Entrevistas
A entrevista (seguinte fase do proceso de selección interna) queda anulada, dando paso á derradeira fase deste proceso de selección: o envío do currículo e da carta de intencións.
Envío do
currículo (modelo currículo europeo Europass) +
carta de intencións, redactados no/s idioma/s superado/s na/s proba/s de lingua. Envío de ambos documentos ao enderezo de correo electrónico de Europracticum (
europracticum@usc.es)
Aqueles candidatos/as que sexan “aptos/as” en duas linguas, terán que enviar dous currículos e dúas cartas de intencións (un documento escrito en cada unha das linguas nas que sexan aptos/as)
Os documentos enviados ao enderezo electrónico de Europracticum:
- Terán o formato pdf
- Enviaranse como documentos adxuntos
- O nome do documento será, no caso do currículo:
- titulación_apelido1_apelido2_nome_lingua
- O nome do documento no caso da carta de intencións será:
- apelido1_apelido2_nome_lingua
O prazo para o envío do currículo e a carta de intencións remata o 15/03/2012