Tódolos inscritos no Proxecto Europracticum VI aceptan as normas de xestión interna do mesmo.
Protección de datos de carácter persoal:
a) Os datos que o alumno facilita na súa inscrición estarán almacenados nun arquivo informático para o seu tratamento automatizado, e que terá por finalidade a xestión das bolsas de Europracticum VI.
b) O bolseiro ten aobriga de incluír un enderezo de correo electrónico na súa Ficha de Inscrición có gallo de facilitar o envío das distintas comunicacións ós inscritos a través dunha lista de distribución de Europracticum VI.
c) A información aportada remitirase pola USC ás empresas, institucións e organismos que sexan Socios de Acollida de Europracticum VI, a modo de difusión do seu currículo.
d) O candidato deberá comunicar calquera modificación dos seus datos para a actualización da súa ficha.
e) O bolseiro ten dereito a acceder, rectificar, opoñerse e cancelar os datos recollidos.
f) A identidade, pertenza e enderezo do responsable do arquivo corresponde a USC.
Rexeitamento da bolsa:
Cada candidato/a poderá rexeitar a primeira práctica que se lle ofreza e seguir dentro do proceso de selección (da bolsa de candidatos). Se no momento de ofertarlle unha segunda práctica, tamén a rexeita, o candidato deixaría de formar parte da bolsa de candiatos/as de Europracticum VI.
Rescisión da bolsa
No caso de volta do beneficiario antes da data estipulada por unha causa de forza maior, o beneficiario ten dereito a recibir a subvención correspondente á duración realizada da estancia formativa. Asi mesmo ten a obriga de devolver á USC, a subvención correspondente ó tempo de estancia non disfrutado. Consideranse motivos de forza maior, cando estén debidamente xustificados: enfermidade grave do beneficiario, enfermidade grave ou falecemento dun familiar e unha oferta probada de emprego.
En caso de volta do beneficiario antes da dataestipulada no convenio, sin causa de forza maior, os gastos da estancia non serán subvencionados, polo que o beneficiario terá que devolver ol importe total da bolsa á USC.
Obrigas do beneficiario
a. Non disfrutar simultaneamente doutras bolsa e axudas da Unión Europea coa mesma finalidade.
b. Non ter disfrutado con anterioridade doutra bolsa do Programa Europeo Leonardo da Vinci.
c. Someterse á disciplina da organización de acollida, respectar as súas quendas de traballo, os regulamentos en vigor e as disposicións legais relativas ao segredo profesional; en caso de incumprimento das normas antes mencionadas, o responsable da organización de acollida resérvase o dereito de dar por rematado o período de prácticas despois de comunicarllo ás diferentes partes conveniantes.
d. Informar previamente e á maior brevidade posible á USC no caso de renunciar á estadía antes de que comece ou no caso de que a súa duración se reduza por vontade propia ou da organización de acollida.
e. Facilitar á USC calquera documento que permita verificar que a práctica se está a levar cabo ou foi rexeitada.
f. Garantir o control e a avaliación da práctica a través dos titores (Profesor-Titor e Titor-Empresa) entregando á USC, debidamente cumprimentados e no prazo estipulado, os Informes do Bolseiro:
- Informe Inicial: durante o primeiro mes da mobilidade
- Enquisa da Axencia Nacional
- Informe Final: ó rematala estadía de prácticas