Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Historia Contemporánea e de América  »  TFG - TIT - TAD - Prácticas

Traballos Fin de Grao 

 

TRABALLOS FIN DE GRAO:                                                      Curso 2012-2013
Historia Contemporánea.
Obxectivo: primeira aproximación á elaboración dun traballo de investigación histórica e /ou historiográfica, baixo a supervisión directa dun ou dunha orientadora, seguindo as pautas habituais nos traballos académicos:
 
-Estado da arte: achega ao estado da cuestión a través da bibliografía especializada, clásica e actual, e interdisciplinar.
-Fundamentación teórica e conceptual que permita formular preguntas e expor hipóteses.
-Aspectos formais: presentación, citación, sistema de notas, redacción académica, etc.
-En función das características do traballo deseñado poderase traballar con fontes primarias e secundarias: busca, selección e tratamento de fontes e aplicación das metodoloxías axeitadas.
 
Trátase de aprender as seguintes capacidades e destrezas:
 
-Manexar bibliografía ampla de forma complexa (procurar, seleccionar e tratar)
-Dar validez ou criticar posicións historiográficas a través de estudos concretos con fundamento empírico.
-Capacitarse na presentación formal de traballos académicos.
-De ser o caso, traballar con fontes para construír empiricamente a Historia-reconstruir o pasado.
 
A información sobre regulamento, calendario, prazos, tribunais así coma formularios poden atoparse na páxina web da Facultade de Xeografía e Historia.