Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Historia Contemporánea e de América  »  II Premio de Ensaio Histórico "Domingo Fontán"

II Premio de Ensaio Histórico "Domingo Fontán"

Martes, 16 de abril de 2013

portada do libro

O libro "A Cámara Agrícola e Pecuaria de Santiago (1903-1929)" dos investigadores do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC: Antonio Míguez Macho e Miguel Cabo Villaverde , gañadora do II Premio de Ensaio Histórico “Domingo Fontán”.

Ambos autores examinan a traxectoria da Cámara Agrícola e Pecuaria, integrándoa no seu contexto histórico e espacial –o reinado de Alfonso XII e a Compostela dos ultimos anos de Montero Ríos-  de maneira que se poden analizar o aspecto político e social dunha época da historia da cidade de Santiago.

O libro recolle as actividades fomentadas dende a Cámara, como os concursos, exposicións ou o sostemento do campo agrícola, que, sen embargo, non tivo os froitos esperados, debido tanto ás penurias orzamentarias como ao enfoque paternalista da innovación técnica que lle impediu unha conexión fructídera cos campesiños e coas súas organizacións: as sociedades agrarias e as mutuas gandeiras.