INVESTIGACIÓN
Vicerreitoría de Investigación e Innovación: http://imaisd.usc.es/
Filoloxía Clásica: GI-1908
Coordinador: Ángel RUIZ PÉREZ
Presentación do Grupo de Investigación “Filoloxía Clásica”
O grupo "Filoloxía Clásica" da USC está formado por investigadores das tres áreas de conecemento características dos estudos clásicos (Filoloxía Grega, Filoloxía Latina, Lingüística Indoeuropea) que aúnan o seu labor de investigación arredor dos textos grecolatinos de época antiga nas tres facetas propiamente filolóxicas: crítica textual, análise lingüística e aspectos literarios.
As súas grandes líñas de investigación son:
- Edición de Textos latinos, gregos e doutras linguas indoeuropeas
- Análise lingüística: Sintaxe grega e latina en aplicación do modelo de Gramática Funcional
- Lingüística indoeuropea: lingua hitita; estudos de onomástica prerromana no territorio de Gallaecia
- Literatura grecolatina e súa transmisión: Estudos de produtos literarios e os seus posibles xéneros e modelos literarios: épica helenística e épica romana no contexto do entramado de pensamento, relixión e mitoloxía.
- Recepción da tradición clásica, particularmente, nas literaturas española e galega.
Estudos Medievais: GI-1408
Coordinador: Manuel Enrique VÁZQUEZ BUJÁN
Presentación do Grupo de investigación "Estudos Medievais"
O grupo de "Estudos medievais" está constituido por oito membros —todos eles da área de Filoloxía latina— e varios investigadores en formación e ten como fundamento a idea de que o latín é prácticamente o único vehículo de comunicación escrita ao longo do período medieval. Este principio vertebra e dá coherencia as distintas liñas de investigación que o grupo cultiva:
- Edición crítica de textos latinos comprendidos entre a Antigüidade tardía e o século XV
- Estudo da construción de distintos tipos de textos na Idade Media, tanto literarios como documentais.
- Presenza da tradición literaria clásica na Idade Media.
- Lexicografía latina medieval, particularmente a vencellada ás linguaxes técnicas.
Tradición retórica latina: crítica textual e filoloxía: GI-1930
Coordinador: José Manuel DÍAZ DE BUSTAMANTE
Linguaxe, Retórica e Ideoloxía: GI-1944
Coordinador: Juan José LÓPEZ RIVERA