Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Secretaría Xeral  »  Medallas e distincións

Medallas e distincións

De conformidade co artigo 161 dos Estatutos , son honras e distincións da Universidade de Santiago de Compostela as seguintes:

  1. A insignia de ouro da universidade.
  2. A medalla de ouro da universidade.
  3. O grao de doutor honoris causa

A concesión da insignia e da medalla de ouro regúlase polo Regulamento de Honras e Distincións da USC do 14 de marzo de 2008. A concesión do grao de doutor honoris causa regúlase polo Regulamento de concesión de doutoramentos honoris causa, aprobado polo Claustro Universitario o 21 de decembro de 2006 e modificado o 12 de xuño de 2007

A Universidade de Santiago Compostela tamén ten instituídas, para os efectos honoríficos, as distincións de

  • Insignia Fonseca,
  • Insignia de Mecenas e
  • Colaborador de Honra da Universidade.

A Secretaría Xeral leva un Libro-Rexistro para cada unha das distincións ás que fai referencia este Regulamento e o artigo 166 dos Estatutos, sinalando a data de entrega e o receptor ou receptores. En cada un deles inscribiranse por orde cronolóxica as diferentes concesións. Este rexistro será público e estará custodiado polo secretario/a xeral.

Sen prexuízo do anterior a USC, de conformidade co artigo 3 do Regulamento de Honras e Distincións, a Secretaría Xeral pode facer públicas todas as distincións na súa sede electrónica.

  • Doutores honoris causa da USC
  • Medallas de Ouro da USC
  • Insignia de ouro
  • Insignia Fonseca
  • Insignia de Mecenas da USC
  • Colaboradores de honra da USC Medalla Fonseca

Membros da Comisión do Mecenado