Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Reitoría  »  Currículum Vitae do Reitor

Juan José Casares Long

Fotografía de Juan José Casares Long

Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela en 1972, Casares doutorouse en Química pola Universidade Autónoma de Barcelona e en Enxeñaría Química pola Universidade de Salford. Logo de traballar a mediados dos 80 na Universidade do Petróleo e Minerais de Arabia Saudí, volveu á USC como profesor titular.

Catedrático das Universidades de Sevilla e Cantabria, o profesor Casares traballou no deseño, desenvolvemento e xestión do Centro de Supercomputación de Galicia, do que foi director entre 1993 e 1997, e na posta en marcha da Rede de Comunicacións de Banda Ancha da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA). Ademais, dirixiu o Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia (1997-2001) e promoveu e impulsou o Servizo de Observación e Predición Meteorolóxica de Galicia ( MeteoGalicia).