O día 19 de xaneiro do 2010 se reuniu o xurado do Premio Humnaitas para estudar as
candidaturas presentadas á VI edición do mesmo.
O Premio Humanitas, outorgado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e o Consello
Social da Universidade de Santiago de Compostela, ten como obxectivo galardoar, aquela acción
que se distinga polas súas cualidades humanas mediante a súa dedicación e implicación en
actividades solidarias, sociais e humanitarias. Ao premio poden optar todos os membros da
comunidade universitaria e os socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.
O xurado, que fallou o premio tras un extenso debate, estivo formado polo Presidente do
Consello Social da Universidade Manuel Puga Pereira, e o voceiro do Consello Social, Emilio Crespo
Correa, o Presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade, Perfecto Yebra, e a
Secretaria da mesma, Luisa Balsa Anido, o Vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso
Social, D. José Manuel Mayán Santos, e polo gañador da anterior edición do premio, D. José Carlos
de Miguel Bouzas.
O xurado decidiu que o premio desta VI edición recaera en
Dª Eugenia Banet López de Rego, pola súa implicación na axuda de pacientes con anorexia e
bulimia, sendo fundadora da Asociación de Bulimia y Anorexia de Galicia (ABAGAL), e colaborando e
axudando aos pais e nais de pacientes diagnosticados de Trastornos da Alimentación. Así mesmo
quixeron facer mención de todas as candidaturas recibidas, merecedores todas elas dun premio xa que
cadanseu no seu eido de actividade fan un labor moi importante en beneficio da
sociedade.