Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Produción Vexetal  »  CAJA PRESENTACION  »  PRESENTACION HISTORIA

HISTORIA 

O 16 de decembro de 1988 creouse na Universidade de Santiago de Compostela o Departamento de Enxeñaría Agroforestal e Produción Vexetal, adscrito á Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos, con sé na cidade de Lugo. A gran dimensión dese Departamento propiciou a súa división posterior, que se concretou o 31 de outubro de 1996, nacendo así os dous departamentos actuais de Enxeñaría Agroforestal, por un lado, e de Produción Vexetal, por outro, ambos os dous adscritos á Escola Politécnica Superior de Lugo. Este centro foi creado no ano 1993 para integrar varias  titulacións universitarias de carácter tecnolóxico ata entón dispersas en varios centros del campus lucense (Enxeñeiro Técnico Agrícola, Enxeñeiro Técnico Forestal e Segundo Ciclo de Enxeñeiro Agrónomo), incluíndose posteriormente o Segundo Ciclo de Enxeñeiro de Montes que comenzou a impartirse no ano 1994 neste novo centro. Desde o ano 2002 tamén se imparten neste centro as titulacións de Enxeñaría Técnica de Obras públicas e Enxeñaría Técnica en Topografía. Na actualidade é sé de os graos de Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Enxeñaría Civil, Enxeñaría en Xeomática e Topografía e dos Másters de Industria e Economía Leiteira, Dirección de Proxectos, Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e o de Investigación Agraria e Forestal que se coordina desde o Departamento de Produción Vexetal.

edificio1

Ao Departamento de Produción Vexetal, que soamente comprende a área de coñecemento que lle da nome, están adscritos 25 profesores/as (1 Catedrático de Universidade, 1 Catedrático de Escola Universitaria, 12 Profesores Titulares de Universidade, 2 Profesores Titulares de Escola Universitaria, 3 Profesores Contratados Doutor, 1 Profesor Colaborador  e 3 Profesores Asociados con dedicación a Tempo Parcial ) que imparten docencia en 68 materias de primeiro e segundo ciclo correspondientes ás seguintes titulacións:

Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidades de

Enxeñeiro Técnico Forestal, especialidade de

Enxeñeiro Agrónomo

Enxeñeiro de Montes

Licenciado en Veterinaria

Por  outra parte, os profesores deste Departamento tamén imparten docencia nos seguintes graos :

Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural

Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias

Enxeñaría Forestal e do Medio Natural

e másteres

Economía Leiteira

Enerxía Renovables e Sostenibilidade Enerxética

Investigación Agraria e Forestal

Máster de Arquitectura da Paisaxe

Polo seu labor de formación e de desenvolvemento científico e tecnolóxico, o Departamento de Produción Vexetal ven desempeñando un importante papel nas necesarias e importantes tarefas de modernización e introdución de npvas tecnoloxas no sector agrario galego, nos campos agrícola, forestal e gandeiro, ofrecendo á sociedade rural o seu potencial investigador, tecnolóxico e de servizos.

 

edificio2

Para finalizar esta breve presentación do Departamento de Produción Vexetal recollemos o artigo 53º dos Estatutos vixentes da Universidade de Santiago de Compostela que se refire ás funcións detes órganos de goberno da Universidade (Decreto 28/2004 de 22 de Xaneiro (DOG 09-02-2004 e BOE 22-04-2004):

Son funcións dos departamentos:

a) A programación, desenvolvemento e seguimento de:

1. As ensinanzas propias da área ou áreas de coñecemento da súa competencia, de acordo coa organización xeral dos centros nos que estas se impartan.

2. Os estudos de doutoramento.

3. Cursos de posgrao, especialización e formación continua.

b) A coordinación da actividade investigadora realizada polos seus membros, individualmente ou formando parte de grupos de investigación.

c) O rexistro actualizado da produción científica e da actividade investigadora do departamento.

d) A formación do persoal docente e investigador da universidade.

e) A iniciativa ou, no seu defecto, informe previo, para a creación, mantemento, minoración ou cambio de denominación de prazas de persoal docente e investigador, funcionario ou contratado, así como, de ser o caso, a proposta dos membros da comisión encargada de resolvela.

f) Calquera outra actividade encamiñada ao axeitado desenvolvemento da actividade docente e investigadora que non corresponda a outros órganos