Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Consello Social  »  Europracticum  »  Europracticum para titulados

Europracticum para titulados

logo_europract

 
A Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo (dende a Area de Orientación e Inserción Laboral no Campus de Lugo) promove, en colaboración co Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago, a sexta edición do Programa Leonardo da Vinci, o programa Europracticum VI.
 
Europracticum VI é un programa de prácticas profesionais e remuneradas para titulados/as da USC en empresas e organizacións europeas. Os egresados/as da USC que o desexen poderán completar a súa formación con prácticas en empresas europeas, coñecendo novas formas de traballo nun ambiente multicultural, á vez que mellorar as súas competencias profesionais, persoais e lingüísticas.
 
Poderán beneficiarse destas bolsas 44 titulados/as da USC, que obtiveran a súa titulación entre xaneiro de 2006 e setembro de 2011 (ambos incluídos) en titulacións de 1º e 2º grao (non en Máster).

 

Europracticum VI pretende:

1. Reforzar as aptitudes e as competencias dos individuos -sobre todo os xóvenes- que seguen unha primeira formación profesional.
2. Mellorar a calidade da formación profesional continua e da adquisición de aptitudes e competencias ao longo da vida.
3. Promover e reforzar a contribución da formación profesional ao proceso de innovación, para mellorar a competitividade e o espírito de empresa co fin de crear novas posibilidades de emprego.

Europracticum VI está dirixido os titulados/as da nosa Universidade que desexen realizar prácticas profesionais en empresas e institucións da Unión Europea durante os anos 2011 a 2013. As prácticas entenderanse coma complemento de formación e, polo tanto, estarán sempre acordes coa titulación do bolseiro.

 
Unha bolsa Europracticum VI consta de seguro médico e aportación económica para gastos de viaxe, aloxamento e manutención.
 
Duración da práctica: as prácticas teñen unha duración de 24 semáns e a Universidade de Santiago xestionará a supervisión do seu desenvolvemento.
 
Cuantía da bolsa: á aportación da bolsa de Europracticum VI, para unha estadía de 24 semáns está en función do país de destino
Para as 24 semanas que dura cada estadía de Europracticum VI, publicanse os importes da bolsa para cada país:
INSERTAR TABLA