Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Secretaría Xeral

Secretaría Xeral

Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/secxeral

Fotografía de Lourdes Noya Ferreiro

Secretaria Xeral
Sra. Dona Lourdes Noya Ferreiro
Correo electrónico: sec.xeral@usc.es

 

Profesora Titular de Universidade dende o ano 2000. Licenciada (1983) e Doutora (1997) en Dereito pola USC. É especialista en Dereito Procesual. Membro do Instituto Alonso Martínez de Xustiza e Litigación da Universidade Carlos III de Madrid. Colabora coa Academia Galega de Seguridade Pública. Ata a súa incorporación como profesora á área de Dereito Procesual da USC en 1992, exerceu como xuíz en provisión temporal nos Xulgados de Primeira Instancia e Instrucción de Caldas de Reis (Pontevedra) e Noia (A Coruña). 

 

Enderezo

Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n.
15782.Santiago de Compostela
Teléfono: 881 811 009 / 881 811 000 ext. 11009
Fax: 881 811 209
Correo electrónico: sec.xeral@usc.es

 

Descrición

A Secretaria Xeral exerce a secretaría do Claustro Universitario, e do Consello de Goberno; difunde e da fe de todos os actos e acordos dos órganos colexiados de representación, goberno e administración xerais da Universidade, agás do Consello Social. Ademais ten como funcións: a dirección do Servizo de Xestión Académica, da Oficina de Análise de Reclamacións, da parte administrativa do Arquivo Universitario, do Rexistro Xeral, da Asesoría Xurídica da Universidade e do Servizo de Normalización Lingüística. Así mesmo correspóndelle a custodia e recolección das actas de cualificación dos estudantes e é responsable da xestión electoral, en coordinación coa Comisión Electoral Central da Universidade.

A secretaria xeral é membro nato do Consello Social e preside a Comisión de Normalización Lingüística do Claustro Universitario.

O secretario xeral adxunto auxilia á secretaria xeral no seu labor de goberno universitario.