BOLETÍN INFORMATIVO E DE COMUNICACIÓN DA U.S.C.
ANO II ● XOVES 14 DE MAIO DE 2009 ● NÚMERO 7
ACORDOS DO CONSELLO DE GOBERNO
DISPOSICIONS XERAIS
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre modificación do Regulamento dos estudos de Terceiro Ciclo.
Acórdase aprobar a corrección dos erros mecanográficos existentes no Regulamento de Terceiro Ciclo.
O texto corrixido figura en:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/reguladoutoramento3c.pdf
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre o acordo para a extinción dos plans de estudio actuais pola implantación do grao.
Acórdase tornar o acordo establecido, para a extinción dos plans de estudo actuais pola implantación do Grao, nos termos que se establecen.
ACORDO PARA EXTINCIÓN DOS PLANES DE ESTUDO ACTUAIS POLA IMPLANTACIÓN DO GRAO
A Disposición Adicional Primeira do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas oficiais, sinala na alínea 1 que
“a implantación polas universidades dos planos de estudos conducentes á obtención dos títulos previstos por este RD, poderá realizarse de xeito simultáneo, para un ou varios cursos, ou de xeito progresivo de acordo coa temporalidade prevista no correspondente plano de estudos”. Asemade, na línea 2 di que
“No curso académico 2010/2011 non poderán ofertarse prazas de novo ingreso no primeiro curso para as actuais titulacións: licenciaturas, diplomaturas, enxeñarías, arquitecturas, arquitecturas técnicas e enxeñarías técnicas”.
Doutra banda, a Disposición Adicional Segunda do devandito RD establece que "
Os alumnos que teñan comezado estudos consonte a anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ás ensinanzas reguladas neste Real Decreto, previa admisión da universidade correspondente, de acordo co establecido neste RD e na normativa da propia universidade". Asemade, no Procedemento de verificación que establece o Anexo II do RD 1393/2007 establécese no seu punto 10.2 que na memoria do plano de estudos deberá indicarse o procedemento de adaptación que deberán aplicarse ao alumnado, de ser o caso, dos estudos existentes aos novos graos.
Finalmente, a Disposición Transitoria Segunda do devandito RD sinala que:
“aos estudantes que na data de entrada en vigor deste Real Decreto tivesen iniciado estudos universitarios oficiais consonte a anteriores ordenacións seralles de aplicación as disposicións reguladoras polas que tivesen iniciado os estudos, sen prexuízo do establecido na disposición adicional segunda deste RD, ata o 30 de setembro do 2015,no que quedarán definitivamente extinguidas”.
Ao abeiro desta normativa e do art. 11.2.3 do RD 1497/1987, do 27 de novembro, polo que se establecen as directrices xerais comúns dos planos de estudo no que se indica que
“… os planos de estudos, agás casos excepcionais apreciados pola correspondente universidade, extinguiranse temporalmente curso a curso. Unha vez extinguido cada curso, efectuaranse catro convocatorias de exame nos dous cursos académicos seguintes”.
Por todo ilo, e en consonancia coa normativa que é de aplicación, é necesario aprobar a normativa que regule a extinción das actuais titulacións, polo que O CONSELLO DE GOBERNO NA SÚA REUNIÓN DO 14 de MAIO DE 2009
ACORDA
Primeiro.- Ámbito de aplicación: estas normas son de aplicación aos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que están a cursar titulacións de carácter oficial que se extinguen como consecuencia da implantación dunha titulación universitaria oficial de Grao que as substitúe.
Segundo.- Procedemento de extinción dos planos de estudo: As actuais titulacións reguladas consonte ao RD 1497/1987, do 27 de novembro, extinguiranse curso a curso a partir do ano académico no que se implante a respectiva titulación de Grao.
Terceiro.- Tendo en conta a estruturación das actuais titulacións de Licenciatura, Enxeñaría, Enxeñarías Técnicas e Diplomaturas, nas que as materias poden estra vinculadas a un curso, a un ciclo ou á titulación, o procedemento de extinción das materias será o que a seguir se indica:
- Terán a consideración de materias pertencentes a un curso as materias que na resolución pola que se aproba o plano de estudos figuren adscritas a un dos cursos académicos nos que se organiza a titulación.
- Cando as materias (troncais, obrigatorias e optativas) non figuren vinculadas a un curso terán esta consideración, aos efectos de extinción, aquelas materias que na oferta de estudos estaban vinculadas de xeito orientativo a un curso académico e que de acordo coa Resolución reitoral pola que se aprobaron os planos de estudo, o punto 1.4 de Estrutura xeral do plano de estudos e a distribución dos créditos por curso que figura en cada un dos planos de estudo e a recomendación temporal para cursalas establecida na oferta de estudos terase en conta este criterio para a súa extinción (código curso). No caso das materias de primeiro curso, tendo en conta a oferta pechada das materias nas que se poden matricular os estudantes que comezan estudos por primeira vez, extinguiranse todas as materias que se ofertaron con docencia no último curso académico.
Cuarto.- Os estudantes matriculados en materias dos planos de estudo en extinción terán dereito a catro convocatorias de exame consecutivas (dúas por cada matrícula) contadas a partir da data de extinción oficial do curso correspondente, que coincidirá cos dous cursos consecutivos ao de implantación do novo plano de estudos, con independencia das convocatorias que o alumno tivese esgotado. A estes efectos, terán a consideración de convocatorias as establecidas na normativa vixente para as materias cuadrimestrais e anuais.
Quinto.- Durante o proceso de extinción do plano de estudos os estudantes terán dereito aos exames e ás titorías correspondentes nas materias sen docencia pero con dereito a exame.
Sexto.- Iniciado o proceso de extinción dunha titulación non poderá admitirse matrícula dos estudantes de novo ingreso para iniciar as ensinanzas neste título. Só se admitirá a matrícula nas ensinanzas en proceso de extinción aos estudantes con traslado de expediente doutras universidades cando as materias nas que pretendan formalizar matrícula teñan docencia por non terse extinguido o curso, ou estivesen no período transitorio de dous anos seguintes á extinción do curso” (materias sen docencia, só con dereito a exame).
Sétimo.- No caso de estudantes matriculados nun título en proceso de extinción aos que lles faltasen por superar materia/s que estivesen completamente extinguidas, de xeito que non puidesen obter o título oficial correspondente, non poderán continuar matriculados nesa titulación e deberán adaptarse ás novas ensinanzas de grao para poder matricularse.
Oitavo.- A matrícula no Grao será irreversible, de tal xeito que os estudantes non poderán reincorporarse a plans de estudo en extinción. Os estudantes tampouco poderán matricularse simultaneamente nunha titulación en extinción e no título de Grao que a substitúe.
Noveno.- Extinción dos Complementos de formación
- TITULACIÓNS DE SÓ SEGUNDO CICLO: Segundo a Resolución do 16 de xullo de 2008 da Dirección Xeral de Universidades a extinción das titulacións de só segundo ciclo comezará no curso académico 2013/2014; polo tanto para estas titulacións a extinción dos complementos de formación comezará no devandito curso.
- TITULACIÓNS DE PRIMEIRO E SEGUNDO CICLO: nas titulacións de primeiro e segundo ciclo que teñen aprobadas Ordes que regulan os complementos de formación que deben realizar os estudantes non se admitirán alumnos novos para matricularse nos segundos ciclos cando os complementos de formación se oferten incluídos en materias do primeiro ciclo para o que xa comezou a extinción do curso e/ou materia consonte ao que se determina nos puntos sexto e sétimo deste acordo. No ANEXO inclúense as titulacións ás que lles é de aplicación este artigo.
Décimo.- Os prezos públicos correspondentes á matrícula nas materias en proceso de extinción (sen dereito a docencia) serán os que estableza o correspondente decreto de prezos públicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
No caso dos estudantes que cambien aos estudos de Grao desde unha titulación regulada polo RD 1497/87, ao tratarse dun cambio de plano de estudos, non se terán en conta o número de convocatorias esgotadas na titulación de orixe e se rexerán a todos os efectos pola nova regulamentación, incluído os prezos de matrícula, que terán a consideración de matrícula de primeiro por primeira vez, na titulación adaptada ao EEES.
ANEXO – INSTRUCIÓN EXTINCIÓN PLANS ESTUDOS
MATERIA INCLUINTE |
COMPLEMENTO (INCLUIDA) |
1º CURSO SEN DOCENCIA E SÓ CON DEREITO A EXAME |
161-LICENCIATURA EN ADE-SANTIAGO |
161303 Macroeconomía |
161802 Macroeconomía |
2011-2012 |
161206 Microeconomía |
161803 Microeconomía |
2010-2011 |
161204 Fundamentos de Comercialización |
161801 Economía e Dirección de Empresas |
2010-2011 |
961-LICENCIATURA EN ADE-LUGO(1) |
971203 Organización e Administración de Empresas |
961801 Economía da Empresa |
2010-2011 |
971313 Macroeconomía |
961802 Macroeconomía |
2011-2012 |
971214 Microeconomía |
961803 Microeconomía |
2010-2011 |
501-LICENCIATURA EN BIOLOXÍA |
501102 Botánica |
501802 Botánica |
2009-2010 |
501103 Citoloxía e Histoloxía Vexetal e Animal |
501803 Citoloxía e Histoloxía Vexetal e Animal |
2009-2010 |
501302 Fisioloxía Animal |
501804 Fisioloxía Animal |
2011-2012 |
501303 Fisioloxía Vexetal |
501805 Fisioloxía Vexetal |
2011-2012 |
501204 Zooloxía |
501808 Zooloxía |
2010-2011 |
210-LICENCIATURA EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL |
210109 Comunicación e Información Audiovisual |
210801 Comunicación e Información Audiovisual |
2009-2010 |
210108 Teoría da Comunicación e Teoría da Información |
210802 Teoría da Comunicación e Teoría da Información |
2009-2010 |
210106 Lingua Española |
210803 Lingua Española |
2009-2010 |
210107 Lingua Galega |
210804 Lingua Galega |
2009-2010 |
621-LICENCIATURA EN FILOLOXÍA CLÁSICA(2) |
621101 Lingua Grega e a súa Literatura I |
621801 Lingua Grega e a súa Literatura I |
2009-2010 |
621106 Lingua Latina e a súa Literatura I |
621803 Lingua Latina e a súa Literatura I |
2009-2010 |
621202 Lingua Grega e a súa Literatura II |
621802 Lingua Grega e a súa Literatura II |
2010-2011 |
621203 Lingua Latina e a súa Literatura II |
621804 Lingua Latina e a súa Literatura II |
2010-2011 |
661-LICENCIATURA EN FILOLOXÍA ESPAÑOLA(2) |
521223 Segunda/Terceira Lingua: Español |
521223 Segunda/Terceira Lingua: Español |
2010-2011 |
521235 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Española |
521235 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Española |
2010-2011 |
521323 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Español |
521323 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Español |
2011-2012 |
521359 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Española |
521359 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Española |
2011-2012 |
461-LICENCIATURA EN FILOLOXÍA ESPAÑOLA - LUGO |
461101 Introdución á Historia da Literatura Española |
461101 Introdución á Historia da Literatura Española |
2009-2010 |
461105 Lingua Española I |
461803 Lingua Española I |
2009-2010 |
461202 Lingua Española II |
461804 Lingua Española II |
2010-2011 |
651-LICENCIATURA EN FILOLOXÍA GALEGA(2) |
661225 Segunda/Terceira Lingua: Galego |
661225 Segunda/Terceira Lingua: Galego |
2010-2011 |
661237 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Galega |
661237 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Galega |
2010-2011 |
661325 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Galego |
661325 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Galego |
2011-2012 |
661361 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Galega |
661361 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Galega |
2011-2012 |
671-LICENCIATURA EN FILOLOXÍA INGLESA(2) |
661227 Segunda/Terceira Lingua: Inglés |
661227 Segunda/Terceira Lingua: Inglés |
2010-2011 |
661239 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Inglesa |
661239 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Inglesa |
2010-2011 |
661327 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Inglés |
661327 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Inglés |
2011-2012 |
661363 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Inglesa |
661363 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Inglesa |
2011-2012 |
521-LICENCIATURA EN FILOLOXÍA ALEMANA(2) |
661221 Segunda/Terceira Lingua: Alemán |
661221 Segunda/Terceira Lingua: Alemán |
2010-2011 |
661233 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Alemán |
661233 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Alemán |
2010-2011 |
661321 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Alemán |
661321 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Alemán |
2011-2012 |
661357 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Alemán |
661357 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Alemán |
2011-2012 |
641-LICENCIATURA EN FILOLOXÍA FRANCESA(2) |
661224 Segunda/Tercera Lengua: Francés |
661224 Segunda/Tercera Lengua: Francés |
2010-2011 |
661236 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa |
661236 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa |
2010-2011 |
661324 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Francés |
661324 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Francés |
2011-2012 |
661360 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Francesa |
661360 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Francesa |
2011-2012 |
681-LICENCIATURA EN FILOLOXÍA ITALIANA(2) |
661228 Segunda/Terceira Lingua: Italiano |
661228 Segunda/Terceira Lingua: Italiano |
2010-2011 |
661240 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Italiana |
661240 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Italiana |
2010-2011 |
661328 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Italiano |
661328 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Italiano |
2011-2012 |
661364 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Italiana |
661364 Literatura da Segunda/Terceira Lingua II: Italiana |
2011-2012 |
701-LICENCIATURA EN FILOLOXÍA ROMÁNICA(2) |
521223 Segunda/Terceira Lingua: Español |
521223 Segunda/Terceira Lingua: Español |
2010-2011 |
521235 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Española |
521235 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Española |
2010-2011 |
661224 Segunda/Tercera Lengua: Francés |
661224 Segunda/Tercera Lengua: Francés |
2010-2011 |
661225 Segunda/Terceira Lingua: Galego |
661225 Segunda/Terceira Lingua: Galego |
2010-2011 |
661228 Segunda/Terceira Lingua: Italiano |
661228 Segunda/Terceira Lingua: Italiano |
2010-2011 |
661231 Segunda/Terceira Lingua: Portugués |
661231 Segunda/Terceira Lingua: Portugués |
2010-2011 |
661236 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa |
661236 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa |
2010-2011 |
661237 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Galega |
661237 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Galega |
2010-2011 |
661240 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Italiana |
661240 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Italiana |
2010-2011 |
661243 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Portuguesa |
661243 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Portuguesa |
2010-2011 |
691-LICENCIATURA EN FILOLOXÍA PORTUGUESA(2) |
661231 Segunda/Terceira Lingua: Portugués |
661231 Segunda/Terceira Lingua: Portugués |
2010-2011 |
661243 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Portuguesa |
661243 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Portuguesa |
2010-2011 |
661331 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Portugués |
661331 Ampliación da Segunda/Terceira Lingua: Portugués |
2011-2012 |
661367 Literatura da Segunda/terceira Lingua II: Portuguesa |
661367 Literatura da Segunda/terceira Lingua II: Portuguesa |
2011-2012 |
981-LICENCIATURA EN PEDAGOXÍA |
981101 Antropoloxía da Educación |
981801 Antropoloxía da Educación |
2009-2010 |
981102 Bases Metodolóxicas da Investigación Educativa |
981802 Bases Metodolóxicas da Investigación Educativa |
2009-2010 |
981202 Organización e Xestión de Centros Educativos |
981803 Organización e Xestión de Centros Educativos
981807 Organización e Xestión de Centros Educativos |
2010-2011 |
981804 Procesos Psicolóxicos Básicos |
981804 Procesos Psicolóxicos Básicos (*) |
2011-2012 |
071-LICENCIATURA EN XORNALISMO |
071104 Lingua Española |
071801 Lingua Española |
2009-2010 |
071105 Lingua Galega |
071802 Lingua Galega |
2009-2010 |
071201 Métodos de Investigación |
071803 Métodos de Investigación |
2010-2011 |
071107 Comunicación e Información Escrita |
071804 Comunicación e Información Escrita |
2009-2010 |
071109 Teorías da Comunicación |
071805 Teorías da Comunicación |
2009-2010 |
901-LICENCIATURA EN QUÍMICA |
901102 Enxeñaría Química I |
901102 Enxeñaría Química I |
2009-2010 |
901201 Enxeñaría Química II |
901201 Enxeñaría Química II |
2010-2011 |
901301 Bioquímica I |
901301 Bioquímica I |
2011-2012 |
901302 Bioquímica II |
901302 Bioquímica II |
2011-2012 |
901101 Enlace Químico e Estrutura da Materia |
901803 Enlace Químico e Estrutura da Materia |
2009-2010 |
901205 Química Inorgánica II |
901205 Química Inorgánica II |
2010-2011 |
901304 Técnicas Experimentais en Química Analítica |
901807 Técnicas Experimentais en Química Analítica
901808 Técnicas Experimentais en Química Analítica |
2011-2012 |
901207 Técnicas Experimentais en Química Física |
901207 Técnicas Experimentais en Química Física |
2010-2011 |
191-LICENCIATURA EN ECONOMÍA |
161303 Macroeconomía |
191802 Macroeconomía |
2011-2012 |
161206 Microeconomía |
191803 Microeconomía |
2010-2011 |
- |
191801 Historia Económica(*) |
2011-2012 |
061-LICENCIATURA EN CIENCIAS POLÍTICAS |
061101 Ciencia Política I |
061801 Ciencia Política I |
2008-2009 |
061203 Relacións Internacionais I |
061802 Relacións Internacionais I |
2009-2010 |
061102 Dereito Constitucional I |
061803 Dereito Constitucional I |
2008-2009 |
061104 Historia Política Contemporánea |
061804 Historia Política e Social Contemporánea |
2008-2009 |
061105 Socioloxia Xeral |
061505 Socioloxia Xeral |
2008-2009 |
061201 Métodos e Técnicas de Investigación Social I |
061806 Métodos e Técnicas de Investigación Social I |
2009-2010 |
061202 Métodos e Técnicas de Investigación Social II |
061808 Métodos e Técnicas de Investigación Social II |
2009-2010 |
091-LICENCIATURA EN MATEMÁTICAS |
091302 Elementos de Variable Complexa |
091302 Elementos de Variable Complexa |
2010-2011 |
091312 Métodos Numéricos |
091312 Métodos Numéricos |
2010-2011 |
091206 Xeometría Afín e Proxectiva |
091801 Xeometría Afín e Proxectiva |
2009-2010 |
091314 Teoría Global de Superficies |
091803 Teoría Global de Superficies |
2010-2011 |
| (1) |
Os complementos do segundo ciclo de ADE (campus de Lugo) cúrsanse dentro da Diplomatura en Ciencias Empresariais. |
| (2) |
Os complementos das diferentes LICENCIATURA ENs en Filoloxía aparecen en inclusións primarias dunha delas. |
| (*) |
Complementos de formación non incluídos en materias da titulación. |
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre creación da Comisión xeral de validacións e recoñecemento da USC.
CREACIÓN DA COMISIÓN XERAL DE VALIDACIÓNS E RECOÑECEMENTOS DA USC
O artigo 129 dos Estatutos da USC establece que o Consello de Goberno elaborará unha normativa para a resolución das adaptacións e validacións de estudos cursados en centros españois ou estranxeiros, para os efectos de continuación de estudos, de acordo cos criterios xerais do Consello de Coordinación Universitaria e que cada centro nomeará unha Comisión de Validación que emitirá un informe sobre as solicitudes.
O Consello de Goberno do 14 de marzo de 2008 aprobou a Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ao espazo europeo de educación superior (EEES). O novo sistema de recoñecemento supón un importante cambio con respecto ao sistema anterior de validación xa que agora o elemento fundamental non é a equivalencia de contidos entre as materias, senón que se trata de discernir que o alumno que accede a unha nova universidade vexa recoñecidas as competencias adquiridas na universidade de orixe.
Así mesmo para as titulacións non adaptadas ao espazo europeo se aprobou polo Consello de Goberno de 24 de abril de 2006, un Protocolo para a regulación das validacións e adaptacións no que se pretendía a mellora do proceso e a redución de tempos de resposta.
Por último a regulación das condicións de homologación de estudios estranxeiros de educación superior se ben se realizou mediante o Real Decreto 285/2004, de 20 de febreiro, foi modificado polo Real Decreto 309/2005, de 18 de marzo, que alterou aspectos esenciais do anterior Real Decreto, en especial a homologación de estudios de posgrao, outorgando as universidades a competencia para a homologación dos títulos estranxeiros de Máster e de Doutoramento.
Deste xeito se fai necesaria a creación dunha Comisión Xeral de validacións que sexa a encargada, previos os informes que corresponda, de estudar as solicitudes de homologación de títulos estranxeiros, así como que estableza os criterios de actuación, garanta a unidade de criterio, resolva as incidencias e vele pola resolución rápida dos procedementos de validación.
Esta comisión terá plenas competencias en materia de recoñecemento e validación ou equivalencia de titulacións estranxeiras e será unha segunda instancia para as validacións e recoñecementos que sexan competencia dos centros, así como establecer as directrices e coordinación xeral desta materia para toda a USC.
Por todo o anterior
ACÓRDASE:
PRIMEIRO.
Comisión Xeral de Validacións e Recoñecementos
Crease a Comisión Xeral de Validacións e Recoñecementos da USC que estará composta por:
- O vicerreitor de Oferta Docente e EEES ou persoa en que delegue que a presidirá
- O/A vicerreitora adxunta de Oferta e Xestión Académica
- A secretaria xeral ou persoa na que delegue
- Vinte profesores, catro por cada gran área de coñecemento, asegurando a representación dos dous campus e que deberán ser nomeados polo Consello de Goberno.
- Un funcionario/a do Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica que actuará de Secretario
- Un funcionario/a do Servizo de Xestión Académica
- Un funcionario/a da Oficina de Análise de Reclamacións
- Dous estudantes representantes do Consello de Goberno
A Comisión poderá funcionar en pleno ou en subcomisións segundo a distribución de asuntos que se aprobe nun Regulamento de Réxime Interno que deberá ser ratificado polo Consello de Goberno.
SEGUNDO.
Competencias
Son competencias da Comisión as seguintes:
- Emitir informe sobre as solicitudes de homologación de titulacións estranxeiras que corresponda resolver a USC.
- Emitir informe sobre a solicitude de equivalencia de titulacións estranxeiras para acceso a estudios.
- Realizar instrucións e establecer criterios comúns para todos os centros en materia de validacións e recoñecementos.
- Vixilancia no cumprimento das normas en materia de validacións, adaptacións, recoñecementos e transferencia de estudios.
- Informe sobre as impugnacións contra as resolucións ditadas en materia de validacións, adaptacións, recoñecementos e transferencia de estudios.
- Aprobación e modificación de táboas de recoñecemento, validación ou adaptación de estudios, que poderán ser aplicadas de xeito directo polas unidades de xestión.
- Promover sistemas automatizados de validación e recoñecemento.
- Elevar propostas de mellora
- Emitir informe sobre normativas nestas materias.
TERCEIRO.
Réxime de reunións e Acordos
A Comisión reunirase ordinariamente unha vez ao mes para a resolución dos asuntos encomendados ou nos períodos que estime o Presidente en función dos asuntos pendentes.
Con carácter previo e para cada expediente deberá existir un informe para cada asunto que será obxecto de debate. Corresponderá a un ou varios membros da comisión, en función da materia e dos acordos internos de reparto de asuntos, facer a proposta de informe para cada caso.
Corresponderá ao Servizo de Xestión Académica a tramitación previa dos asuntos e ditar calquera acto de trámite previo para que a Comisión poda dispoñer da información de acordo coas normas de cada procedemento establecidas pola USC. Así mesmo corresponderá á OAR a tramitación previa, emisión de informes e propostas de resolución das impugnacións contra as decisións ditadas en primeira instancia sobre validacións, adaptacións, recoñecementos e transferencia de créditos e outros de xestión académica tramitados pola Oficina de Análise de Reclamacións
Para a válida constitución da comisión deberá estar presente, en primeira convocatoria, a metade dos membros que a compoñen e o Presidente e o Secretario ou quen faga as súas veces. En segunda convocatoria será válida a constitución cun terzo dos membros incluído o Presidente ou Secretario ou quen faga as súas veces.
En calquera momento de tramitación dun asunto o Presidente poderá solicitar cantos informes técnicos ou información lle sexa requirida aos servizos, unidades ou membros da Comunidade Universitaria, que deberán emitila no prazo de dez días.
CUARTO.-
Efectos
Os informes emitidos serán preceptivos e non vinculantes para o órgano que resolva o expediente. As instrucións serán vinculantes para os membros da comunidade universitaria. Os acordos adoptados esgotarán a vía administrativa e contra eles poderase presentar recurso contencioso- administrativo.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre o Sistema de garantía interna de calidade.
Acórdase aprobar o Sistema de Garantía de Calidade da USC. A documentación pode consultarse na páxina web:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/consellogoberno/descargas/2009acg/090514acg/08sistemagarantiainternacalidadedoc.pdf
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre Interrupción cómputo do tempo dos contratos de P. Colaborador.
A Comunidade Autónoma de Galicia regula o réxime de contratación da figura de profesor colaborador a través do Decreto 266/2002, do 6 de setembro, de contratación de profesorado universitario. Este Decreto establece para esta figura un contrato inicial por un período máximo de catro anos, podendo prorrogarse por outros catro anos máis, tralo informe favorable dun órgano de avaliación competente. A lexislación vixente en materia laboral esixe que as administracións públicas faciliten a “conciliación da vida persoal, familiar e laboral, sen menoscabo da promoción profesional”. A Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de homes e mulleres, recolle no seu articulado unha especial protección á maternidade. Neste sentido, a LOU, cando regula as figuras de axudante e profesor axudante doutor (art. 49 e 50), interrompe o cómputo dos períodos máximos de contratación en determinadas situacións protexidas polo sistema de Seguridade Social. É por isto, que o Consello de Goberno, na súa sesión de 14 de maio de 2009,
ACORDA:
ÚNICO.- As situacións de incapacidade temporal, maternidade e adopción ou acollemento durante o período de duración do contrato de profesor colaborador, interromperán o seu cómputo, aos efectos de contabilizar o período inicial de 4 anos, así como a prórroga doutros 4 anos máis.
OUTROS ACORDOS
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre substitucións de membros das Comisións do Consello de Goberno.
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Organización Académica e Profesorado:
- Don Juan M. Viaño Rey cubre a vacante deixada por dona Mª Dolores Domínguez Santos ao cesar como vicerreitora de Profesorado e Organización Académica. O reitor delegará en el a presidencia da Comisión.
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Investigación:
- Don Jesús A. Casabiell Pintos cubre a vacante deixada por D. Agustín Merino García ao cesar como vicerreitor Adxunto de Investigación e Proxección Exterior.
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Asuntos Económicos:
- Don Carlos Herrero Latorre cubre a vacante deixada por don Xoan Carlos Carreira Pérez ao cesar como vicerreitor de Infraestruturas.
- Dona Marta Miranda Castañón cubre a vacante deixada por dona Celia Besteiro Rodríguez ao cesar como vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos.
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Actividades Culturais e Deportivas:
- Dona Elvira Fidalgo Francisco cubre a vacante deixada por don Elías J. Torres Feijó ao cesar como vicerreitor de Cultura. O reitor delegará nela a presidencia da Comisión.
- Dona Isabel Suárez Gimeno cubre a vacante deixada polo profesor don Juan M. Monterroso Montero, que estaba pendente de substitución.
OTRAS COMISIÓNS
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Calidade e Planificación:
- Don Juan M. Viaño Rey cubre a vacante deixada por dona Mª Dolores Domínguez Santos ao cesar como vicerreitora de Profesorado e Organización Académica.
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Estudos de Posgrao:
- Don Juan M. Viaño Rey cubre a vacante deixada por dona Mª Dolores Domínguez Santos ao cesar como vicerreitora de Profesorado e Organización Académica.
- Don Jesús A. Casabiell Pintos cubre a vacante deixada por D.Agustín Merino García ao deixar de ser vicerreitor Adxunto de Investigación e Proxección Exterior.
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Publicacións e Intercambio Científico:
- Dona Elvira Fidalgo Francisco cubre a vacante deixada por don Elías J. Torres Feijó ao cesar como vicerreitor de Cultura e presidente da comisión.
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Relacións Internacionais do Consello de Goberno:
- Don Agustín Merino García, vicerreitor de Política Internacional cubre a vacante deixada por don Lourenzo Fernández Prieto ao cesar como vicerreitor de Relacións Institucionais. O reitor delegará a presidencia no vicerreitor de Política Internacional.
- Don Jesús A. Casabiell Pintos cubre a vacante deixada por don Agustín Merino García como vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior.
- Don Miguel Alcaraz García cubre a vacante deixada polo profesor don Juan Manuel Monterroso Montero, que estaba pendente de substitución.
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Mecenado e Colaboración da USC:
- Dona Socorro Rodríguez Holguín substitúe a don Juan M. Viaño Rey como coordinador (presidente do Colexio de decanos).
- Don Carlos Herrero Latorre, vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, cubre a vacante deixada por don Lourenzo Fernández Prieto, vicerreitor de Relacións Institucionais.
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Revisión:
- Don Juan M. Viaño Rey cubre a vacante deixada por dona Mª Dolores Domínguez Santos ao cesar como vicerreitora de Profesorado e Organización Académica. (A presidencia está delegada no vicerreitor no DOG do 19 de setembro de 2007).
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Organización Académica e Profesorado:
- Don Juan M. Viaño Rey cubre a vacante deixada por dona Mª Dolores Domínguez Santos ao cesar como vicerreitora de Profesorado e Organización Académica. O reitor delegará en el a presidencia da Comisión.
Acórdase aprobar os seguintes cambios na Comisión de Actividades e Servizos de I+D:
- Don Jesús A. Casabiell Pintos cubre a vacante deixada por don Agustín Merino García ao cesar como vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior.
Acórdase aprobar os seguintes cambios no Comité de Seguridade e Saúde Laboral:
- Dona Dora Blanco Heras, cubre a vacante deixada por don Xoán Carlos Carreira Pérez.
- Don Carlos Herrero Latorre, cubre a vacante deixada por don Elías J. Torres Feijó ao cesar como vicerreitor de Cultura.
- Dona Marta Miranda Castañón, cubre a vacante deixada por dona Celia Besteiro Rodríguez ao cesar como vicerreitora Adxunta de Infraestruturas e Servizos.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre Composición da Comisión de Implantación e Seguimento do Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades.
Acórdase aprobar a composición da Comisión de Implantación e Seguimento do Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC:
- REPRESENTACIÓN DO EQUIPO DE GOBERNO
- Vicerreitor/a competente en materia de igualdade
- Vicerreitor/a competente en materia de economía
- Xerente
- Secretario/a Xeral
- Vicerreitor/a con competencias en investigación
- Vicerreitor/a con competencias en materia de profesorado e organización académica
- Vicerreitor/a de coordinación do Campus Lugo
- Vicerreitor/a adxunto/a en materia de infraestruturas e servizos
- REPRESENTACIÓN DO PDI
- Sabaté Planes, Dolores (CSI-CSIF)
- Rey Sanjurjo, Benjamín (UGT)
- Outeiriño Gallego, Xosé Manuel (CIG)
- Canay Pazos, Raúl (CCOO)
- REPRESENTACIÓN DO PAS
- Salteiro Leis, Fátima (CSI- CSIF)
- Pérez Carrillo Elena (UGT)
- Sesto Gontán, Lourdes (CIG)
- García del Río, Maribel (CCOO)
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre o Comité de avaliación da actividade docente.
Acórdase aprobar a composición do Comité de Avaliación da Actividade Docente:
ÁREA CIENCIAS DA SAÚDE |
|
NOME |
ÁREA DE COÑECEMENTO |
CATEGORÍA |
CAMPUS |
|
Peñalva Maqueda, Anxela |
Medicina |
Catedrática |
Santiago |
Presidenta |
Benedito Castellote, José Luís |
Patoloxía Animal |
Prof.Titular |
Lugo |
|
Fontenla Gil, José Ángel |
Farmacoloxía |
Prof.Titular |
Santiago |
|
ÁREA CIENCIAS EXPERIMENTAIS |
|
NOME |
ÁREA DE COÑECEMENTO |
CATEGORÍA |
CAMPUS |
|
Bastida de la Calle, Rufina |
Química Inorgánica |
Catedrática |
Santiago |
Presidenta |
Vila Abad, J. Manuel |
Química Inorgánica |
Catedrático |
Santiago |
|
Revilla Lopez, Gloria |
Fisioloxía Vexetal |
Titular |
Santiago |
|
ÁREA CIENCIAS XURÍDICO /SOCIAIS |
|
NOME |
ÁREA DE COÑECEMENTO |
CATEGORÍA |
CAMPUS |
|
Caride Gómez, Antonio |
Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social |
Catedrático |
Santiago |
Presidente |
Senra Rivera, Carmen |
Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía |
Titular |
Santiago |
|
Lirola Delgado, Isabel |
Dereito Público e Teoría do Estado |
Titular |
Santiago |
|
ÁREA ENSIÑANZAS TÉCNICAS |
|
NOME |
ÁREA DE COÑECEMENTO |
CATEGORÍA |
CAMPUS |
|
Rigueiro Rodríguez, Antonio |
Produción Vexetal |
Catedrático |
Lugo |
Presidente |
Carreira Nouche, M José |
Electrónica e Computación |
Titular |
Santiago |
|
Pereira Lorenzo, Santiago |
Produción Vexetal |
Titular |
Lugo |
|
ÁREA HUMANIDADES |
|
NOME |
ÁREA DE COÑECEMENTO |
CATEGORÍA |
CAMPUS |
|
Rey Castelao, Ofelia |
Historia Medieval e Moderna |
Catedrática |
Santiago |
Presidenta |
Montero Cartelle, Emilio |
Lingua Española |
Catedrático |
Santiago |
|
Fernández Pérez, Milagros |
Lingüística |
Catedrática |
Santiago |
|
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre nomeamentos de vacantes do Consello Científico e do Consello de Goberno do IBADER.
Acórdase aprobar os seguintes nomeamentos no IBADER:
- O nomeamento de don Carlos Álvarez López, como membro do Consello de Goberno do IBADER.
- O nomeamento de don Antonio Iglesias Becerra, como membro do Consello Científico do IBADER.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre prazas de PDI.
Acórdase aprobar a integración da praza, co informe favorable da COAP:
2157- Dep. Did. Lingua e a Lit. e das CC. Sociais – 195 Didact. Da Lingua e a Literatura – 1174 Titular de Universidade TC integrar no corpo de Prof. Titular de D00136.
Acórdase aprobar a creación e convocar as prazas e tamén as comisións de selección que se determinan, co informe favorable da COAP:
Acórdase aprobar os seguintes nomeamentos no IBADER:
- 2109- Dep. Economía Financ. e Cont.- 230- Economía Financeira e Contabilidade 1128 Profesor Axudante Doutor Lugo TC Profesor Axudante Doutor TC Contabilidade de Xestión (961512).
- 2109- Dep. Economía Financ. e Cont.- 230- Economía Financeira e Contabilidade 1129 Profesor Axudante Doutor Lugo TC Dirección Financeira (971303).
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre a complementos retributivos autonómicos.
Notificada pola ACSUG a relación de profesores da USC que foron avaliados positivamente en relación cos complementos de recoñecemento do labor docente e do labor investigador na convocatoria aprobada por resolución do 22 de xaneiro de 2009 (DOG do 9 de febreiro), acórdase propoñer ao Consello Social a asignación das anteditas retribucións adicionais aos profesores que figuran na relación establecida, con efectos do día 1 de xaneiro de 2009 e na contía que establece o Decreto 55/2004 do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, actualizada consonte ao establecido.
Asemade acórdase aprobar a modificación da asignación de retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión na convocatoria do ano 2008 (resolución de 11 de abril de 2008) ó abeiro do artigo 105 apartado 2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común, segundo notificación recibida da ACSUG con data 27 abril do 2009.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre proposta de asignación de complementos retributivos por méritos docentes.
Acórdase aprobar os complementos por méritos docentes ao profesorado laboral que se determina, co informe favorable da COAP.
Acórdase aprobar os complementos por mérito docente ao profesorado funcionario que se establece, co informe favorable da COAP.
Acórdase non admitir a trámite, polos motivos que se indican, os complementos por mérito docente do profesorado que se determina.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre a Resolución da convocatoria de sabáticos 2009-2010. Memorias de sabáticos 2007-2008.
Acórdase aprobar as memorias dos profesores con licenza por ano sabático concedidas para o curso 2007-2008. Sinálase que hai un profesor que pediu licenza pero non foi achegada a memoria polo que queda excluído da lista. Asemade dáse conta dun profesor que renunciou a licenza.
Acórdase aprobar as licenzas de ano sabático 2009/2010, co informe favorable da COAP.
A aprobación dunha solicitude queda condicionada á súa renuncia ou cese do cargo de directora de departamento. Outra solicitude queda condicionada ao informe do CHUS.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre comisións de Servizo.
Acórdase informar favorablemente a solicitude de prórroga da comisión de servizo que se sinala, departamento: Enxeñaría Agroforestal, corpo: Profesor Titular de Universidade; procedencia: Universidad de Extremadura; destino: Xestor da rede de Investigación en Información Xeográfica (REDIX).
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre a convocatoria de profesorado emérito.
Acórdase engadir a seguinte disposición adicional na Convocatoria de profesorado emérito 2009:
“
DISPOSICIÓN ADICIONAL.-
Ao profesorado contratado como profesor emérito ao abeiro da normativa de 2004 non se lles computará o tempo dos seus contratos respecto aos límites de contratación, podendo ser contratados de novo como profesores eméritos ao abeiro desta convocatoria ata o fin do curso académico no que cumpran a idade de 75 anos.
Deste xeito, os requisitos establecidos no apartado 1.a e 1.e desta convocatoria non son exixibles ao profesorado emérito contratado ata o de agora ao abeiro da normativa de 2004”.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre a Convocatoria de axudas para o desenvolvemento de accións de mellora da docencia no marco da construcción do EEES.
Acórdase aprobar a Convocatoria de Axudas para o desenvolvemento de accións de mellora da docencia no marco da construción do Espazo Europeo de Educación Superior.
AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS DE MELLORA DA DOCENCIA NO MARCO DA CONSTRUCIÓN DO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR
CONVOCATORIA 2009
1. Obxecto da convocatoria
Esta convocatoria ten como obxecto estimular as actividades de mellora da calidade docente que se realizan no ámbito da USC, financiando a posta en marcha de accións de mellora que supoñan un avance no proceso de construción do Espazo Europeo de Educación Superior e que necesiten recursos adicionais aos que posúe o centro ou titulación (licenciatura / diplomatura / enxeñaría / enxeñaría técnica / grao / máster)
As accións desenvolveranse ao longo do curso 2009-2010.
2. Condicións de participación
Poderán participar na solicitude de recursos as facultades/centros da USC que desexen avanzar no proceso de mellora continua sempre que:
- A acción que se presenta non recibira financiamento da USC por outras vías.
- A acción proposta se refira a algunha das seguintes actuacións:
- Actividades de formación destinadas ao desenvolvemento e avaliación de competencias docentes nas materias das titulacións que se imparten no Centro: As solicitudes seleccionadas que se inclúan neste apartado executaranse coordinadamente co plan de formación e innovación docente.
- Orientación académica e profesional dos estudantes: As solicitudes seleccionadas que se inclúan neste apartado executaranse coordinadamente coa Área de Orientación Laboral.
- Actividades destinadas a fomentar a mobilidade de estudantes no EEES e mesmo con 3º países: Inclúe accións de promoción e divulgación, reunións preparatorias a realizar polos centros. En todo caso, as solicitudes seleccionadas nesta convocatoria e que se inclúan neste apartado executaranse coordinadamente coa Vicerreitoría de Política Internacional.
- Equipamento docente: Neste apartado deberanse reiterar solicitudes xa realizadas para a dotación de aulas de informática. En todo caso, as solicitudes seleccionadas nesta convocatoria e que se inclúan neste apartado executaranse coordinadamente coa área TIC.
- Acondicionamento de espazos para actividades docentes: Deberanse reiterar solicitudes xa realizadas á Vicerreitoría de Infraestruturas. En todo caso, as solicitudes seleccionadas nesta convocatoria e que se inclúan neste apartado, incorporaranse ao plano plurianual de obras RAM no caso de que non estean contempladas neste.
3. Formalización das solicitudes
As solicitudes, segundo o modelo normalizado, estarán dirixidas ao reitor da USC, serán subscritas polo responsable do centro (decano ou director) e acompañaranse dunha memoria descritiva. Ao final da primeira convocatoria os importes pendentes de executar do programa de accións de mellora incorporaranse ao exercicio seguinte. A xustificación das accións realizarase no prazo establecido na convocatoria para tal efecto.
Os impresos de solicitude e da memoria poderán obterse no enderezo de Internet
http://www.usc.es/~calidade/acc_mellora.htm
4. Prazo e lugar de presentación
Esta convocatoria permanecerá aberta ata o 7 de xullo de 2009. A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral da USC, situada na Reitoría da USC (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela) e no Rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de Servizos administrativos da Biblioteca Intercentros (Avda. de Bernardino Pardo Ouro s/n, Fingoi-Lugo).
5. Dotación
Destínanse a esta convocatoria un total de 420.000 euros, 260.000 euros con cargo ao programa da Vicerreitoría de Calidade e Planificación e 160.000 euros con cargo ao programa da Vicerreitoría de Oferta docente e EEES.
Xunto con estes recursos teranse en conta as cantidades destinadas a:
- A dotación de aulas de informática pola área TIC.
- O acondicionamento de espazos que formen parte ou se incorporen ao plano plurianual de obras RAM.
- As actividades destinadas a fomentar a mobilidade de estudantes no EEES e mesmo de 3º países coordinadas pola Vicerreitoría de Política Internacional.
As asignacións concedidas poderanse xestionar de forma centralizada ou descentralizada.
6. Contía das axudas
O importe de cada axuda será establecido pola Comisión de Calidade e Planificación, delegada do Consello de Goberno, atendendo á natureza da actuación a desenvolver e aos criterios de avaliación establecidos, cifrándose en 60.000 euros a cantidade máxima de axuda a percibir por un centro.
7. Avaliación e selección
A avaliación e selección das axudas corresponderá á Comisión de Calidade e Planificación.
Condicións mínimas que deben cumprir as propostas para que poidan ser avaliadas e entrar na fase de selección:
- Axuste ás condicións de participación e á súa presentación na forma e datas establecidas.
- Cofinanciamento por parte do Centro do 10%.
Criterios de selección:
A selección das propostas farase de acordo aos seguintes criterios e ponderacións:
- Fase de desenvolvemento e implantación dos plans de estudo de grao e máster (40%).
- Nivel de cofinanciamento por parte do centro (30%).
- Rendemento académico determinado segundo a taxa de éxito do alumnado e a súa evolución (20%).
- Número de potenciais beneficiarios da acción (10%).
A Comisión fará pública a concesión das axudas con anterioridade ao 15 de outubro de 2009.
8. Obrigas dos beneficiarios
O responsable do Centro comprométese a que a acción se leve a cabo tras a concesión da axuda, estando obrigado, ao finalizar o curso 2009-2010, a remitir á Vicerreitoría de Calidade e Planificación unha Memoria na que describa o cumprimento da acción subvencionada, os resultados da súa implantación, a mellora que supuxo no Centro, e copia dos gastos xerados pola actividade.
- O responsable do Centro comprométese a destinar o importe da axuda á acción para a que foi concedida, así como a cofinanciar, no seu caso, a devandita acción na porcentaxe que se indica na presente convocatoria.
- O gasto que se subvenciona debe realizarse antes de finalizar o exercizo orzamentario 2009 e a Memoria debe enviarse á Vicerreitoría de Calidade e Planificación antes do remate do curso académico 2009-2010.
- Nos supostos de incumprimento das obrigas anteriores, a Comisión de Calidade e Planificación, esixirá aos centros a devolución da cantidade recibida.
9. Seguimento
O seguimento das accións é competencia das Vicerreitorías de Calidade e Planificación e de Oferta Docente e EEES.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre Convocatoria de Prazas de Aloxamento no verán de 2009 no Servizo Universitario de Residencias.
Acórdase aprobar a convocatoria de prazas de aloxamento no verán de 2009 no SUR, nos termos que se dispoñen.
CONVOCATORIA DE PRAZAS DE ALOXAMENTO DO SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS (SUR) DA USC, PARA MEMBROS DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA OU PERSOAS QUE VAIAN PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE VERÁN
PERÍODO COMPRENDIDO ENTRE O 7 DE XULLO E O 16 DE SETEMBRO DE 2009
BASES
1. CENTROS DE ALOXAMENTO
Os aloxamentos que se ofertan son: en Santiago de Compostela as Residencias Universitarias Burgo das Nacións e Monte da Condesa, e o Colexio Maior Fonseca, e en Lugo, a Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay.
As persoas que foron colexiais ou residentes durante o curso académico 2008-2009 e cuxas estadías sexan iguais ou superiores a un mes aloxaranse: os colexiais no CM Fonseca e os residentes na residencia na que estiveron durante o curso académico.
Cando as necesidades do servizo o requiran poderá procederse á agrupación de cuartos dentro do mesmo centro.
Aos discapacitados que necesiten accesibilidade asignaráselles praza no centro do SUR que garanta a cobertura das súas necesidades.
2. SOLICITANTES
- Poderán solicitar praza de aloxamento:
- Os que foron residentes en calquera centro do SUR durante o período lectivo do curso 2008-2009.
- As persoas que realicen traballos de investigación, de administración ou laborais, que impliquen a necesidade de permanencia continuada en Santiago de Compostela ou Lugo (sectores de terceiro ciclo, investigadores en formación, PDI e PAS).
- Quen vaia participar nas diversas actividades da Universidade de Verán 2009. Poderán ocupar a praza desde o día anterior ao comezo do curso/encontro e ata o día seguinte á súa finalización.
- As prazas concedidas para a preparación dos exames de setembro poderán ser ocupadas desde o 20 de agosto e ata as 24 horas despois do último exame realizado, é dicir, non máis alá do día 16 de setembro. Na solicitude deberanse indicar os días dos exames.
- Os alumnos de intercambio internacional que vaian participar no mes de setembro nos cursos de español para estranxeiros.
- Quedan excluídos desta convocatoria os residentes que cometeron faltas graves e foron sancionados coa expulsión definitiva durante a súa estadía no SUR, os que cederon o uso total ou parcial da habitación a outras persoas sen dereito a praza, así como os que o día 4 de xullo de 2009 tiveran cantidades pendentes de pagamento.
3. PRAZOS DE PRESENTACIÓN
- Primeiro prazo. As persoas que soliciten aloxamento para estadías superiores a un mes ou para días soltos, poderán presentar a solicitude desde o día seguinte á publicación desta convocatoria e ata as 14 horas do día 30 de xuño de 2009.
- Segundo prazo. O alumnado que solicite praza para a preparación dos exames de setembro o prazo remata ás 14 horas do día 3 de agosto de 2009.
4. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes, segundo o modelo adxunto e acompañadas da documentación que nel se especifica, deberán entregarse consonte a:
- As persoas que foron residentes ou colexiais durante o curso 2008/2009 e que fagan a solicitude no primeiro prazo, é dicir, ata o día 30 de xuño, no último centro no que tiveron praza.
- Os demais interesados presentarana no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, Pavillón Estudantil, 1ª planta- Campus Sur.
5. PREZOS
- Os solicitantes que xa fosen residentes durante o curso 2008-2009 e a súa estadía sexa igual ou superior a un mes, manterán a cota que tiñan asignada durante o devandito curso académico.
- Para o resto dos solicitantes os prezos por día son de 11 € en habitación individual e de 9 € por persoa en habitación dobre.
6. PAGAMENTO DO ALOXAMENTO
- As persoas que foron colexiais ou residentes durante o curso académico 2008-2009 e cuxas estadías sexan iguais ou superiores a un mes, aboarán o aloxamento cada mes.
- Os estudantes de programas de mobilidade e intercambio deberán proceder a efectuar o pago, no momento da solicitude, mediante transferencia bancaria á conta da Universidade de Santiago de Compostela de: Caixa Galicia, Caixa de Aforros de Galicia, Oficina de Organismos, Rúa Montero Ríos, 9, 15706 - Santiago de Compostela, Código internacional de conta bancaria IBAN ES94 2091 0388 98 3110001172.Código de identificación bancaria (Swift): CAGLESMMXXX, indicando como concepto “pago convocatoria verán SUR 2008”, e enviar ao FAX número 981595117, á Sección de Servizos á Comunidade Universitaria o comprobante da transferencia e, se é desde o estranxeiro, ao número 0034981595117. Só o envío deste xustificante servirá como confirmación da reserva, é polo tanto insuficiente o ingreso na entidade bancaria.
- O resto dos solicitantes farán efectivo o pago no momento da solicitude mediante ingreso na conta da Universidade de Santiago de Compostela nº 2091 0388 98 3110001172 de Caixa Galicia, Caixa de Aforros de Galicia, Oficina de Organismos, rúa Montero Ríos, 9, 15706 - Santiago de Compostela, no modelo normalizado dispoñible ao efecto nos Colexios Maiores, Residencias e no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, nas TPV dos centros con tarxeta de débito, se se fai no primeiro prazo, ata o día 30 de xuño, ou mediante transferencia bancaria á devandita conta, e enviar ao FAX número 981-595117, á Sección de Servizos á Comunidade universitaria o comprobante da transferencia, en cuxo xustificante deberá figurar o nome do solicitante, indicando como concepto “pago convocatoria verán SUR 2009”. Só a entrega deste xustificante servirá como confirmación da reserva, é polo tanto insuficiente o ingreso na entidade bancaria.
A admisión nesta convocatoria non xerará dereitos sobre a convocatoria ordinaria nin á readmisión nela.
7. ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A adxudicación da praza é automática sempre e cando a solicitude veña debidamente xustificada e se achegue o resgardo de ter efectuado o ingreso polo período solicitado.
A Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social resolverá as dúbidas que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria a través do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, Pavillón Estudantil - Campus Sur.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre cambio de dedicación.
Acórdase aprobar o cambio de dedicación dunha profesora do corpo de Profesora Titular de Universidade, Departamento de Filoloxía Galega Área de Filoloxías Galega e Portuguesa de P6 a TC.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre convocatoria programa de axudas predoutorais.
Acórdase aprobar a convocatoria do programa de axudas para contratos predoutorais 2009, nos termos que se dispoñen.
CONVOCATORIAS PROGRAMA DE AXUDAS PARA CONTRATOS PREDOUTORAIS
ANO 2009
A Universidade de Santiago de Compostela fai pública a convocatoria de contratos predoutorais conducentes á formación de doutores dirixida a investigadores que obtiveron o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) ou equivalentes.
A presente convocatoria adecúase ao Estatuto do persoal investigador en formación.
OBXECTIVOS DA CONVOCATORIA
A finalidade da presente convocatoria é promover a formación de doutores mediante a concesión de axudas para contratos así como potenciar a consolidación de grupos de investigación competitivos.
As axudas que se conceden ao abeiro da presente convocatoria quedarán suxeitas ao ámbito de aplicación do Real Decreto 63/2006, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación.
BENEFICIARIOS DAS AXUDAS: SOLICITUDES
As solicitudes deberán ser presentadas polo candidato co visto e prace do coordinador do Grupo de investigación, facendo constar expresamente o membro/s do grupo que dirixe a Tese de Doutoramento do candidato.
Non poderán participar nesta convocatoria os solicitantes que disfrutaran previamente dunha axuda predoutoral por un período igual ou superior a dous anos. Os beneficiarios que disfrutaran dunha axuda desta natureza por un período inferior ao indicado anteriormente, este lle será descontado da duración total da axuda.
Para que a solicitude sexa considerada, o candidato e o Grupo solicitante deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Candidato:
- 1. Posuír calquera nacionalidade.
- 2. Posuír unha media de expediente académico de licenciatura igual ou superior a 1,1 puntos. Esta media calcularase aplicando o establecido na Resolución do 15 de marzo de 2005, da Secretaria xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica o protocolo de colaboración subscrito entre a devandita Consellería e as Universidades de Santiago de Compostela, a Coruña e Vigo para a valoración de expedientes académicos subscrito o día 21 de febreiro de 2005.
- 3. Estar oficialmente matriculado nun programa de doutoramento ou nos estudos de master oficial para o curso 2008-2009
- 4. Posuír o certificado de estudios avanzados ou equivalente e non ter transcorridos máis de dous anos dende a súa obtención ou ben tres anos si se xustifica, durante ese período, baixa maternal, que se teña a cargo menores de seis anos, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou persoas maiores de 65 anos que dependan do solicitante e requiran unha dedicación especial.
- 5. Os estranxeiros que non pertenzan a un pais membro do Espazo Económico Europeo deberán estar residindo legalmente en España e contar co visado e permiso que lle permitan traballar legalmente.
- Grupo Investigador:
- Deberá acreditar financiamento externo con proxectos, contratos ou convenios subvencionados vixentes á data de remate do prazo de presentación de solicitudes ou durante o ano 2008.
- Deberá figurar no Catálogo de Investigadores e Grupos de Investigación da USC. Para a identificación do mesmo teranse en conta os datos que constan na base de datos da Vicerreitoría con competencias en investigación.
FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes dirixiranse ao sr. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela a través da Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT virtual) http://imaisd.usc.es/weboit/index.htm e achegarán a seguinte documentación:
- Tódolos solicitantes
- Compromiso de cofinanciación, asinado polo coordinador do Grupo de Investigación, indicando a partida orzamentaria que cofinanciará nun 30% (6.550 euros anuais ou parte proporcional correspondente) a axuda.
- Curriculum Vitae do solicitante (máximo dous folios) acompañado da documentación xustificativa dos méritos que alegue.
- Só no caso de teses dirixidas noutra universidade
- Xustificación das Teses de Doutoramento dirixidas polos membros do Grupo de Investigación dende o ano 2004 e ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- Só para alumnos procedentes doutras universidades
- Fotocopia compulsada da certificación académica detallada do solicitante, na que figuren as cualificacións obtidas e as datas da súa obtención.
- No caso dos estudos realizados parcial ou totalmente no estranxeiro, o certificado do expediente académico ou outro acompañando ao mesmo, recollerá cales son as cualificacións máxima e mínima dentro do sistema de avaliación correspondente, do mesmo xeito, farase constar cal é a cualificación mínima necesaria para aprobar.
- Os solicitantes que posúan certificación académica expedida nun idioma distinto do español ou galego haberán de acompañala da correspondente tradución .
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 15 de xuño de 2009.
DURACIÓN DAS AXUDAS
A duración máxima das axudas que se concedan ao abeiro desta convocatoria, para o total do período será de 30 meses.
DOTACIÓN DAS AXUDAS
A axuda será 16.100 euros brutos anuais, correspondentes a catorce mensualidades é dicir 1.150 euros brutos mensuais.
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación financiará, xunto co grupo de investigación, o importe das axudas. O grupo de investigación deberá achegar 6.550 euros por cada ano de duración do contrato ou a parte proporcional correspondente se a duración é inferior.
AVALIACIÓN E SELECCIÓN DOS CANDIDATOS
A Comisión de Investigación Delegada do Consello de Goberno procederá á avaliación e selección das solicitudes presentadas, tomando como base os méritos do solicitante, os do Grupo de Investigación que o apoia e calquera outro mérito que a Comisión considere significativo para os obxectivos da Universidade, como por exemplo que o candidato tivese realizado os cursos de doutoramento nun dos programas con mención de calidade. Os criterios de selección serán feitos públicos antes da data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Non axustarse á convocatoria e aos requisitos dos solicitantes, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada, será causa de desestimación da solicitude.
Efectuada a valoración, a Comisión de Investigación Delegada do Consello de Goberno procederá á publicación da proposta de concesión das axudas nos taboleiros de anuncios do edificio CACTUS, da Reitoría e da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, así como na páxina Web da Vicerreitoría con competencias en investigación. Contra esta proposta os interesados poderán presentar alegacións no prazo de dez días, contados dende o día seguinte á data de publicación da mesma. Transcorrido este prazo, e analizadas, no seu caso, as alegacións por parte da Comisión de Investigación, a proposta elevarase ao Vicerreitor de Investigación e Innovación, quen resolverá definitivamente por delegación do Reitor.
DEREITOS DO PERSOAL CON AXUDAS DESTE PROGRAMA
De xeito xeral o persoal investigador en formación terá os seguintes dereitos:
- Obter da Universidade de Santiago de Compostela a colaboración e apoio necesario para o desenvolvemento normal dos seus estudos e programas de investigación, segundo as súas dispoñibilidades.
- Estar integrados nos departamentos ou institutos nos que levan a cabo a investigación.
- Participar, na forma prevista nos estatutos da universidade, nos seus órganos de goberno e representación.
- Participar nas convocatorias de axudas complementarias para asistencia a reunións científicas, segundo o procedemento establecido nas ditas convocatorias.
- Exercer os dereitos de propiedade intelectual derivados da súa propia actividade formativa na investigación e de acordo coa súa contribución, consonte ao establecido no texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril. Os citados dereitos serán independentes, compatibles e acumulables con outros dereitos que puideran derivarse da investigación realizada, sen prexuízo dos condicionantes derivados da obra colectiva cando o persoal investigador en formación participe ou estea vinculado a un proxecto colectivo de investigación.
- En cantos aos posibles dereitos do persoal investigador en formación sobre propiedade industrial, estarase ao que dispoña a correspondente convocatoria, no marco da Lei 11/1986, de 20 de marzo, de Patentes, e, no seu caso, o Real Decreto 55/2002, de 18 de xaneiro, sobre explotación e cesión de invencións realizadas nos entes públicos de investigación. Os referidos dereitos non terán en ningún caso natureza salarial.
- Ademais poderán colaborar con fins formativos e ata un máximo de 60 horas anuais nas tarefas docentes dun departamento, previo acordo entre o director da tese doutoral e o departamento implicado e sen que en ningún caso poida desvirtuarse a finalidade investigadora e formativas das axudas. Esta colaboración deberá quedar recollida no POD do departamento e recoñecida pola correspondente certificación.
OBRIGAS DO PERSOAL CON AXUDAS DESTE PROGRAMA
De xeito xeral, o persoal investigador en formación terá as seguintes obrigas:
- Incorporarse ao Departamento nun prazo de 15 días naturais contados dende a data de comunicación da concesión da axuda, agás que conte con autorización de aprazamento, que en ningún caso poderá ser superior a 4 meses, entendéndose a non incorporación como renuncia á axuda. A solicitude de aprazamento deberá contar coa conformidade do coordinador do grupo de investigación.
- Cumprir as condicións e obrigas establecidas no ámbito desta convocatoria.
- Realizar as actividades previstas nos seus programas de formación e especialización na investigación.
- Cumprir os obxectivos do programa de formación e especialización con aproveitamento.
- Aterse ao réxime interno ou de funcionamento da USC, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevencións de riscos laborais.
- Asumir as obrigas que lle correspondan por razón da súa inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social, de acordo co previsto no Real Decreto 63/2006, de 27 de xaneiro polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación.
- Cumprir as obrigas de colaboración nas tarefas docentes que se lle asignen.
- Presentar na data de remate da axuda unha memoria que contemple o traballo realizado e os seus resultados, facendo especial referencia aos obxectivos logrados. Nesta memoria figurará necesariamente un informe do director da tese.
O incumprimento das obrigas implicará a anulación das axudas concedidas e o reintegro das cantidades indebidamente percibidas.
OBRIGAS DA UNIVERSIDADE
De xeito xeral son obrigas da USC, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza, as seguintes:
- Proporcionar ao persoal en formación obxecto das axudas, o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipos que resulten precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.
- Designar un titor, con título de doutor para a coordinación e orientación da súa actividade.
- Velar polo desenvolvemento axeitado do programa de formación do persoal investigador en formación, sen que poida esixírselle a realización de calquera outra actividade que non estea relacionada co desenvolvemento da súa investigación ou da formación específica requirida para esta durante o seu transcurso. Porén, o persoal investigador en formación poderá colaborar en tarefas docentes, dentro dos límites que se establezan na correspondente convocatoria, sen que en ningún caso poida desvirtuarse a finalidade investigadora e formativa dos contratos. En todo caso, non se lle poderán atribuír obrigas docentes superiores a 60 horas anuais.
- Permitir a súa integración no departamento ou instituto no que leve a cabo a súa investigación.
SUSPENSION DO CONTRATO
A suspensión do contrato en virtude das causas previstas nos artigos 45 e 46 do Estatuto dos Traballadores non comportará a ampliación da duración da axuda.
XUSTIFICACIÓN
No caso de que o solicitante lea a súa Tese de Doutoramento deberá comunicalo á Vicerreitoría con competencias en investigación sen que elo supoña á finalización da axuda.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre Cursos de Posgrao Propio.
Acórdase aprobar os seguintes cursos de posgrao propio e memorias:
1ª edición
Cursos con derivados
- M-978 Máster en Mediación
- E-9A7 Especialista en Mediación Familiar
- E-9A8 Especialista en Mediación Comunitaria e conflictos políticos
- E-9A9 Especialista en Mediación Penal
- E-9BO Especialista en Mediación Empresarial e Sanitaria
Renovación
Cursos sen derivados
- M-918 Máster en Economía e Xestión da Saúde
- M-920 Máster en Xestión de Recursos Humanos nas Organizacións
- E-923 Curso de Especialización en Ortopedia para Licenciados en Farmacia
- E-986 Curso Práctico de especialista na Seguridade Social
- Curso de Especialización en Inserción Sociolaboral de Colectivos de Inclusión
- Social
- E-991
- E-998 Economía e Xestión da Innovación
Cursos Cursos de Posgrao Propiocon derivados
- M-910 Máster en Administración Local
- E-903 Curso de Especialización en Práctica Local
- E-90B Curso de Especialización en Administración Local
- M-915 Máster en Protocolo e Relacións Institucionais
- E-915 Curso de Especialización en Protocolo
- M-968 Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas
- E-996 Especialización en Arte e Crítica Contemporáneas
- E-906 Curso de Especialización en Dereito Tributario
- E-909 Curso de Especialización en Dereito Tributario e Contabilidade
Memorias
- E-791 Especialista en inserción sociolaboral de colectivos de inclusión social
- M-645 Economía Sectorial Internacional
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre modificación de titulacións de másteres.
Acórdase aprobar as seguintes modificacións de titulacións de Máster / POP:
- Máster en Fotónica e Tecnoloxías do Láser. Modificación do plan de estudos para crear a materia Traballo Fin de Máster esixida polo RD 1393/2007.
No artigo 15.3 do RD 1393/2007 establécese que as ensinanzas de Máster deberán finalizar coa presentación dun traballo de Fin de Máster, que terá entre 6 e 30 ECTS. Para a verificación destes estudos é necesario cumprir con este requisito.
Dado que o Máster en Fotónica e Tecnoloxías do Láser non contempla no seu plan de estudos este Traballo, e por proposta da súa Comisión Académica, acórdase realizar a seguinte modificación:
- Dar de baixa as materias Traballos Tutelados I e Traballos Tutelados II, ambas as dúas obrigatorias e de 6 ECTS.
- Dar de alta a materia Traballo Fin de Máster, obrigatoria, de 12 ECTS.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre o cambio de denominación do Grao en Periodismo.
En toda a documentación xerada en lingua galega para a creación do novo Grao de Xornalismo da USC, aparece denominado como Grao en Periodismo. Sendo correcta a acepción de Periodismo en galego, dende o decanato da Facultade de Ciencias da Comunicación entenden que a acepción máis axeitada sería a de Grao en Xornalismo, polo que
ACÓRDASE:
A substitución en toda a documentación redactada en galego da nomenclatura de Grao en Periodismo pola de Grao en Xornalismo.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre modificación puntual do Regulamento de Actividades e Servizos de I+D.
Acórdase aprobar a modificación do artigo 6. 2 do Regulamento de Actividades e Servizos de I+D, que queda redactado do seguinte xeito:
Artigo 6.-Contido mínimo dos contratos
........ |
2. Procedemento abreviado |
A sinatura dun contrato ou convenio non será necesaria no caso dos informes e dos cursos (apartado b) e c) do artigo 2.1), agás que a súa contía conxunta ou separadamente supere o importe establecido na lexislación vixente para os contratos menores do Sector Público. |
Nos casos mencionados no parágrafo anterior, o contrato substituirase por un documento no que conste a aceptación por parte da empresa ou entidade das condicións técnicas e económicas de realización da actividade ou ben a correspondente factura. |
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre Regulamento de Réxime Interno na Escola Universitaria de Relacións Laborais.
Acórdase aprobar a modificación da redacción do apartado d) e mailo e) do artigo 6.1 do Regulamento de Réxime Interno na Escola Universitaria de Relacións Laborais, quedando redactado do seguinte xeito:
6.1. O Pleno da Xunta de Escola terá a seguinte composición:
- a) O Director ou Directora
- Os Subdirectores ou Subdirectoras
- O Secretario ou Secretaria da Escola
- Persoal docente e investigador e investigadores en formación e perfeccionamento con docencia no centro e censados nel, ou non censados sempre que teñan neste un encargo docente igual ou superior a nove créditos. Están incluídos dentro deste grupo:
- Todo o persoal funcionario docente, que representará o 51%.
- O resto do persoal docente e investigador e investigadores en formación, sempre que non exceda do 14 % do total da Xunta. En todo caso, o PDI a tempo parcial non poderá representar máis do 5%.
- Unha representación dos/das estudantes nunha proporción do 30% de todos os membros da Xunta.
- Unha representación do persoal de administración e servizos censado no centro, nunha proporción do 5% do total da Xunta, cun mínimo de dous membros.
|
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre concesión de Premios Extraordinarios de Doutoramento.
- Acórdase aprobar a proposta da comisión xulgadora da Escola Politécnica Superior, nomeada ao efecto para a concesión do Premio Extraordinario de Doutoramento correspondente ao curso 2006/2007, a favor de dona María de la Paz López Álvarez e don Roberto Lorenzana Fernández.
- Acórdase aprobar a proposta da comisión xulgadora da Facultade de Filoloxía, nomeada ao efecto para a concesión do Premio Extraordinario de Douroramento correspondente ao curso 2006/2007, a favor de dona Elvira Beatriz Narvaja de Arnoux, don Hipólito Esteban Soler e dona Isabel Vega Vázquez.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre concesión de Premios Extraordinarios de Licenciatura.
- Acórdase aprobar a proposta da comisión xulgadora da Facultade de Filosofía, nomeada ao efecto para a concesión do Premio Extraordinario da Licenciatura en Filosofía, a favor de don Javier Romero Dávila e dona Sabela Castiñeiras González.
- Acórdase aprobar a proposta da comisión xulgadora da Facultade de Medicina, nomeada ao efecto para a concesión do Premio Extraordinario da Licenciatura en Medicina, a favor de dona María Santamaría Cadavid e dona Verónica Sánchez Campos.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre concesión de Premios Extraordinarios de Diplomatura.
Acórdase aprobar a proposta da comisión xulgadora da Escola Universitaria de Enfermaría, nomeada ao efecto para a concesión do Premio Extraordinario da Diplomatura de Enfermaría, a favor de dona Patricia Vilariño Otero e don Yago Suárez Ouréns.
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre cesións de material.
Acórdase a cesión de uso de 10 ordenadores usados ao I.E.S. de Touro (A Coruña).
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, sobre asuntos económicos.
Acórdase aprobar as seguintes transferencias:
- Expediente T05/03-399: Importe 2.639, 74 Euros
- Expediente T09/03-444: Importe 11.489,76 Euros
TRANSFERENCIAS ENTRE CAPÍTULOS |
CONCEPTO |
IMPORTE |
Trans. do capítulo IV ó capítulo I |
Regularización créditos programa Leonardo Da Vinci-Europracticum |
2.952,99 € |
Trans. do capítulo IV ó capítulo II |
Bolsas Ceta a Teleeducación |
12.000,00 € |
Ingr. Convenio financiación Cátedra Bancaja |
25.000,00 € |
Trans. do capítulo IV ó capítulo VI |
Pago persoal que colabora co CAP |
16.000,00 € |
Trans. do capítulo II ó capítulo IV |
Dotación Fundación USC-Deportiva |
360.000,00 € |
Cofinaciación bolsas SPIU |
15.000,00 € |
Trans. do capítulo II ó capítulo VI |
Traspaso 15% Dpto. Retribucións profesorado USC en cursos de posgrao |
31.019,24 € |
Traspaso para compra de equipamento |
20.780,86 € |
Peche partidas capítulo II |
3.888,81 € |
Estudo da utilización dos servizos área de deportes |
4.000,00 € |
Traspaso IDIUS convenio Clarke Modet |
1.500,00 € |
Colaboración programa Observatorio Astronómico |
3.000,00 € |
Colaboración Xornadas SAKAI e OPENCMS |
225,08 € |
Financiamento oficina software libre convenio 23/06/08 Cpto. Electrónica |
10.000,00 € |
Campañas oceanográficas de formación a bordo do B/O Sarmiento de Gamboa |
6.467,80 € |
Expediente cancelación débedas Activ. 2003/CI147 |
18.814,36 € |
CONVENIOS y CONTRATOS
ACORDO do 14 de maio de 2009, do Consello de Goberno da USC, polo que se aproban ou ratifican os seguintes convenios.
A) CONVENIOS PRESENTADOS POLA VICERREITORÍA DE POLÍTICA INTERNACIOANAL
- Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e as tres universidades galegas, para o apoio ó deporte universitario e a dinamización da práctica deportiva.
- Convenio Marco de colaboración coa Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, para a organización, desenvolvemento e difusión da Conferencia Internacional EUNIS 2009.
- Convenio de colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela, a empresa Alvarellos Editora S.L. e a USC, para a coedición do libro “Guía Verde de Santiago”.
- Convenio de colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública para o desenvolvemento do título propio de Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública e obtención deste título polos alumnos da Academia.
- Acordo Marco coa USC e a Universidad Mayor de San Andrés (Bolivia) para colaboración en actividades de investigación.
- Convenio Marco co Ministerio de Trabajo y Seguridad Social de Costa Rica para actividades de investigación e desenvolvemento.
- Convenio Marco coa Universidad Nacional del Sur (Arxentina), para intercambio académico, investigador e de estudiantes.
- Convenio Marco co Instituto Tecnológico de Sonora (México), ITSON para intercambio académico, investigador e de estudiantes.
- Convenio Marco coa Universidad de Concepción (Chile), para intercambio académico, investigador e de estudiantes.
- Convenio Marco coa Université d’Alger (Arxelia), para intercambio académico, investigador e de alumnos, principalmente de doutoramento.
- Convenio específico de colaboración coa Università Degli Studi Roma Tre (Italia), para intercambio investigador nas áreas de literatura e lingüística italianas.
- Protocolo coa Red de Universidades Estatales de Colombia (RUDECOLOMBIA), para cooperación cultural, científica e pedagóxica.
- Protocolo de intencións coa Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil).
- Convenio Marco coa Kyrgyz National University (Kyrgyzstan), para intercambio académico, investigador e de alumnos.
- Convenio de colaboración co Centro de Investigación Médica en Red de Enfermedades Raras (CIBERER), para establecemento do marco de relacións enmateria de recursos humanos, bens patrimoniais, dereitos de propiedade intelectual e industrial e difusión e condicións económicas de compensación por servicios prestados, entroutras.
- Convenio de colaboración co Centro de Investigación Médica en Red de Epidemiología y Salud Pública (CIBERESP), para establecemento do marco de relacións enmateria de recursos humanos, bens patrimoniais, dereitos de propiedade intelectual e industrial e difusión e condicións económicas de compensación por servicios prestados, entroutras.
- Convenio de colaboración co Centro de Investigación Médica en Red de Enfermendades Neurodegenerativas (CIBERNED), para establecemento do marco de relacións enmateria de recursos humanos, bens patrimoniais, dereitos de propiedade intelectual e industrial e difusión e condicións económicas de compensación por servicios prestados, entroutras.
- Convenio de colaboración co Centro de Investigación Médica en Red de Fisiopatología de la Obesidad y Nutrición (CIBEROBN), para establecemento do marco de relacións enmateria de recursos humanos, bens patrimoniais, dereitos de propiedade intelectual e industrial e difusión e condicións económicas de compensación por servicios prestados, entroutras.
- Convenio Marco de colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), para fomentar o intercambio nos eidos da docencia, da investigación e da cultura en xeral.
- Convenio Marco de colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), para fomentar o intercambio de experiencias e a cooperación entre as partes.
- Convenio co Instituto Italiano de Cultura de Madrid para a financiación das actividades do Laboratorio de Lingua Italiana no curso 2009-2010.
- Convenio de colaboración coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC para a realización de tarefas e actividades comúns.
- Convenio de colaboración coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC para o financiamento do Premio Humanitas.
- Convenio Marco coa Asociación de Altas Capacidades (ASAC), para a colaboración en actividades de investigación e estudio en altas capacidades.
- Convenio específico coa Asociación de Altas Capacidades (ASAC), para a cesión de espacios na Facultade de Psicoloxía.
- Convenio Marco coa Fundación Sotavento Galicia para a realización de cursos de conducción eficiente no Campus de Lugo.
- Convenio de colaboración co CPR POVISA Formación Profesional, para o desenvolvemento da formación práctica en centros de traballo.
- Convenio de colaboración coa empresa Alares Human Services S.A., para a difusión da Tarxeta Alares de Servizos de Conciliación Traballo Familia.
- Convenio de colaboración co Centro Oftalmológico Moreiras, para o establecemento de descontos nas súas tarifas aos membros da comunidade universitaria, os seus familiares e membros da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.
Dase conta da sinatura do seguinte convenios:
- Addenda de prórroga do Convenio Marco de colaboración co Instituto Español de Oceanografía, para o desenvolvemento da investigación mariña.
- Acordo de adhesión da USC ó Programa “Capacitación tecnolóxica dos futuros profesionais da industria de contidos dixitais”.
- Convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a construcción e desenvolvemento do Centro de Investigacións Médicas, o Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares e o Centro de Investigacións en Biotecnoloxías Aplicadas á Alimentación.
B) CONVENIOS PRESENTADOS POLA VICERREIRORÍA DE OFERTA DOCENTE E ESPACIO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR
CONVENIOS PARA PRÁCTICAS DE ALUMNOS
Convenios para prácticas dos alumnos do Máster en Enerxías Renovables e Sostibilidade Enerxética:
- Convenio coa empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, SA.
Convenios para prácticas dos alumnos do Posgrao Oficial Interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral:
- Convenio coa Consultoría de Estudios Económicos e Sociais (CEES).
- Convenio co Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia.
- Convenio coa Gestoría de la Torre, SL.
- Convenio con Grupo Puentes, SL.
- Convenio coa Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.
- Convenio coa empresa Gesán, SL.
- Convenio coa empresa Balado Monforte, SL.
- Convenio coa empresa Mediterráneo Servicios Marinos.
- Convenio coa empresa Mil e Un Films, SLNE.
- Convenio coa empresa Dominion Pharmakine, SL.
Convenios para prácticas de alumnos a través do Consello Social:
- Convenio coa empresa Julieta Paris, Despacho Profesional de Psicoloxía.
- Convenio coa Asociación “Movemento polos Dereitos Civís”.
- Convenio coa empresa Faster Ibérica, ETT.
- Convenio coa Asociación de Selvicultores de Galicia, SL.
- Convenio coa empresa Pauvic, SL (Centre Caniviladomat).
- Convenio coa empresa Tableros de Fibras, SA. (TAFISA)
Convenios para prácticas de alumnos da Escola Politécnica Superior:
- Convenio coa empresa SAT. Doroña.
- Convenio coa empresa Blanco de Lago, SC.
- Convenio coa empresa Agro das Sebolas, SL.
- Convenio coa empresa Cooperativa Vitivinícola Arousana, SCG.
- Convenio coa empresa Goc, SA.
Convenios para prácticas de alumnos da Escola Universitaria de Enfermería:
- Convenio co Policlínico La Rosaleda.
Convenios para prácticas de alumnos da Facultade de Ciencias da Educación:
- Convenio co Concello de Ribadeo.
- Convenio co Sindicato UGT Galicia.
Convenios para prácticas de alumnos da Facultade de Dereito:
- Convenio coa Abogacía General del Estado.
Convenios para prácticas de alumnos da Facultade de Filoloxía:
- Convenio coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.
- Convenio coa empresa Editorial Compostela, SA.
Convenios para prácticas de alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación:
- Convenio coa empresa Ediciones El País, SA.
Convenios para prácticas dos alumnos do Máster Oficial en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica:
- Convenio co Tribunal Galego de Defensa da Competencia.
CONVENIOS DE COLABORACIÓN
- Convenio de Colaboración entre a Mutua Universal e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do curso de formación continua “Curso práctico de Seguridade Social: Nivel Básico, F830”.
- Convenio de Colaboración entre a Mutua Universal e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do curso de formación continua “Curso práctico de Seguridade Social: Nivel Avanzado, F831”.
- Convenio de Colaboración entre a Fundación Laboral de la Construcción e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do curso de posgrao propio “Máster en Xestión Medio Ambiental no sector da Construcción, M850”.
- Convenio de Colaboración entre EYEE Estudios Empresariales A.I.E (Ernst & Young) e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do curso de posgrao propio “Especialización en Dereito Tributario e Contabilidade, E806”.
- Convenio de Colaboración entre a Concellería de Cultura do Concello de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago de Compostela para o fomento de intervención de creadores na Zona “C” en colaboración co curso de posgrao “Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas, M868”
- Acordo Específico entre a Universidade Miguel Hernández e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do curso de perfeccionamento “Xestión de Calidade no ámbito da Administración Pública”.
CONVENIOS PRÁCTICAS SEGUNDO MODELO TIPO
- Convenio de colaboración entre a empresa Eurográficas Pichel S.L e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no curso de posgrao propio “Máster Administración Financeira e Tributaria, M821”
- Convenio de colaboración entre a empresa Paradores de Turismo de España e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no curso de posgrao propio “Máster en Banca, Finanzas e Seguros, M822”
- Convenio de colaboración entre a empresa MAPFRE FAMILIAR S.A e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no curso de posgrao propio “Máster en Banca, Finanzas e Seguros, M822”
- Convenio de colaboración entre a empresa APPLIED MASS SPECTROMETRY LABORATORY S.L. e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no curso de posgrao propio “Máster en Banca, Finanzas e Seguros, M822”
- Acordo de modificación do Convenio de colaboración entre Asesoría Fiscal Plaza e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no curso de posgrao propio “Máster en Administración Financeira e Tributaria, M721”
- Convenio de colaboración entre ADECCO e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no curso de posgrao propio “Máster en Xestión de Recursos Humanos nas Organizacións, M820”
- Convenio de colaboración entre FLEXIPLAN, S.A. pertenecente ao Grupo Eulen e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no curso de posgrao propio “Máster en Xestión de Recursos Humanos nas Organizacións, M820”
- Convenio de colaboración entre CONSULMINA S.L e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no curso de posgrao propio “Máster en Xestión de Proxectos de Medio Ambiente e Responsabilidade Social Corporativa, M830”
- Acordo de modificación do Convenio de colaboración entre Galexport Consultores Intenacionales S.L e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no curso de posgrao propio “Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior, M729”
- Convenio de colaboración entre a Fundación CEER e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no curso de posgrao propio “Máster Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano Rexional, M874”
- Convenio de colaboración entre a Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar (ADAF) e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no curso de posgrao propio “Máster Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano Rexional, M874”
RELACIÓN DE CONTRATOS E CONVENIOS AUTORIZADOS POLA COMISIÓN DE ACTIVIDADES E SERVICIOS DE I+D
24 de abril de 2009
CONTRATOS
- 2008/CE791.
Campañas de ruído preoperacional e estudios de impacto acústico para os EsIAs dos proxectos de Marismas Occidental e Marismas Oriental.
Balsa Rúa, Ramón
Física Aplicada
United Research Services España, S.L.
- 2008/CE798.
Programa de selección xenética apoiado en marcadores moleculares para a mellora do cultivo de dourada na empresa ABSA S.A.U.
Martínez Portela, Paulino
Xenética
AQUICULTURA BALEAR, S.A.U. (ABSA, S.A.U.)
- 2008/CE803.
Screening de compostos químicos en receptores farmacolóxicos (terciera prórroga)
Loza García, María Isabel
Instituto de Farmacia Industrial
Palo Biofarma, S.L.
- 2008/CG745.
Obtención de productos lácteos funcionais antihipertensivos (FEADER 2008).
Méndez Dónega, Juan Francisco
Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias
Innaves, S.A,
- 2008/CL785.
Risco operacional: medida e xestión.
Reboredo Nogueira, Juan Carlos
Fundamentos da Análise Económica
Fundación Caixa Galicia - Claudio San Martín
- 2008/CL792.
Elaboración dunha correlación entre a formación profesional e as ocupacións SISPE relacionada coas familias profesionais do CNCP de electricidade e electrónica, instalación e mantemento de enerxía e auga.
Mendoza Rodríguez, José
ICE
Confederación Intersindical Galega (C.I.G.)
- 2008/CL793.
Elaboración dunha correlación entre a formación profesional e as ocupacións SISPE relacionada coas familias profesionais do CNCP de fabricación mecánica e transporte e mantemento de vehículos.
Mendoza Rodríguez, José
ICE
Confederación Intersindical Galega (C.I.G.)
- 2008/CL794.
Elaboración das guías e materiais didácticos para alumnado e profesorado: montaxe e instalación solares fotovoltaicas.
Fernández Fernández, María Ángeles
Estatística e Investigación Operativa
Forga
- 2008/CL795.
División dos contidos asociados ás unidades formativas dos novos certificados de profesionalidade.
Fernández Fernández, María Ángeles
Estatística e Investigación Operativa
Forga
- 2008/CL797.
Aula TIC-PEMES (programa de e-formación + e-asesoría de acompañamento)
López Cabarcos, María Ángeles
Organización de Empresas e Comercialización
Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES)
- 2008/CP789.
Mapa escolar do Concello de Ames
Aldrey Vázquez, José Antonio
IDEGA
Concello de Ames
- 2008/CP802.
Estudio sobor do rendemento institucional da Deputación da Coruña
Lagares Díez, María Nieves
Ciencia Política e da Administración
Deputación Provincial da Coruña
- 2009/CE037.
Estudio da lipoproteína (a) como factor de risco para a deterioración da función renal en pacientes con diabetes tipo 2 (segunda prórroga)
Rodríguez-Segade Villamarín, Santiago
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Roche Diagnostica, S.L.
- 2009/CE038.
Diferencias entre a HbA1c e a frutosamina. Evidencia dun gap de glicación e a súa posible relación coa nefropatía diabética (Segunda prórroga)
Rodríguez-Segade Villamarín, Santiago
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Menarini Diagnósticos, S.A.
- 2009/CE039.
Redacción do estudio da paisaxe cutural de Santa Tegra.
Crecente Maseda, Rafael
IBADER
Mario Crecente y Asociados Consultores, S.L.
- 2009/CE046.
Asistencia técnica en materia de dereito nos eidos de competencia desleal, publicidade, dereito de consumo, dereitos de propiedade industrial e dereito farmacéutico. Colaboración na elaboración da base de datos "xestión do coñecemento"
García Vidal, Ángel
Instituto de Dereito Industrial
Gómez-Acebo y Pombo, S.L.P.
- 2009/CE062.
Estudio e preparación dunha serie de traballos pedagóxicos relacionados co sistema electoral e estudio sobre o impacto da utilización das novas tecnoloxías (PDA's) utilizadas no escrutinio provisional do proceso electoral
Lagares Díez, María Nieves
Ciencia Política e da Administración
Indra Sistemas, S.A.
- 2009/CE063.
Prórroga do contrato para o asesoramento científico e técnico 'Nanopartículas metálicas como alternativa ecolóxica para a preservación da madeira (NANOPLATA) - prórroga 2008/CE553
López Quintela, Manuel Arturo
Química Física
NANOGAP SUB-NM-POWDER, S.A.
- 2009/CE068.
Análise económica do Concello de Boiro e Salceda de Caselas
Vence Deza, Xavier
Economía Aplicada
Consultora Galega, S.L.
- 2009/CE069.
Análise económica do Concello de Poio
Vence Deza, Xavier
Economía Aplicada
Consultora Galega, S.L.
- 2009/CE070.
Análise económica do Concello da Illa de Arousa
Vence Deza, Xavier
Economía Aplicada
Consultora Galega, S.L.
- 2009/CE071.
Análise económica do Concello de Nogueira de Ramuín
Rodil Marzabal, Óscar
Economía Aplicada
Consultora Galega, S.L.
- 2009/CE072.
Análise económica do Concello de Vilar de Santos
Rodil Marzabal, Óscar
Economía Aplicada
Consultora Galega, S.L.
- 2009/CE077.
Traballos de asesoría no control de enfermidades parasitarias do cabalo da rexión da Cerdanya (Girona, Catalunya)
Paz Silva, Adolfo
Patoloxía Animal
Joves Agricultors i Ramaders de Catalunya
- 2009/CE081.
Tecnoloxías emerxentes de procesado de alimentos en Galicia (TEPAGA)
Paseiro Losada, Perfecto
Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Clavo Congelados, S.A.
- 2009/CE084.
Elaboración de contidos que se inclúen no libro 'Anuario El Progreso 2008'
Herrero Latorre, Carlos
Vicerrectorado de Coordenación Campus Compostela
El Progreso de Lugo S.L.
- 2009/CE091.
Determinacións analíticas de drogas de abuso en mostras de fluído oral procedentes de casos postivos detectados polas autoriadades locais de tráfico
López-Rivadulla Lamas, Manuel
Instituto de Medicina Legal
Dräger Safety Hispania, S.A.
- 2009/CE092.
Provision of secondment on the development of analytical tools and procedures for trace element speciation studies in mental accumulationg plants
Bermejo Barrera, Pilar
Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
LGC Limited
- 2009/CE096.
Asesoramento sobre froitas saudables
Garrido Vázquez, Joaquín Manuel
Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias
Frutas Nieves, S.L.
- 2009/CE098.
Tecnologías Emergentes de Procesado de Alimentos e Galicia (TEPAGA)
Cepeda Sáez, Alberto
Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Clavo Congelados, S.A.
- 2009/CE106.
Valorización da boga procedente da flota de arrastre de Ribeira
Pascual López, María de la Cruz
Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias
Asociación Local Buques Arrastreiros de Ribeira
- 2009/CG047.
Inhibición da alteración de productos da pesca mediante aplicación a bordo de compostos naturais con propiedades antioxidantes e antimicrobianas
Barros Velázquez, Jorge
Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo
- 2009/CL029.
Estimulación precoz e tratamento de nenos da Unidade de Atención Temprá nos trastornos do desenvolvemento e intervención familiar
Buceta Cancela, María José Carmen
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
AGADIR Asociación Galega para a Docencia e a Investigación do Retraso Mental
- 2009/CL045.
Fondos documentais sobre o nacionalismo galego na Fundación Galicia Sempre
Rico Boquete, Eduardo
Historia Contemporánea e de América
Fundación Galicia Sempre
- 2009/CL053.
Convenio de colaboración en actividades formativas na especialidade de Anatomía Patolóxica Veterinaria entre a Fundación Rof Codina e a Universidade de Santiago de Compostela
Quiroga Berdeal, María Isabel
Ciencias Clínicas Veterinarias
Fundación ROF CODINA
- 2009/CL055.
Sexta addenda para o desenvolvemento das actividades do Centro Nacional de Xenotipado no período abril 2009-marzo 2010
Carracedo Álvarez, Ángel María
Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
Fundación Genoma España
- 2009/CL075.
Comisariado dunha exposición sobre o Parlamento de Galicia
Armas Castro, Xosé
ICE
Fundación Carlos Casares
- 2009/CL079.
Acordo marco entre o Institue für finanzdienstleistungen e.V e a USC para colaborar nos ámbitos da educación, da investigación científica, das publicacións, da consultoría e do desenvolvemento tecnolóxico
Pérez Carrillo, Elena
Dereito Mercantil e do Traballo
Institute für finanzdienstleistungen e.V.
- 2009/CP032.
Desenvolvemento de accións de investigación, difusión e formación en materia de propiedade industrial
Framiñan Santas, Francisco Javier
Instituto de Dereito Industrial
Consellería de Innovación e Industria
- 2009/CP054.
Revisión e actualización da enquisa de infraestructura e equipamentos locais para os concellos da provincia de Lugo. Edición 2009
Crecente Maseda, Rafael
IBADER
Deputación Provincial de Lugo
- 2009/CP066.
Estudio sobre o pluralismo relixioso
Pintos de Cea-Naharro, Juan Luis
Socioloxía
Secretaría Xeral de Análise e Proxección
- 2009/CP073.
Emisión da curtametraxe titulada 'Plastic Made Eyes'
Ledo Andión, Margarita María
Ciencias da Comunicación
Televisión de Galicia, S.A.
- 2009/CP074.
Asesoramento á Comisión Técnica da ANECA (2009)
García Rubio, María Paz
Dereito Común
Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA)
- 2009/CP080.
Addenda ó convenio de colaboración entre o excelentísimo Concello de Lugo e a USC para a realización de actividades de implantación do plan de emerxencia municipal (PEMU)
Crecente Maseda, Rafael
IBADER
Concello de Lugo
- 2009/CP082.
Execución do campo de traballo de temática arqueolóxica
Fábregas Valcarce, Ramón
Historia I
Concello de Boiro
- 2009/CP086.
Estudiar e pór en valor o patrimonio cultural do Concello relacionado coa industria do ferrocarril
Herrero Pérez, María de las Nieves
Filosofía e Antropoloxía Social
Concello de Monforte de Lemos
- 2009/CP094.
Dixitalización de fondos do Arquivo Histórico Universitario - X fase
Justo Martín, María Xosé
Arquivo Universitario
Consellería de Cultura e Deporte
- 2009/CP097.
Programa ConCiencia (2009)
Mira Pérez, Jorge
Física Aplicada
Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela
© Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, 2008.