Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Historia Contemporánea e de América  »  Doutoramento en Historia Contemporánea  »  Historia de América

Historia de América

 GI-1661  Historia de América

O Grupo de Investigación “Historia de América” está formado por investigadores e investigadoras do Departamento de Historia Contemporánea e de América e do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da USC.

Participan del ademais seis investigadores e investigadoras en formación que están a desenvolver neste momento teses na Área de Historia de América.

Colaboran asiduamente seis investigadores e investigadoras das seguintes universidades:

  • Universidades de Huelva (España)
  • La República (Uruguay)
  • Iberoamericana y Nacional Autónoma de México (México)
  • Instituto Dr. J. L. Mª Mora (México).

Actualmente estamos catalogados pola Xunta de Galicia na modalidade de Grupos con Potencial de Crecemento (GPC) do ámbito autonómico.

 As súas tres principais liñas de investigación son:
 
- Relacións España – América Latina, con especial atención a Movementos migratorios e Relacións culturais entre España e América Latina.
- Historia Política Latinoamericana, centrada principalmente en Violencia política e movementos revolucionarios en América Latina entre 1959 e 1992
- Sociabilidade, espazos urbanos e seguridade en América Latina dende o século XVI
 

  www.usc.es/gl/investigacion/grupos/hda/