P5022112 - Traballo Fin de Máster (liña B: investigadora) (Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 12.00
- Total: 12.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 30.00
- Horas de Titorías: 90.00
- Total: 120.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Filosofía e Antropoloxía Social, Historia da Arte, Historia I, Historia I, Historia I, Historia Medieval e Moderna, Historia Medieval e Moderna, Xeografía, Xeografía, Xeografía, Historia Contemporánea e de América , Historia Contemporánea e de América , Lóxica e Filosofía Moral, Lingua Española, Socioloxía, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Organización de Empresas, Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Literatura Española, Lingüística Xeral, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Antropoloxía Social, Historia da Arte, Historia Antiga, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Arqueoloxía, Historia Medieval, Historia Moderna, Xeografía Física, Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional, Historia de América, Historia Contemporánea, Filosofía Moral, Lingua Española, Socioloxía, Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO Traballo Fin de Máster ten por obxectivo a elaboración dun exercicio integrador ou de
síntese que permita aplicar os coñecementos adquiridos no resto das materias do Máster
polo que está vinculado a tódalas áreas de coñecemento do mesmo.
- Adquirir destrezas, técnicas e coñecementos avanzados no ámbito dalgunha das liñas de investigación desenvolvidas no programa académico do Máster:
Antropoloxía Social, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Filoloxía Francesa, Filoloxía Inglesa, Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa, Filosofía, Historia Contemporánea, Historia de América, Historia Antiga, Historia da Arte, Historia Medieval, Historia Moderna, Lingua Española, Literatura Española, Teoría da Literatura, Lingüística Xeral, Filosofía Moral, Organización de empresas, Socioloxía, Xeografía Humana.
ContidosO TFM consistirá no deseño e realización dun proxecto de investigación, adecuado ao nivel de formación adquirido, e na conseguinte elaboración dun traballo orixinal, sempre baixo a orientación dun docente do Máster.
Os contidos específicos do TFM serán os propios do tema desenvolvido en cada caso.
,
Bibliografía básica e complementariaA específica do tema desenvolvido en cada TFM.
Competencias1. Coñecemento dos fundamentos teóricos e metodolóxicos necesarios para o deseño, planificación e desenvolvemento de traballos de planificación ou de investigación.
2. Poder expoñer de maneira clara datos e argumentar hipóteses.
3. Poder analizar criticamente as achegas previas.
4. Dominio e aproveitamento dos recursos bibliográficos e das fontes de información que proporcionan as novas tecnoloxías.
Metodoloxía da ensinanza Traballo de investigación dirixido por un profesor-orientador.
Os TFM terán unha extensión de entre 10.000 e 15.000 palabras, redactadas a dobre espazo e na fonte Times New Roman (tamaño 12) para o texto principal. Exclúense deste cómputo os anexos, cuxo número e extensión será libre e dependerá da natureza do traballo desenvolvido. Para as citas usarase Times New Roman tamaño 10, a espazo simple e con sangría a ámbolos dous lados. Ao final do traballo deberá incorporarse unha relación exhaustiva da bibliografía empregada; no corpo do texto, porén, remitirase a ela indicando, entre parénteses, unicamente o autor, o ano de publicación, e mais a páxina ao que fai referencia (Garriga Escribano 2003: 104). As citas completas da bibliografía deben seguir as normas habituais de publicación.
Modalidade única:
- Proxecto de iniciación á investigación nalgunha das liñas de investigación ligadas ao Máster en Servizos Culturais. A estruturación deste proxecto se organizará segundo as necesidades do traballo, mais pode incluír:
1. Introdución sobre o tema da investigación.
2. Análise xeral do estado da cuestión.
3. Metodoloxía.
4. Caso estudado.
5. Conclusións orixinais.
6. Bibliografía.
7. Anexos sobre o tema de investigación.
Sistema de evaluaciónO traballo realizado polo alumno será exposto en sesión pública ante un tribunal, que poderá debater o traballo co alumno e formularlle as preguntas que estime convenientes.
Segundo a Resolución Reitoral do 11/12/2009, para a presentación e defensa pública do TFM será requisito necesario ter superadas todas as demais materias do Máster.
Por outra banda, debe obter a autorización escrita do profesor-titor para a súa defensa pública. Será necesario entregar el TFM en formato dixital acompañado de tres copias en papel, unha para cada un dos membros do tribunal.
Tamén será necesario indicar o momento do curso no que o alumno quere/pretende defender o TFM: xullo o setembro. As datas exactas dos tribunais publicaranse dependendo do número de solicitudes dos alumnos; porén, sempre que sexa posible, a convocatoria dos tribunais terá lugar a terceira semana de xullo e a terceira semana de setembro.
Existe, asemade, a opción de defender o TFM no mes de febreiro do ano seguinte ao da finalización do curso do Máster, mais neste caso será necesario a formalización de nova matrícula.
O número máximo de convocatorias que poderá consumir o alumnado será de catro, a razón dunha por ano, e sempre que non se extingan os estudos.
O TFM será defendido en sesión pública perante unha comisión encargada de cualificalo. Esta comisión estará formada por tres membros do equipo docente do Máster.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumnado que segue a orientación investigadora, debe estar matriculado na materia P5022112 Traballo Fin de Máster (liña B: investigadora) de 12 créditos ECTS. Isto require aproximadamente 300 horas de traballo persoal (12 créditos ECTS, a razón de 25 horas de traballo do estudante por cada crédito.)
Recomendacións para o estudo da materiaIndicacións para a defensa ante tribunal do Traballo Fin de Máster:
Antes de encadernar o TFM, o Director do mesmo debe certificar o seu visto e prace
cun escrito asinado que se incorporará ao documento final como a última folla da
encadernación.
Estrutura da defensa:
Primeiro haberá un tempo para a exposición do candidato. Posteriormente, o Tribunal
disporá dun tempo para preguntas e achegas, que poden ser contestadas, de ser o
caso, polo candidato.
Para os TFM da liña B, o tempo de exposición aconsellable é de 20 minutos até
un máximo de 25 minutos.
Recoméndase encarecidamente que as exposicións non sexan unha mera repetición
do traballo escrito que xa está en coñecemento do Tribunal. Algúns dos enfoques
adecuados son: as razóns que explican da elección do tema a expor, as dificultades
coas que se enfrontou o candidato á hora de realizar o traballo, un plan de actuación e
aplicación para a posta en práctica deste no futuro, etc.
Data límite de entrega do traballo ao Titor:
O alumno e o titor deben acordar esta data, aínda que o Titor debe dispor dun tempo
suficiente para revisar o traballo e suxerir melloras que o alumno debe incorporar no
texto antes da súa entrega ao Tribunal.
Data límite de entrega de documentación ao Tribunal:
Unha semana antes da data da defensa oral, o candidato debe depositar na
Conserxería da Facultade catro copias en papel do TFM para a súa entrega, coa
finalidade de que tanto o director como todos os membros do tribunal dispoñan de
cadanseu exemplar. Debe entregar tamén unha copia dixital ao seu titor.
A presentación destes traballos debe ser coidada de acordo coas características xa
establecidas enriba. Teñen que estar debidamente encadernados, preferentemente con espiral.
ObservaciónsOutra información de interese
A matrícula dará dereito a unha soa presentación do TFM, é dicir, o alumnado terá unha única convocatoria e unha única oportunidade por curso académico. No caso de que o estudante non se presente á convocatoria para a presentación do TFM no que estea matriculado ou ou non obteña avaliación positiva, o alumnado deberá formalizar nova matricula e aboar os prezos correspondentes aos créditos de Traballo Fin de Máster nos cursos académicos seguintes.