Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Vicerreitoría de investigación e innovación

Vicerreitoría de Investigación e Innovación

Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/vrinvestigacion 

Fotografía de Francisco González García

Vicerreitor de Investigación e Innovación
Sr. don Francisco González García 
Correo electrónico: vr.investigacion@usc.es

 

Licenciado (1979) e Doutor (1983) en Medicina e Ciruxía pola USC. É médico Especialista en Oftalmoloxía (1984). Realizou estancias postdoutorais na Universidade Johns Hopkins , USA, (1984-1986) becado pola fundación Fulbright e os National Institutes of Health (NIH), e na Universidade de Marburg, Alemania, (1987-1988) becado pola European Science Foundation e pola Fundación Alexander von Humboldt. Recentemente estivo un ano sabático no Institute of Ophthalmology do University College London. Foi Profesor Titular da USC dende 1987 e actualmente é Catedrático de Oftalmoloxía na mesma universidade. Tivo o cargo de Secretario da Facultade de Medicina e Odontoloxía (1991-1995). A sua actividade investigadora esta relacionada cas ciencias da visión, neurociencia, oftalmoloxía e telemedicina.
 

Enderezo

Edificio CACTUS. 1ª planta
15782.Santiago de Compostela
Teléfono: 881 811 002 / 881 811 000 ext. 11002
Fax: 881 811 202
Correo electrónico: vr.investigacion@usc.es

Descrición

É a vicerreitoría encargada de coordinar todas as accións de investigación e innovación da USC. Os seus cometidos principais son elaborar un plan de I+D+i da USC, divulgar na sociedade os progresos no coñecemento científico feitos pola USC e velar pola transferencia dos resultados de investigación aos sectores público e privado.