Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía  »  Información da materia

G2011226 - Psicoloxía da interación social (Bases sociais da conducta) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 35.00
  • Clase Interactiva Seminario: 15.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALZATE GARCIA, MONICA.NON
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO.NON
Serrano Martinez, Gonzalo.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-L)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (M-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1P2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo P3P4OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo P5P6OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo P7P8OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecemento suficiente, tanto conceptual coma operativo, dos temas que se desenvolven no programa.
    2. Adquisición dunha visión integrada dos procesos de interacción social e das relacións entre eles.
    3. Toma de contacto cos aspectos máis instrumentais e aplicados da materia a través da discusión de casos, lecturas comentadas e utilización de instrumentos para a avaliación de diversos fenómenos psicosociais.

    Contidos
    BLOQUE I: COMUNICACIÓN
    Tema 1. Comunicación interpersoal
    Tema 2. Comunicación de masas

    BLOQUE II: PROCESOS INTERPERSOAIS
    Tema 3. Atracción interpersoal e amor
    Tema 4. Agresión
    Tema 5. Altruísmo

    BLOQUE III - INTERACCIÓN E INFLUENCIA
    Tema 6. Influencia social
    Tema 7. Influencia dos grupos minoritarios
    Tema 8. Comportamento antisocial
    Tema 9. Comportamento colectivo


    PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS

    1. Clínica do rumor
    2. Habilidades sociais en comunicación
    3. Aplicacións do Diferencial Semántico
    4. Avaliación das relacións amorosas
    5. Agresión e violencia I
    6. Agresión e violencia II
    7. Análise de procesos de influencia social

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA XERAL

    Baron, R., y Byrne, D. (2006). Psicología social. Madrid: Prentice-Hall.
    Franzoi, S. (2007). Psicología social. Méjico: McGraw-Hill.
    Gómez, L., y Canto, J. (1995) (Coords.). Psicología social. Madrid: Eudema.
    Hewstone, M., Stroebe, W., Codol, J., y Stephenson, G. (1990). Introducción a la Psicología social. Una perspectiva europea. Barcelona: Ariel.
    Morales, J. F., Moya, M., Gaviria, E., Cuadrado, I. (2007). Psicología social. Madrid: McGraw-Hill.
    Myers, D. (2004). Exploraciones de la Psicología social. Madrid: McGraw-Hill.
    Myers, D. (2008). Psicología Social. Madrid: McGraw-Hill.
    Rodríguez, C. (Coord.) (2003). Psicología social. Madrid: Pirámide.
    Worchel, S., Cooper, J., Goethals, G., y Olson, J. (2003). Psicología social. Madrid: Thomson.

    Competencias
    - Coñecer as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da psicoloxía, entender as súas achegas ao coñecemento e a práctica psicolóxica en distintos ámbitos, familiarizándose coa terminoloxía científica da psicoloxía.
    - Comprender as leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
    - Comprender os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos, dos grupos e das organizacións.
    - Identificar as características relevantes do comportamento dos individuos mediante técnicas e instrumentos vinculados á interacción social orientados ao diagnóstico ou á intervención social.
    - Saber seleccionar e administrar as técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
    - Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.


    Transversais:

    - Síntese.
    - Traballo en equipo.
    - Comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas:
    Proporcionarase aos alumnos un esquema/guión de cada un dos temas que compoñen a materia. Os alumnos contarán con este esquema con antelación á exposición por parte do profesor, que se levará a cabo co apoio de recursos didácticos específicos (lousa, sistemas de proxección de transparencias) e recursos audiovisuais (proxección a través de canón e vídeo). Así mesmo, cada tema vai acompañado de bibliografía específica que permitirá ao alumno completar o esquema proporcionado.

    Prácticas expresivas:
    Ao igual que as clases expositivas, as prácticas expresivas desenvolveranse co grupo-aula. Trátase de exercicios que acompañan a algún dos temas teóricos e que teñen por obxecto traballar de forma teórico-práctica tópicos, conceptos, ou termos clave do tema en cuestión.


    Clases Interactivas:
    Trátase de sesións con carácter eminentemente práctico a través das que se abordan temáticas relacionadas coa materia. As actividades que se realizarán nestes seminarios permitirán favorecer principalmente a capacidade para aplicar os coñecementos á práctica, e para traballar de forma autónoma e en equipo.
    Sistema de evaluación
    Na data oficialmente establecida efectuarase un exame sobre os contidos tratados nas clases expositivas (máximo valor, 7 puntos). As tarefas e a participación en clase valoraranse con 1 punto máximo. As clases interactivas (asistencia, participación e informes) terán un valor máximo de 2 puntos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    150 horas de traballo do alumno, distribuídos en 35 horas de clases expositivas, 15 horas de clases interactivas, 1 hora de titorías e 99 horas de traballo persoal. O traballo persoal consistirá en: lectura de materiais, preparación das sesións prácticas, preparación das sesións de titoría e preparación de exame.