Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigador  »  Espazo Europeo de Educación Superior  »  En perspectiva

En perspectiva

No ámbito europeo, a  conferencia de Ministros de Bergen coa publicación do comunicado: pdf O Espazo Europeo de Ensino Superior. Acadando Obxectivos [pdf - 72Kb], establece as liñas de actuación de cara ao 2007-2010.

En pleno proceso de adaptación do ensino universitario ao novo modelo europeo, a aprobación do Real Decreto 1393/2007 introduce un novo marco lexislativo que establece a estrutura das novas titulacións universitarias en tres niveis: grao, máster e doutoramento (Presentación del RD 1393/2007)

A fin de ir marcando as liñas básicas para o desenvolvemento deste marco lexislativo, o Consello de Coordinación Universitaria publicou as  Liñas xerais para a implantación dos Estudos de grao e posgrao [PDF - 53 KB].

Na actualidade, a Universidade de Santiago está a traballar no deseño das novas titulacións adaptadas ao EEES. A meta cara o 2010 é o establecemento dunha oferta ampla, atractiva e de calidade que responda ás demandas da sociedade actual.