Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Produción Vexetal  »  CAJA PRESENTACION  »  PRESENTACION INFRAESCTRUCTURAS, EQUIPAMIENTO Y SERVICIOS

Infraestruturas, equipamentos e servizos

Os despachos dos profesores do Departamento e os laboratorios de docencia práctica e investigación asignados aol mesmo están na súa maioría ubicados actualmente nos edificios denominados Pabillón I, Pabillón III e Ampliación da Escuela Politécnica Superior; ademais dúas profesoras do Departamento imparten docencia na Facultade de Veterinaria, dispondo de despachos e laboratorios neste centro.

O Departamento de Produción Vexetal posúe laboratorios de investigación de Fitotecnia, Xardinaría, Cultivos Arbóreos, Cultivos Herbáceos, Protección de Cultivos , Botánica Forestal, Pascicultura, Silvicultura, Repoblacións Forestais e Micropropagación Vexetal e Endomicorrizas. Tamén dispón dun invernadoiro na contorna da sé e de fincas de prácticas da Escola Politécnica Superior que permiten o desenvolvemento da actividade docente e investigadora.

IMGP8077

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

Ademais, o equipamento dos grupos de investigación do departamento é importante e moderno, presentando, entre outros, os seguintes medios: cámaras de cultivo, varios invernadoiros, equipos de electroforese, espectrofotometría de absorción atómica, autoanalizador de fluxo continuo, cámara grafito, fitotrón, etc .

IMGP8079

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

Os grupos de investigación de Departamento de Produción Vexetal, ademais de realizar traballos de investigación na súa área de especialización ofrecen ao sector agroforestal a posibilidade de contratar os seus servizos para o desenvolvemento de traballos de asesoría científico- técnica, informes e transferencia de novas tecnoloxías, etc ., no marco de convenios de cooperación entre as empresas e a universidade.
 O Departamento está abierto a calquer iniciativa dos sectores administrativos ou empresariais para desarrollar novos estudos relacioados cos sectores agrícolas e forestais a escala local, rexional, nacional o internacional a través do contacto directo cos seus membros ou a dirección do Departamento.