O Consello Social é o órgano de participación da sociedade galega nas universidades públicas que integran o sistema universitario de Galicia. Impulsa a colaboración entre estas e aquela mediante a satisfacción polas universidades das necesidades do seu contorno e contribúe eficazmente ó desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia, á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria e mais á obtención dos recursos precisos para procurar a súa suficiencia económica e financeira.
Casa da Concha - Rúa da Conga, nº 1
15782 Santiago de Compostela (A Coruña) - España
Teléfonos: 881 813 442 / 881 812 900
Fax: 881 812 915
Correo electrónico: csocial@usc.es
O Consello Social está integrado por 27 membros:
Os acordos adoptados polo Consello Social posúen executividade inmediata. O seu secretario, co visto e prace do presidente, remitiralle inmediatamente unha certificación dos acordos ao reitorado, así como a cantos órganos, servizos e dependencias da universidade garden relación competencial cos asuntos aprobados.