Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Reitoría

Reitoría

Para referenciar esta páxina empregue o enderezo:  http://www.usc.es/reitoria

Fotografía de Juan J. Casares Long

Reitor
Sr. don Juan J. Casares Long
Correo electrónico: reitor@usc.es

 

Licenciado en Química pola USC en 1972. Doutorouse en Química pola Universidade Autónoma de Barcelona e en Enxeñaría Química pola Universidade de Salford (Inglaterra). Logo de traballar a principios dos 80 na Universidade do Petróleo e Minerais de Arabia Saudí, volveu á USC como Profesor Titular. Foi Catedrático de Enxeñaría Química das universidades de Sevilla e Cantabria, técnico superior de ENDESA (1989 a 1992), director do Centro de Supercomputación de Galicia (1993 a 1997), e dirixiu o Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia (1997-2001). Actualmente é Catedrático de Enxeñaría Química na USC dende 1992.
 

Descrición

O reitor magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, D. Juan J. Casares Long , é a máxima autoridade académica e ostenta a representación desta. Exerce a dirección, goberno e xestión da universidade, desenvolve as liñas de actuación aprobadas polos órganos colexiados (Consello Social, Consello de Goberno, Claustro Universitario), e executa os seus acordos. Para o desenvolvemento destas funcións é asistido polo Consello de Dirección no que están presentes os vicerreitores, a secretaria xeral e o xerente.