Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Consello Social  »  Europracticum  »  Europracticum para titulados  »  Preguntas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes

¿As prácticas son remuneradas?
O importe da bolsa varía en función do país de destino e inclúe: desprazamento, aloxamento e manuteción.
 
¿Podo disfrutar dunha bolsa Europracticum se xa fixen un Erasmus?
Non se pode disfrutar simultaneamente, pero sí consecutivamente, xa que non teñen a mesma finalidade.
 
¿Teño un contrato laboral?
Non, non existe relación contractual coa empresa de destino. A USC asina un convenio de prácticas coa empresa e co bolseiro/a, non un contrato. A empresa pode contratar ós bolseiros unha vez rematada a mobilidade.
 
¿Qué pasa se quero renunciar á bolsa unha vez estou no meu destino?
Terías que devolver a parte proporcional da bolsa que non disfrutaches, agás a parte destinada á viaxe, sempre e cando a rescisión da túa bolsa sexa por “causa de forza maior” (enfermidade grave do bolseiro, enfermidade grave ou falecemento dun familiar ou unha oferta de emrpego probada). No caso de volta do participante antes da data estipulada no convenio sen causa de forza maior, os gastos da estancia non serán subvencionados polo que o /a bolseiro/a estará obrigado a devolver o importe total da súa bolsa.
 
¿Temos algún seguro?
A USC fai un seguro individual polo tempo de permanencia fora. Unha vez rematada a práctica, o seguro deixa de ter validez. Tedes á vosa disposición un teléfono de axuda 24h.
 
¿Teño que xustificar a miña estadía no país?
Tedes que xustificar, con documentos orixinais, os gastos de viaxe e aloxamento. No caso de dúbida preguntade, xa que se non entregades os xustificantes (billetes orixinais, tarxetas de embarque, contrato de piso, etc), a organización pode decidir non ingresar unha parte da bolsa.
 
¿Qué criterios se seguen para adxudicar unha bolsa?
Unha vez pasadas as fases obrigatorias do proceso de selección, a empresa de acollida é a que decide que candidato/a se adapta mellor ó perfil das prácticas que oferta.
 
¿Hasta cándo me poden chamar?
Europracticum VII durará ata xuño de 2015. Pódenvos chamar para realizar unha práctica ata o mes de novembro de 2014.
 
¿Podemos consultar o listado de empresas?
É unha decisión das propias empresas que non se faciliten os seus datos, salvo no caso de que sexades seleccionados por elas.
 
¿Hai unha idade límite?
Non hai unha idade límite, os únicos requisitos son os explicados na sección “requisitos”.