Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Contínua  »  MAR*JOB, a nova plataforma de emprego do Campus do Mar

MAR*JOB, a nova plataforma de emprego do Campus do Mar

Luns, 04 de marzo de 2013

Campus do Mar pon en marcha MAR*JOB , un espazo na rede que busca conectar a estudantes e profesionais co mercado laboral no ámbito mariño a través da publicación de ofertas de traballo e formación.

En MAR*JOB, os demandantes de emprego atoparán unha ferramenta de procura de todo tipo de ofertas relacionadas co mar, clasificadas por área, titulación requirida, ubicación, etc., así como a posibilidade de manterse ao día das novidades nos distintos campos a través da suscripción RSS.

Pola súa banda, as empresas, institucións ou grupos de investigación ofertantes de emprego ou bolsas de formación teñen á súa disposición, de modo gratuito, un espazo a través do que poderán difundir as súas ofertas, aumentando o impacto das mesmas incidindo directamente no seu público obxectivo. MAR*JOB permite tamén que os ofertantes reciban se así o desexan os CV dos solicitantes a través da aplicación.

Contacto: marjob@campusdomar.es