Proceso de selección
O proceso de selección dos beneficiarios de Europracticum VII inclúe as seguintes fases:
1.
Inscriciónen liña a través da web
www.usc.es na forma e prazos previstos (do 1 ao 31/10/13), xunto coa entrega da documentación correspondente (ver apartado “Inscrición”).
2. Proba de idioma: tódolos inscritos teñen a obriga de presentarse a unha proba de idioma e o dereito (se así o deciden) de presentarse a dúas probas de idiomas (de linguas distintas). As probas de idiomas realizaranse en Lugo e en Santiago. A data de realización destas probas está publicada na sección de “idioma”. Faranse probas de: inglés, alemán, italiano, francés e portugués. Quedará exento de proba de lingua quen presente certificación oficial (de acordo co establecido no marco común europeo de referencia), sempre e cando presenten a devandita certificación, nos prazos e forma establecidos (ata o 31 de outubro de 2013).
3. Curso de Técnicas Empresariais e Habilidades Sociais para o Emprego. Celebraranse dúas edicións do curso, unha no Campus de Lugo e outra no Campus de Compostela. As datas de realización do curso está publicada na sección de “Curso”.
4. Entrevista de selección de persoal
5. Envío do currículo (modelo europeo) +cartade intencións. Redactados no/s idioma/s superado/s na/s proba/s de lingua. Envío de ambos documentos ao mail: europracticum@usc.es
Quedarán excluidos do proceso de selección de Europracticum VII:
- Candidatos que non aporten toda a documentación solicitada, na forma e prazo indicado (fin de prazo 31/10/13).
- Aqueles candidatos/as que non cumpran algún dos requisitos de inscrición.
- Os candidatos/as que non obtiveran a calificación de apto en coñecemento de lingua.