A Universidade de Santiago de Compostela apostou dende hai anos, pola calidade como mellor instrumento para o avance. Así aparece reflectido no marco global de traballo da década 2000-2010: o Plano Estratéxico da USC: “...para a USC...debe presentarse como obxectivo prioritario para os próximos anos o da calidade...” (Plano Estratéxico, páx. 65)
Froito desa liña de traballo son os Plans de Calidade elaborados nesta Universidade e é un deles, o Plan de Calidade dos Servizos, o que vai establecer as liñas da política de calidade dos Servizos implicados na implantación do Sistema de Xestión de Calidade segundo a Norma UNE-EN ISO 9001.
Os procedementos do Servizo de Xestión Académica e da Oficina de Análise de Reclamacións están certificados conforme a norma de calidade ISO 9001: 2000 dende hai varios anos e teñen como obxectivo prioritario a
mellora continua dos seus servizos tendo como referente o usuario, satisfacendo as súas expectativas.
A carta de servizos supón un avance no compromiso público coa calidade dos servizos académicos que a USC presta aos seus alumnos e alumnas.
Carta de Servizos [pdf - 1,13Mb][Actualizado: 27/02/2009]