Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Consello Social  »  Prácticas en empresas  »  Adxudicación ordinaria - Empresas

Modalidade ordinaria 

O Consello Social asígnalle ao/á estudante unha oferta que se adecua ao seu perfil académico e ás preferencias de tempo e lugar que indicou ao inscribirse no Programa de prácticas. pdf Información procedemento ordinario 

  • O/a estudante cobre o correspondente formulario: pdf solicitude_ordinaria_estudantes [
  • O Consello Social búscalle unha oferta axeitada ao seu perfil e ás preferencias temporais e xeográficas que indicou na solicitude. En ningún caso o estudantado ten acceso á relación de entidades colaboradoras nin tampouco a posibilidade de escoller entre elas.
  • Se hai máis candidatos que ofertas, a asignación realízase en función do expediente académico (teñen preferencia os que presentan mellores medias).
  • O/a estudante contacta co/coa representante da entidade e no prazo máximo de 10 días ten que notificar ao Consello Social o resultado da entrevista.
  • Se a práctica vaise realizar, debe notificar as datas de inicio e fin, as horas totais e o horario no que se  vai desenvolver. Esta comunicación ten que facerse, cando menos, 15 días hábiles antes da data prevista para o comezo da actividade. 
  • O/a alumno/a pode rexeitar ata tres ofertas sen causa xustificada (de facelo, non se lle asignarán novas empresas ou institucións). Estas renuncias faranse sempre enviando un correo electrónico a practicas.csocial@usc.es.
  • En ningún caso pode comezarse unha práctica sen a comunicación previa ao Consello Social, sen a autorización que expide este órgano ou nunha data anterior á autorizada.

Prazo

  • A solicitude pode presentarse en calquera momento do ano.
  • No caso das prácticas de verán:
    • existe un período preferente de solicitude: do 1 de xaneiro ao 31 de marzo (en abril principiase a seleccionar os/as candidatos/as);
    • fóra dese prazo, as solicitudes quedan en lista de agarda.

Ofertas de empresas ou institucións

Son válidas durante o ano natural no que se presentan. Para que sigan vixentes, deben:

  • renovarse ao comezo do novo ano;
  • marcarse como cíclicas: deste xeito, renóvanse automaticamente ao rematar a estadía de cada estudante e ao comezo de cada ano.

Modelo de oferta ordinaria

pdf oferta ordinaria

pdf oferta_castellano

Documentación final

  • Para que a práctica teña recoñecemento académico, o/a titor/a ten que expedir un certificado no que acredite as condicións nas que se realizou. pdf Certificado
  • Nesta modalidade de prácticas non hai que presentar memoria.