Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Latín e Grego  »  Carta do Departamento a diversas autoridades sobre a LOMCE

Carta do Departamento a diversas autoridades sobre a LOMCE

Mércores, 03 de xullo de 2013 RAMON VILLAR ARAGUNDE

 

D. Mariano Rajoy

Presidente do Goberno

Avda. Puerta de Hierro, s/n, 28071 Madrid

Santiago de Compostela, 24 de xuño del 2013

            Excmo. Sr.:

            Recentemente o Goberno que Vostede preside enviou ás Cortes o Anteproxecto de Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Nel, a pesar do amplo consenso existente na comunidade educativa, manifestado de moi diversas formas e en moi diferentes medios, non se recollen as peticións que no seu día se fixeron chegar ao Ministerio de Educación destinadas a preservar as materias de contido clásico na Ensinanza Secundaria. Iso é tanto máis notable, canto que as principais peticións sobre este aspecto estaban recomendadas tamén no dictamen do Consello de Estado á mencionada lei, que non foi tido en conta para nada.

            Por iso, en nome do Departamento que presido, permítome dirixirme a Vostede. para solicitar que o Goberno apoie a modificación da LOMCE no sentido indicado pola Sociedade Española de Estudos Clásicos, a Sociedade de Estudos Latinos e as demais organizacións que velan pola preservación do legado Clásico no noso país. Tal modificación debería recoller, ao noso xuízo, os seguintes aspectos:


1)     En 3º de ESO (art. 24): a Cultura Clásica debería incluírse como unha das materias específicas; alternativamente a Cultura Clásica debería manterse como materia de obrigada oferta en todos os centros.

  • 2)     En 4º de ESO (art. 25): as materias de opción deberían ir agrupadas en función da especialización posterior do estudante; alternativamente debería permitirse que as Comunidades Autónomas establezan agrupacións en función de seus programas educativos.
  • 3)     En Bacharelato (art. 34): deberían unificarse os bacharelatos de Ciencias Sociais e Humanidades; quedaría aberta unha opción dentro das materias troncais entre Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais e Latín. Nesta, sen dúbida, a petición máis importante de todas e fundamental para a supervivencia das ensinanzas clásicas.
  • 4)      En 1º y 2º de Bacharelato (art. 34 bis y ter): debe asegurarse unha viabilidade real para o grego en todo o Bacharelato; entre as solucións posibles hai dúas más viables: ben introducir entre as materias troncais unha opción Economía / Grego nos dous cursos do Bacharelato, ben, se se mantén o Grego como troncal de opción, facer que aa Literatura Universal pase a 2º de Bacharelato.

      Atentamente,

José Carracedo Fraga

Director do Departamento de Latín e Grego

Universidade de Santiago de Compostela