Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Consello Social  »  Europracticum  »  Europracticum para titulados  »  Idioma

 Idioma  

  • Tódolos/as candidatos/as que obtiveron a cualificación de "apto" en coñecemento de lingua (presentación certificación oficial e/ou por nota de exame) seguen dentro do proceso de selección de Europracticum VI.
  • Só se valora o coñecemento de lingua (certificación oficial e/ou exame) dos idiomas que fixo constar o candidato na súa folla de inscrición. Para aqueles candidatos que fixeron máis dunha inscripción on line, só se terá en conta a derradeira inscrición.
  • Para aqueles candidatos/as que presentaron certificación oficial de coñecemento de lingua e posteriormente se presentaron á proba de idioma, a calificación que prevalece é a da proba de lingua.
  • Os candidatos/as aptos terán que asistir o Curso de Habilidades Sociais para o Emprego e Habilidades Empresariais (seguinte fase do proceso de selección). Para seguir dentro do proceso de selección é obrigatorio asistir ó 80% do curso. O curso celebrarase no campus de Lugo e no Campus de Santiago. Próximamente informarase na web das datas e lugar de celebración do curso. 
  • Quedan excluidos do proceso de selección de Europracticum VI:
    • Candidatos/as que non obtiveran a calificación de apto en coñecemento de lingua
    • Candidatos/as que non presentaran a documentación pertinente para formalizala súa inscripción, en forma e prazo previsto
    • Candidatos/as que non cumpran algún dos requisitos de inscrición

 

 
E requisito imprescindible presentarse a unha proba de lingua extranxeira e obter a calificación de apto para seguir no proceso de selección de Europracticum VI. Aqueles candidatos que o desexen poderanse examinar de dúas linguas distintas.
As probas de idiomas realizaranse en Lugo e en Santiago. A data de realización destas probas publicarase nesta sección. Faranse probas de: inglés, alemán, italiano, francés e portugués.
Quedará exento de proba de lingua quen presente certificación oficial (de acordo co establecido no marco común europeo de referencia), que acredite o seu coñecemento de idioma, sempre e cando presenten a devandita certificación, nos prazos e forma establecidos (ata o 28 de decembro de 2011).
O nivel esixido de coñecemento de idioma é o B1, que corresponde o nivel chamado de "supervivencia" nunha lingua extranxeira ademáis é o esixido ós titulados no Espacio Europeo de Educación Superior. No caso de Europracticum VI este requerimento aplícase tanto para o exame como para as certificacións oficiais. As certificacións, en canto á súa valoración, serán consideradas como "aprobado" (apto). En proba de lingua é necesario obter a calificación de apto para seguir dentro do proceso de selección de Europracticum VI.
 
Probas de lingua no Campus de Lugo
 
Día
Data
Lingua
Hora
Lugar 
Luns
9/01/2012
Francés
14:15
Aula magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Martes
10/01/2012
Italiano
14:15
Aula magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Mércores
11/01/2012
Inglés
14:15
Aula magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Xoves
12/01/2012
Alemán
14:15
Aula magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Venres
13/01/2012
Portugués
14:15
Aula magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas
 
Probas de lingua no Campus de Santiago
 
Día
Data
Lingua
Hora
Lugar
Luns
9/01/2012
Italiano
14:30
Aula 1
Facultade de Dereito
Martes
10/01/2012
Portugués
14:00
Aula B
Facultade de Ciencias Económicas
Xoves
12/01/2012
Francés
14:30
Aulas 1 e 2
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Venres
13/01/2012
Alemán
10:00
Seminario 03
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Venres
13/01/2012
Inglés
15:30
 
Aulas A, B, C
Facultade de Ciencias Económicas
 
Resultados das probas: 26/01/2012
Revisión das probas: 30/01/2012 (en Lugo só se poderán revisar as probas de alemán, francés e inglés)
Resultados definitivos das probas: 31/01/2012
 
Certificacións acreditativas de coñecemento de idioma:
O coñecemento de idioma pode ser acreditado mediante certificación oficial (prazo de entrega de esta documentación acreditativa ata o 28 de decembro de 2011), de acordo co establecido no Marco Común Europeo de Referencia. A continuación recóllese a relación de cursos e certificados que acreditan dito coñecemento e que serán admitidos como válidos.

Inglés
CLM (Centro de Linguas Modernas da USC): Nivel 5 ou superior
EOI (Escola Oficial de Idiomas): Nivel 4 ou superior
Diploma PET (Preliminary English Test)
Diploma FCE (First Certificate in English)
Diploma CAE (Certificate in Advanced English)
Diploma CEP (Certificate of English Proficiency)
TOEFL  PBT: 457 puntos ou superior
TOEFL CBT : 137 puntos ou superior
IBT TOEFL: 57 puntos ou superior
TOEIC: 550 puntos ou superior
NOTA: titulados/as en Grado e/ou estudantes do Máster de Profesorado da USC, poderán acreditar o nivel B1 de inglés, presentando copia do seu expediente académico, onde figura dita acreditación de nivel de lingua.

Francés
CLM (Centro de Linguas Modernas da USC): Nivel 5 ou superior
EOI (Escola Oficial de Idiomas): Nivel 4 ou superior
Diploma DELF B1 (Diplôme d'Études en Langue Française)
Diploma DELF B2 (Diplôme d'Études en Langue Française)
Diploma DALF C1 (Diplôme Approfondi de Langue Française)
Diploma DALF C2 (Diplôme Approfondi de Langue Française)
 
Alemán
CLM (Centro de Linguas Modernas da USC): Nivel 5 ou superior
EOI (Escola Oficial de Idiomas): Nivel 4 ou superior
Diploma ZD (Zertifikat Deutsch)
Diploma Goethe-Zertifikat B2
Diploma Goethe-Zertifikat C1 (=antigo ZMP/Zentrale Mittelstufenprüfung)
Diploma ZOP (Zentrale Oberstufenprüfung)
Diploma KDS (Kleines Deutsches Sprachdiplom).

Portugués
CLM (Centro de Linguas Modernas da USC): Nivel 2 ou superior
EOI (Escola Oficial de Idiomas): Nivel 3 ou superior
DEPLE (Diploma Elementar de Português Língua Estrangeira)
DIPLE (Diploma Intermédio de Portugês Língua Estrangeira)
DAPLE (Diploma Avançado de Português Língua Estrangeira)
DUPLE (Diploma Universitário de Português Língua Estrangeira)

Italiano
CLM (Centro de Linguas Modernas da USC): Nivel 2 ou superior
EOI (Escola Oficial de Idiomas): Nivel 3 ou superior
Diploma CELI 2 (Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 2) e superiores
Diploma CILS 1 e superiores