Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Consello Social  »  Prácticas en empresas

Prácticas en empresas e institucións

Normativa

  • A realización de prácticas regúlase pola Normativa de prácticas externas en empresas e institucións, aprobada polo Consello de Goberno da USC o 30 de maio do 2008.
  • As prácticas non orixinan ningunha relación laboral entre a empresa/institución e o/a estudante; ambas as partes están suxeitas a un convenio de cooperación educativa. Poderán realizarse en calquera mes do ano (incluídos os de verán) dentro do horario laboral da entidade colaboradora, sen que en ningún caso poidan superarse as 8 horas diarias e as 40 semanais. Terán unha duración mínima de 120 horas e máxima de 500 horas.

Modalidades

Empresas / institucións

Requisitos para solicitar estudantes en prácticas

  1. Estar legalmente constituídas e ó corrente dos pagamentos fiscais.
  2. Ter asinado un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Hai dúas opcións:
    a. Firmar un convenio propio coa USC. Teñen a obriga de facelo: 
        - as entidades con domicilio fiscal fóra de Galicia;
        - as fundacións, asociacións, sindicatos e entidades sen ánimo de lucro;
        - as entidades que así o desexen.
           pdf proposta de convenio 
           pdf borrador de convenio 

    b. Acollerse a algún dos convenios marco xa asinados pola USC:
        -Convenio coa Confederación de Empresarios de Galicia (pdf Convenio CEG): para empresas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia;
        -Convenio coa Xunta de Galicia (pdf Convenio Xunta): para os órganos, dependencias ou organismos autónomos integrados dentro da administración da Xunta de Galicia;
        -Convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (pdf Convenio FEGAMP):  para os concellos, deputacións (e entes dependentes) da Comunidade Autónoma de Galicia;
        - Convenio co Colexio Nacional de Ópticos-Optometristas- 6ª delegación (pdf Convenio Colexio Opticos): para as ópticas galegas;
        - Encomenda de xestión ao Consello Social das prácticas que se ofertan na USC (pdf Convenio USC): para os centros e servizos da USC.
  1. Oferta de prácticas co plan de traballo: (ver a ópcion cómo solicitar as prácticas)
    A empresa ou institución concretará a súa oferta de colaboración especificando
    1. Titulacións ás que ofrecen as prácticas
    2. Contido das prácticas (adaptado a cada titulación)
    3. Período de prácticas
    4. Número de horas previsto (mínimo 120 horas e máximo de 500 horas)
  2. Candidatos:
    O Consello Social remitirá a proposta dun candidato para cada oferta.
    Unha vez que o estudante manteña unha entrevista cos responsables da empresa ou institución para determinar as condicións das prácticas, ámbalas dúas partes comunicarán ao Consello Social a súa decisión nun prazo máximo de 1 semán.
  3. Concerto de colaboración:
    É o documento que legaliza a práctica. Debe presentarse no Consello Social, cuberto en todos os seus apartados, asinado e cuñado, antes da data prevista para o comezo da actividade.
    pdf concierto colaboración CEG 
    pdf concierto colaboración institución castelán 
    pdf concerto colaboración institución galego 
  4. Compromisos das empresas e institucións:
    1. O contido das prácticas axustarase á titulación solicitada e velará pola formación práctica do/A estudante;
    2. O titor asignado supervisará o traballo do alumnado e fará o seguimento da asistencia e do horario fixados;
    3. A empresa comunicará ao Consello Social cantas incidencias ou cuestións estime pertinentes;
    4. A empresa remitirá o concerto de colaboración debidamente cuberto;
    5. Ao remate das prácticas expedirá unha certificación coa seguinte información:
      1. Datos identificativos do estudante
      2. Período e número de horas da práctica
      3. Tarefas desenvoltas
      4. Grao de satisfacción
      5. Sinatura e carimbo da empresa
  5. A empresa poderá propoñer un estudante determinado, sempre que non teña parentesco coas persoas que exercen a dirección da entidade (ata o 4º grao de consanguinidade ou 2º de afinidade) ou teñan unha participación na empresa superior ao 15%.

Prazo para solicitar alumnos en prácticas

Está aberto todo o ano. Na modalidade de adxudicación directa hai que ter en conta as seguintes cuestións:

  • Se xa houbese un convenio asinado entre a USC e a empresa/institución, debe presentarse a solicitude cunha antelación minima de 1 mes ao inicio do período de prácticas
  • Se hai que formalizar un convenio entre a USC e a empresa/institución,  debe presentarse a documentación cunha antelación minima de 1 mes ao inicio do período de prácticas
  • Non poderán comezar a prácticas os/as alumnos/as sen a autorización por escrito do Consello Social

Cómo solicitar as prácticas

Enderezos de interese

Consello Social
Casa da Concha - rúa da Conga, 1
15782 Santiago de Compostela
Tel:  881 813 458 / 881 812 904 / 881 812 905 / 881 812 906
Fax:  881 812 915
Correo-e: practicas.csocial@usc.es

Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

Rúa do Vilar, 54
15705 Santiago de Compostela
Tlfno: 981 555 888
Fax:   981 555 882
Correo-e: administracion@ceg.es
Web: www.ceg.es