O Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC) busca propiciar a mellora continua nas titulacións adscritas aos Centros da USC permitíndolles acadar niveis de calidade que faciliten a súa acreditación e a renovación da mesma de acordo ao establecido no RD 1393/2007 e no RD 861/2010.
O SGIC marco da USC está deseñado seguindo o modelo das axencias de calidade nacional e autonómica, ANECA e ACSUG, e está articulado en 9 criterios e 46 directrices englobados en 5 eixes, que se corresponden cos programas elaborados polas axencias a estos efectos, denominados AUDIT e FIDES.
A USC aprobou o primeiro SGIC marco en decembro de 2009, e a Comisión delegada do Consello de Goberno de Calidade e Planificación, na sesión que celebrou o 31 de maio de 2013, aprobou unha revisión do mesmo, na que se recolleron as modificacións indicadas no informe que se xunta.
Os documentos que configuran o SGIC marco revisado da USC son o MANUAL EXTENSO, o MANUAL SIMPLIFICADO e o MANUAL DE PROCEDEMENTOS.
Os centros terán que adaptar o MANUAL SIMPLIFICADO ás súas particularidades, non tendo que replicar os outros documentos no seu sistema salvo cando introduzan modificacións a elementos incluidos naqueles.
Os/as responsables académicos/as dos Centros deben garantir que todos os membros do seu Centro teñan acceso ao SGIC, polo que velarán para que na páxina web do Centro se recolla a última versión actualizada do mesmo.