Para referenciar este sitio empregue o enderezo: http://www.usc.es/csocial

Presidente do Consello Social
Sr. D. Manuel Puga Pereira
Correo electrónico:csocial@usc.es
Como Presidente deste Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, quero expresar o meu máis cordial saúdo de benvida a tódolos interlocutores que, mediante a súa consulta nesta avanzada técnica de comunicación, manifestan o seu interese polo acontecer deste Consello Social, órgano de goberno desta Universidade, que garante a participación das forzas sociais de Galicia na universidade.
Por esto é a miña intención que este órgano que presido sirva para informar á sociedade da presenza universitaria e da nosa realidade histórica e actual, así como da vida cultural e artística universitaria.
Así mesmo tamén é o meu desexo cumprir coas responsabilidades e competencias que as leis nos outorgan en demanda dos intereses da sociedade galega.
Por isto, co natural agradecemento pola súa amable visita, rendémoslle a nosa cordial BENVIDA.
Secretario Executivo do Consello Social
Sr. D. Benigno Carril Pérez
Secretaría
Dona Dolores Grela Piñeiro
Correo electrónico: dolores.grela@usc.es
Teléfono: 881 813 442 / 881 812 900
Fax: 881 812 915