A USC, alén de recoller todas estas concrecións que, en forma de documentos, se van xerando na propia institución así como noutras institucións universitarias do territorio español e a nivel internacional, pretende ofrecer, a través deste sitio web, unha nova canle de debate e participación.
Un espazo aberto a toda a comunidade universitaria que, como a verdadeira artífice do cambio que se pretende acadar, poderá atopar un marco no que compartir e recoller experiencias que apoien o proceso de adaptación ás novas formas de facer e entender a universidade.
Se vostede quere facer algunha achega ao respecto, pode enviala a Vicerreitoría de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, no correo electrónico vrodoces@usc.es.