Xoves, 12 de marzo de 2009 Consello Social
O Consello Social, en colaboración co Ilustre Colexio de Avogados de Santiago, pon en marcha un novo servizo gratuito de Asesoramento e Orientación xurídica ós alumnos da Universidade de Santiago de Compostela en todas aquelas cuestións nas que precisen unha orientación xurídica que non estea comprendida nas actuacións propias do "sevizo de Asistencia Xurídica gratuíta e quenda de oficio" e non estean cubertas polos órganos e unidades da USC, en particular sobre asuntos civís, mercantís, laborais e de consumo.
Queda expresamente excluído deste servizo calquera tipo de asesoramento que sirva para a realización de contenciosos e litigacións contra a propia Universidade.
Este servizo é totalmente gratuito.
Datas
O segundo e cuarto xoves de cada mes das 18:00 ás 20:00 horas.
Lugar
Colexio de Avogados
Rúa Eduardo Pondal nº 4, baixo
15702 - Santiago de Compostela
Teléfono: 981-581 713 ou 981-560 543
Correo electrónico: icasantiago@avogacia.org
Ligazóns: