensamento ilustrado e proxecto político liberal.
  2. O achegamento da muller ao pensamento e proxecto liberal, atendendo moi especialmente á vida e obra de dona Juana de Vega.
  3. As iniciativas e os procesos modernizadores do agro galego dende o século XIX.
 
Conforme a iso serán actividades da Cátedra, ademais do financiamento de bolsas pre/postdoutorais de investigación sobre os temas referidos, a organización de seminarios bianuais de debate sobre o pensamento e o proxecto liberal, así como actuacións orientadas á divulgación.
 
Ademais do Premio Juana de Vega para Investigadores Novos, a Cátedra promove na actualidade tres liñas de publicacións, centradas na edición das Actas das reunións científicas, da serie Cadernos de Investigación para os traballos de iniciación, e das Monografías en torno ás liñas de investigación vencelladas á mesma. Forma parte das iniciativas da Cátedra, igualmente, a dixitalización de fondos documentais e hemerográficos de valor para os investigadores da materia.

Documentos

pdf Cartaz_JuanadeVega [pdf - 597 kb][Actualizado: 6/3/13]

pdf NORMAS_GALEGO [pdf - 62 kb][Actualizado: 6/3/13]

doc Acta_premios_JuanadeVega [doc - 26 kb][Actualizado: 6/3/13]