Rama de Coñecemento: Ciencias Sociais
Perfil: Investigador
Tipo de ensinanza: Créditos presenciais
Créditos semipresenciais (ata un total de 21)
Duración: Un curso académico (60 créditos)
Centro de adscrición: Facultade de Ciencias da Educación
Prazas: 16 (tempo parcial: 2)
Prazo Matrícula: Do 9 de xullo o 4 de setembro
Prezo por crédito: 31.63€, aproximadamente 1900€ o máster completo*
Información Bolsas: http://www.usc.es/bolsas
Web: http://www.usc.es/gl/departamentos/teheps
Acceso: Graos en Educación Social, Pedagoxía e Mestre. Licenciaturas en Pedagoxía e Psicopedagoxía.
Diplomatura en Educación Social; Mestre (en todas as especialidades).
Licenciaturas e graos en Ciencias Sociais e Xurídicas; Humanidades.
Criterios de selección: Xerais: Expediente
Curriculum Vitae
Entrevista persoal
Obxectivos: Facilitar unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, nas Ciencias da Educación, poñendo énfase na diversidade cultural e nos procesos de desenvolvemento en clave educativa.
Promover a iniciación do alumnado en tarefas investigadoras, posibilitando o acceso ao Programa de Doutoramento en Educación, que culmina coa realización e defensa dunha tese doutoral.
Estrutura académica: Materias obrigatorias (OB): 24 créditos.
Materias optativas (OP): 39 créditos (a elixir 21).
Materias optativas a cursar na Facultade: 30 créditos.
Prácticas externas optativas: 9 créditos.
Traballo de Investigación Fin de Máster (TFM): 15 créditos.
*Pendente da aprobación do decreto de prezos públicos.
Módulo I: Metodoloxía de Investigación e Intervención en Realidades e Procesos Socioeducativos
Módulo IV: A Educación no Desenvolvemento Comunitario Local: Enfoques Teóricos, Iniciativas e Experiencias Prácticas
Módulo V: Problemas Emerxentes e Alternativas Educativas-Sociais nas Comunidades nun Mundo Globalizado.
Módulo VI: Traballo Fin de Máster.