MÁSTERES
Máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade
www.usc.es/opencms/gl/centros/xeohistoria/titulacions.html
Máster de carácter investigador e interdisciplinar para graduados con interese no mundo clásico en xeral. Xunto a un tronco de oito materias obrigatorias que constitúen 24 dos 60 créditos totais do Máster, o alumno ten posibilidade de cursar un módulo específico sobre o mundo clásico (24 créditos). A realización dun Traballo de Fin de Máster (12 créditos) completa o currículo académico do Máster.
Máster en Estudos Lingüísticos
www.usc.es/opencms/gl/centros/filoloxia/titulacions.html
Máster de carácter investigador para graduados con interese na lingüística xeral e, en particular, na aplicada ás linguas clásicas. Xunto a un tronco de cinco materias obrigatorias de carácter xeral que constitúen a metade dos 60 créditos totais do Máster, o alumno ten posibilidade de cursar un módulo específico de lingüística indoeuropea, grega e latina (12 créditos) máis unha parte (6 créditos) de materias pertencentes a algún dos demais módulos complementarios (lingüística española, lingüística aplicada e teoría da lingüística; lingüística contrastiva alemán español; lingüística francesa e italiana). A realización dun Traballo de Fin de Máster (12 créditos) completa o currículo académico do Máster.
Máster en Estudos Medievais Europeos
www.usc.es/opencms/gl/centros/filoloxia/titulacions.html
O Máster en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, Textos e Contextos é unha oferta única no Sistema Universitario Galego, de carácter investigador, interdepartamental e intercentros, que pretende ofrecer unha visión pluridisciplinar da Idade Media europea a través das súas manifestacións estéticas, literarias, históricas e sociais. O Máster consta de 60 créditos ECTS, distribuídos en dous cuadrimestres: no primeiro o alumno cursará cinco materias obrigatorias (30 ECTS), cunha orientación xeral dentro dos estudos medievais -que van desde a metodoloxía, a historia, a arte, a literatura latina e aquela en linguas vernáculas-, e no segundo tres, de entre unha oferta de sete optativas cun enfoque máis transversal. O currículo complétase coa realización dun Traballo Fin de Máster (12 créditos).
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas
http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/titulacions.html?plan=13251&estudio=14317&codEstudio=13852&valor=9