Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
Versión en castellano
English version
  1. Inicio
  2. »
  3. Goberno
  4. »
  5. Vicerreitoría de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior
  6. »
  7. Espazo Europeo de Educación Superior
  8. »
  9. EEES nas aulas

EEES nas aulas

Para acadar un sistema comparable de titulacións, cunha mesma valoración da carga lectiva e unha estructura de cursos entendibles por todos os estados é necesario integrar na cultura das aulas novas formas de entender e desenvolver os procesos de ensino e aprendizaxe:

Outras formas de entender a aprendizaxe:

Unha concepción da aprendizaxe que debe perseguir: a participación activa do alumno no seu propio proceso de aprendizaxe; e ir dotando de autonomía ao alumno no trazado e desenvolvemento da súa formación.

A reconsideración da aprendizaxe dos alumnos como verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe é o núcleo central de toda a reconsideración do ensino na universidade. Esta conceptualización da aprendizaxe require dunha nova actitude de profesores e alumnos e unha maior responsabilidade dos alumnos sobre a organización do seu estudo.

A aprendizaxe autónoma require dun intenso sistema de titorías; e paralelamente require do alumnado unha preparación en técnicas de traballo e o uso intensivo de ferramentas de aprendizaxe coma as Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

Outras formas de considerar a docencia:

  • ECTS: unidade de organización da actividade académica
    Os créditos ECTS supoñen unha transformación da organización básica da docencia. Os ECTS son unha unidade de valoración da actividade académica que supón o volume total do traballo do estudante. Un crédito integra as horas de clases teóricas e prácticas, o tempo de estudo individual, as titorías e os seminarios.
  • Competencias: os obxectivos da aprendizaxe
    As competencias neste contexto implican unha nova forma de definir os obxectivos que se perseguen para a formación dos alumnos. Son funcións que os estudantes haberán de ser capaces de desenvolver para xestionar problemas relevantes no ámbito da súa futura profesión.
  • Flexibilidade metodolóxica
    Os novos sistemas de referencia para a planificación da docencia (ECTS e obxectivos por competencias) supoñen reconsiderar as formas de ensinanza, introducindo outras metodoloxías didácticas e diversidade de materiais e recursos para o ensino.
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 981 563 100 e +34 982 285 900 | Contacto