Europracticum VII é un programa de prácticas profesionais (ao abeiro do programa europeo Leonardo da Vinci) remuneradas para titulados da USC, en empresas e entidades europeas.
Esta nova edición do Programa Leonardo da Vinci da Universidade de Santiago está aberta á participación de titulados (en titulacións oficiais) na institución académica compostelá entre os anos 2007 e 2013. Tamén se admitirán solicitudes daquelas persoas tituladas noutras universidades, que durante este periodo de referencia (entre os anos 2007 e 2013) completaran un máster oficial na institución académica compostelá.
Esta edición do Programa Leonardo da USC estará vixente durante o bienio 2013 -2015, no que se desenvolverán 78 bolsas de prácticas.
Unha bolsa Europracticum VII consta de seguro médico e aportación económica para gastos de viaxe, aloxamento e manutención.
Duración da práctica: as prácticas teñen unha duración de 24 semáns e a Universidade de Santiago xestionará a supervisión do seu desenvolvemento.
O prazo de inscrición en Europracticum VII será do 1 ao 31 de outubro de 2013.