Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigador  »  Espazo Europeo de Educación Superior

Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)

Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/eees

A construción do EEES

No ano 1999 ponse en marcha a construción do Espazo Europeo de Educación Superior coa sinatura da Declaración de Boloña. A converxencia das institucións de ensino superior, neste espazo auspiciado pola Unión Europea, implica a homologación dos estudos universitarios en Europa e a creación dun espazo aberto para estudantes, profesores, persoal da administración e titulados. Nos seguintes cumios ministeriais, celebrados en Praga (2001), Berlín (2003), Bergen (2005) e Londres (2007), fóronse valorando os progresos do proceso e marcándose novas metas. A próxima cita será en Lovaina no 2009.

Este proceso de construción conxunta que deberá finalizar no ano 2010 leva aparellados unha serie de cambios legais e institucionais que se están a debater e concretar. A nova estrutura das titulacións (pdf Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, no que se establece o novo sistema de ordenación das ensinanzas oficiais [pdf - 406Kb]), o sistema de créditos ECTS (pdf Real Decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003) [pdf - 26Kb]), o Suplemento Europeo ao Título (pdf Real Decreto 1044/2003, do 1 de agosto, polo que se establece o procedemento para a expedición polas universidades do Suplemento Europeo ao Título (BOE nº 218 de 11 de setembro de 2003) [pdf - 42Kb]), o Marco de Cualificacións para o EEES (informe 2007) e os Criterios e Directrices para a garantía da Calidade no EEES  constitúen logros relevantes para este novo espazo común do Ensino Superior.