Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Reitoría  »  Cátedras  »  Cátedra "Bolívar"  »  Mercosur

Mercosur

Primeiros pasos do Mercosur

A idea de crear acordos sólidos entre Arxentina e Brasil era unha idea con historia, pero por diversas circunstancias non concretada. En 1985 os dous gobernos, os primeiros libremente electos despois de períodos con ausencia de democracia, enfrontaban a necesidade de reorienta-las súas economías.

O enorme peso da débeda externa contraída nos anos anteriores, a falta de novos créditos, a necesidade de facer grandes inversións para modeernizarse e para competir no mundo, levou a comprender que este proceso de reconversión e expansión tería máis ventaxas se era encarado en forma conxunta.

Sobre esta base a fins de 1985 os Presidentes Alfonsín de Arxentina e Samey de Brasil, ratifican a vontade de encara-lo futuro en conxunto e con ilo crean o marco político para que se exploren camiños de acordo.

Arxentina desenrola a súa idea dunha "asociación preferente" cn Brasil e invita en febreiro de 1986 a representates dese país a unha reunión privada, sen compromisos, para discutila. Unha quinta privada en Don Torucuato sirve para dous días de discusións nun clima de exploración e cambio libre de ideas.

Unhas poucas semáns despois, é Brasil quen invita a unha reunión de similares características, tamén nunha residencia non oficial, en Itaipava, dando a súa resposta favorable á idea arxentina e comezando a deseñarse as características do acordo.

Unha idea central era que este acordo debía servir non para pecharse sobre sí mesmos senón para dar maiores oportunidades para que as economías dos dous países e, en definitiva o conxunto, saíra a integrarse ó mundo. A idea dun acordo económico e político desta natureza creaba escepticismo e dúbidas.

Escepticismo, porque os nosos países viñan, coma outros de América Latina, dunha experiencia de acordos non exitosos ou de resultados moi limitados coma foron ALALC (Asociación Latinoamericana de Libre Comercio) integrada por 11 países nos anos 70 e a súa sucesora - aínda existente - a ALADI (Asociación Latinoamericana de Integración) lanzada nos anos 80.

Dúbidas, porque en 1986, agás a excepcional experiencia da Comunidade Económica Europea, non había outras experiencias de integración relacionadas con economías relativamente desenroladas ou de desenrolo intermedio. En 1986 non existía o acordo entre Estados Unidos e Canadá, menos aínda por suposto o Nafta que une estos dous países con México,  e incluso a CEE (Comunidade Económica Europea) pasaba por momentos difíciles.

Neste sentido os acordos de Arxentina-Brasil, que xuntos representan o 95% da influencia dentro do que dende 1990 é o Mercosur, foron pioneiros do que se denomina rexionalismo aberto, é dicir integrarse para, á súa vez, relacionarse mellor coa economía internacional.

Concrétase o  acordo

A declaración de Foz de Iguazú de decembro de 1985 comprometía a que cara mediados de 1986 se presentase un informe coas prioridades para a cooperación. No lugar dun informe o que os negociadores presentan é un esquema completo e avanzado de integración e o 29 de xullo dese ano asínase a Acta para a Integración arxentino-brasileña. O acordo formal asínase así despois duns poucos meses de moi intenso traballo, negociacións e convencemento interior de cada un dos gobernos e dos dous países.

O deseño do acordo comprendeu algúns principios xerais como foron:

• I) a economía moderna e competitiva esixía certas especializacións para aproveitar mellor as escalas (tamaño) da producción, as vantaxes naturais ou os recursos humáns que cada un dos países tiña, pero debía ser unha integración moderna onde estas especializacións non significaran que un país medrara en materia industrial quedando ó outro  o papel de proveedor de bens agrícolas-gandeiros. É dicir, rexeitaba a idea dunha especialización inter-sectorial.

Polo contrario propoñíase expresamente que a integración e especialización fora dentro de cada un dos sectores, é dicir debía ser intra-sectorial, asegurando que cada un dos países desenrolara plenamente as diferentes ramas da industria e do sector agropecuario, especializándose nalgúns productos dentro de cada unha delas.

• II) O acordo debía ofrecer beneficios simétricos para os dous para o cal debía haber mecanismos flexibles, graduais e progresivos.

A partir dalí e en sucesivas reunións fóronse asinando diversos Protocolos Sectoriais que abarcaron tres grandes campos:

  • O do aumento do comercio, reducindo impostos e compromentendo abastecemento 
  • O da reconversión industrial conxunta de industrias existentes como o dos sectores de producción de máquinas, o de automotores ou o de siderurxia. Así coma o carbón e o aceiro foron nos anos 50 os sectores claves da integración europea, as industrias de producción de máquinas e equipamento foron elixidos como o núcleo desta nova integración. 
  • O de desenrolo de sectores novos ou incipientes coma o da informática, biotecnoloxía, comunicacións ou de colaboración en materia de uso pacífico da enerxía nuclear.

Nace o Mercosur

Os compromisos de 1986 profundízanse cun tratado aínda máis amplo en 1988 e finalmente o éxito obtido polos acordos de integración entre Arxentina e Brasil, así coma  o tratamento especial que ambos países lle deron durante este lapso a Uruguai, leva a que en 1991 se asine o Tratado de Asunción que agrega ó proxecto integrador como membro pleno a Uruguai e introduce por primeira vez a Paraguai. Estos catro países adoptan ademáis formalmente para o acordo de integración a denominación de Mercosur (Mercado Común do Sur).

Xunto coa ampliación do tratado acórtanse os prazos de integración interna, reducindo o groso dos impostos ó comercio entre os países ó cero por cento en catro anos e dáselle a esta rebaixa gradual un cronograma automático. A reducción de aranceis (impostos ó comercio) pasan así a ter máis peso cá combinación de políticas de tipo sectorial e rebaixa de aranceis.

Cando o proxecto comezou, o comercio entre os socios (os países) era menor ós 2.000 millóns de dólares. A fins de 1994 (oito anos e medio despois de iniciado) o comercio era xa de case 12.000 millóns multiplicándose por seis. En poucos anos máis, cara inicios do século próximo o comercio interno será da orde de 30.000 millóns de dólares e ó mesmo tempo crearanse mellores condicións de competencia comercial en e co resto do mundo.

Sobre os datos económicos hai ademáis un profundo cambio culturas. A comprensión da importancia de destinos comúns e no económico das ventaxas de traballar xuntos.

Ambas economías practicamente ignoráranse ata ese momento. Por sorprendete que pareza despois de máis de 120 anos de vecindade, recén en 1987 realízase a primeira exposición de productos industriais arxentinos en Brasil. Por suposto a cercanía xeográfica non cambiou de maneira sustancial, pero a percepción de vecindade - que é un feito cultural - foi total e positivamente.

Que é o Mercosur?

O MERCOSUR, o Mercado Común do Sur, é a sociación económica integrada por Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai. Trátase non só dunha zona de libre comercio entre esos países, senón tamén dunha unión aduaneira co desexo de converterse nun mercado común, o que constitúe unha das formas máis acabadas de integración, só superada pola figura da unión económica.

A normativa contida no Tratado de Asunción define criterios xerais, polo cal, o perfil definitivo do Mercosur, dependerá das negociacións que se realicen durante a etapa de transición. 

Unha zona de libre comercio

Unha zona de libre comercio é un ámbito territorial no que non existen aduanas internas. Isto quere dicir que os productos de calquera dos países membros poden ingresar ós demáis sen pagar aranceis aduaneiros; do mesmo modo que se se venderan en calquera sitio do país de orixe.

Unha unión aduaneira?

Trátase dun paso máis no proceso de integración económica entre países.

Neste caso establécese un arancel externo común, que é o o que deberán paga-los productos procedentes do resto do mundo. Ese arancel é o mesmo sexa que ingresen Arxentina, Brasil, Paraguai ou Uruguai, no noso exemplo.

Iso significa que os catro países asociados forman xa unha soa persoa no ámbito do comercio internacional.

Mercado común

É a unión aduaneira á que se lle agregan a libre mobilidade de factores productivos entre os países membros e a adopción dunha política comercial común.

Contempla a coordinación de políticas macroeconómicas sectoriais dos membros. Pode ademáis requeri-la armonización de lexistacións nacionais.

¿Cál é a vantaxe de participar nunha unión deste tipo?

Todo o mundo tende hoxe a formar un só mercado. O capital vai dun lado  a outro, ó igual cás tecnoloxías. Incluso prodúcense importantes migracións de traballadores dun ou doutro país. ESTA É A NOVA ECONOMÍA GLOBAL. Neste marco, os países máis desenrolados optaron por asociare para competir máis eficazmente. Así reúnense en zonas de libre comercio (EEUU, Canadá) ou en mercados comúns (Europa). Porque a tecnoloxía  punta non ven a un país que ten un mercado de 34 millóns de persoas, pero sí lle atrae un mercado de máis de 200 millóns. Máis ainda se dentro del se desenrolan empresas integradas que permitan vender ó resto de Sudamérica e ó mundo. Non considera-la economía global sería condenar á rexión ó atraso tecnolóxico e ó empeoramento das condicións de vida.

O Mercosur: moito máis que negocios

A creación dun espacio económico, coma o Mercosur, tamén obedeceu a un obxectivo ambicioso dos Estados membros: a conformación dunha área social e cultural que integrara as expresións artísticas de sociedades con matices que as diferencien entre sí pero que comparten raíces culturais e históricas comúns. O arte, a través das súas múltiples manifestacións, non só difundeu polo mundo a realidade que vive esta parte do planeta, senón que tamén aportou a súa riqueza artística ó patrimonio cultural do mundo enteiro.

Mercosur-o camiño da integración

O Mercado Común do Sur (Mercosur), conforma un espacio de 200 millóns de habitantes e concentra máis do 50 % do Producto Bruto Interno de Amércica Latina. A súa concreción foi o paso máis firme na dirección do soño bolivarián: unha Latinoamérica unida e sen fronteiras. Os catro países que o integran - Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai - non só responderon así ós novos rumbos que toma o planeta, senón tamén á súa longa historia en común. Fai máis de cinco séculos, portugueses e españois xunto ós primeiros habitantes destas terras, construíron os cementos dunha comunidade cultural, política e e conómica que, á par do seu crecemento, buscou vías para manifestar ó mundo o seu riquísimo potencial. Entre elas, acada-la integración foi a meta durante longas décadas.

Un dos proxectos de integración económica máis serios remóntase a 1909, cando un grupo de políticos e empresarios propuxo a creación da Unión Aduaneira do Sur, na que participarían Arxentina, Bolivia, Chile Paraguai e Uruguai. Este proxecto reflotou en 1029 a instancias dunha iniciativa alemana que promovía a creación dunha "Unión Aduaneira de Europa".

Xa en 1960 institueuse a Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC), convertida despois, en 1980, na Asociación Latinoamericana de Integración (ALADI). Este acordo rexional suscrito en Montevideo por Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Chile, Ecuador, México, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela, ten como propósito acadar un mercado común latinoamericano, a través dun proceso de democratización en toda a rexión, e que se converterá despois no sostén dos acordos acadados ata hoxe.

En 1985 a Arxentina e o Brasil suscribiron a Declaración de Foz de Iguazú, onde se sentan as bases para a futura integración, e en 1990 rexistraron en ALADI un Acordo de Complementación Económica. Ese mesmo ano, representates de ambo-los dous países reuníronse con autoridades de Uruguai e Paraguai, quenes expresaron a súa disposición para incorporarse ó proceso de integración que se estaba levando adiante. Conviñeron entón en suscribir un acordo para crear un mercado común entre estas catro nacións.

O Tratado de Asuncion

O 21 de marzo de 1991 os Primeiros mandatarios e Canceleres de Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai suscribiron o Tratado de Asunción, para a "constitución dun Mercado Común " entre os seus países. Preveuse para ilo a elaboración dun programa de liberación comercial, a coordinación de políticas macroeconómicas e a posta en vixencia dun Arancel Externo Común, así coma outras normas e disciplinas comerciais, que entraría en vigor a partir do 1º de xaneiro de 1995.

O espírito integracionista deste "tratado marco" excede o terreo do económico e avanza sobre outras áreas da vida das nacións, coma o medio ambiente, a educación e a saúde. Ademáis, na súa xestación está profundamente arraigado o ideal democrático, xa que entre as finalidades que persegue a creación do Mercosur, destácase o "desenvolvemento económico con xustiza social" e "mellora-las condicións de vida dos seus habitantes". En definitiva, ambos principios que deron orixe ó tratado cuatripartito baséanse en "logra-lo ben común" dos seus pobos.

Por outra parte, o acordo foi feito con vocación rexional, deixando aberta a súa adhesión ó resto de países membros da ALADI.

O Protocolo de Ouro Preto

Ata o 31 de decembro de 1994, o Mercosur contou cunha estructura institucional provisoria que abarcou o período de transición establecido polo Tratado de Asunción. Así, o 17 de decembro de 1994 os Presidentes en exercicio e Ministros de Relacións Exteriores de Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai suscribiron o Protocolo de Ouro Preto, que establece a estructura institucional dos organismos administrativos e políticos do Mercosur.

No nivel máis alto desta estructura xerárquica atópase o Consello do Mercado Común (CMC), constituído polos Ministros de Relacións Exteriores e de Economía de cada país membro. Un peldaño máis abaixo, facendo as veces de corpo executivo, atópase o Grupo Mercado Común (GMC) composto por 16 membros en representación dos Ministerios de Relacións Exteriores e de Economía e dos Bancos Centrais de cada país. Despois atópase a Comisión de Comercio do Mercosur (CCM) , encargada de asistir ó GMC e velar pola aplicación dos instrumentos de política comercial común; a Comisión Parlamentaria Conxunta (CPC), órgano representativo dos parlamentos dos países do Mercosur, o Foro Consultivo Económico e Social (FCES), en representación dos sectores económicos e sociais, e a Secretaría Administrativa do Mercosur SAM), con sede permanente na cidade de Montevideo, que brinda apoio operativo e é responsable da prestación de servicios dos demáis órganos do Mercosur.

Outra decisión trascendental xurdida do Protocolo de Ouro Preto foi a de otorgar "personalidade xurídica" ó Mercosur, o que o convirteu en suxeito de dereito internacional público e permítelle a relación coma bloque con terceiros países, grupos económicos e organismos internacionais.

Por outra parte, na Cumbre de Ouro Preto os catro países acordaron a versión definitiva do Arancel Externo Común, cos esquemas de converxencia para as excepcións do mesmo, e outros instrumentos necesarios para o establecemento da Zona de Librecomercio e a Unión Aduaneira a partir do 1º de xaneiro de 1995.

A unión aduaneira

Ó asinarse o Tratado de Asunción, os países asinantes asumiron o compromiso de establece-lo Mercado Común a partir do 31 de decembro de 1994. O Protocolo de Ouro Preto reencauzou o estreito cronograma establecido naquela oportunidade e flexibilizou o proceso de integración mediante a constitución dunha Unión Aduaneira entre as catro nacións, que comezou a funciona-lo 1º de xaneiro de 1995, e coma paso previo á plena conformación do Mercado Común.

En síntese, o Mercosur actualmente é unha Unión Aduaneira, na que se aplica a libre circulación de mercadoría e un Arancel Externo Común (AEC). Os países integrantes poden importar productos dos demáis Estados membros sen o pago dun arancel de importación e, en canto ó seu comercio exterior, os Estados parte deben cobrar un mesmo arancel para un determinado producto que proveña de terceiros países. É dicir, que desaparecen as tarifas incidentes sobre o comercio entre os catro países, e entra en vigor unha Tarifa Externa Común para o comercio dos catro membros co resto do mundo.

A distinción entre o que sucede co comercio intrazona, esto é, entre os catro países membros, e o que sucede no comercio extrazona, ou sexa, no intercambio de bens entre os países do Mercosur e o resto do mundo. No caso do Mercosur, as tarifas no comercio intrazona desaparecen, en canto ás tarifas para o  comercio extrazona fíxase nunha tarifa común ós catro países. Por exemplo unha camisata exportada de Francia paga o 20% ó entrar tanto no Uruguai, como en Brasil ou en calquera dos países membros do Mercosur.

A diferencia dunha zona de libre comercio, onde os países só están obrigados en principio a cobrar unha tarifa cero no comercio intrazona, pero onde cada un pode fixa-las súas propias tarifas para o comercio extrazona; no Mercosur xa sendo unha Unión Aduaneira existe necesariamente unha Tarifa Externa Común, e todos teñen que cobra-la mesma tarifa para un mesmo producto, cando ese producto é importado de fóra da zona. A Tarifa Externa Común é externa e por iso só vale para o comercio extrazona e é igual en tódolos países do Mercosur. Pero o obxectivo do Mercosur é construir un Mercado Común.

A imposibilidade de aplicar inmediatamente en tódolos seus alcances os principios que rexen   a flamante Unión Aduaneira e permitir, ó mesmo tempo, a adaptación das economías nacionais ás novas regras, levou ós Estados parte a acordar un réxime de adecuación polo cal algúns productos no comercio entre os catro países continuarán pagando aranceis por un tempo limitado. Prevendo tamén algunhas excepcións, que co tempo desaparecerán.

Admítense tres grupos de productos con excepcións á Tarifa Común Externa (TEC):

  1. Os bens de Capital: máquinas e equipos de todo tipo que ocupan un lugar vital na economía, e que cunha alteración brusca das súas tarifas tería un impacto moi amplo. E así aplicarase unha tarifa dun 14%, pero os países terán ata o 2001 para acadar esa cifra. Cambio que se realizará progresivamente.
  2. Informática e Telecomunicacións: os productos deste sector atópanse na mesma situación cós bens de capital, e dese xeito defineuse unha tarifa dun 16% para os principais productos incluidos nesos sectores coma  poden ser computadoras, impresoras, centrais telefónicas, etc.; pero que se poderá paulatinamente ata o 2006.
  3. Listas de excepcións nacionais: a cada país proporcionóuselle o dereito de presentar unha lista con ata 300 productos (399 no caso de Paraguai), que non se incorporan á TEC inmediatamente, pero no 2001 sí, despois dun período de converxencia.

As excepcións foron pensadas para suaviza-la chegada de cada país á Tarifa Común Externa, sen compromete-los obxectivos e principios centrais do proceso de integración.

Réxime de orixe

O réxime de orixe do Mercosur ten a seguinte regra básica: é considerado orixinario da rexión, e polo tanto ten dereito á tarifa cero, calquera producto que teña polo menos 60% de valor agregado rexional. Algúns outros criterios para a determinación da orixe poden ser aplicados noutros casos, pero todos seguen o mesmo principio: o producto fabricado a partir de insumos importados de extrazona, para circular no Mercosur con tarifa cero, debe ter  dentro da rexión, algún tipo de procesamento ou transformación substancial, mediante a cal se engada valor ós insumos importados de terceiros países.

O control de orixe só será necesario cando o producto en cuestión figure nalgunha das listas de excepcións á TEC. Tratando de evita-la triangulación de productos ou servicios. Canquera producto importado de fóra do Mercosur pagará a tarifa TEC ó ingresar nalgún dos catro países, e poderá ser libremente

O Mercosur e a Unión Europea

O 22 de decembro de 1994 deuse a coñecer unha Declaración Conxunta entre o Consello da Unión Europea e os Estados parte do Mercosur, onde se sinalaba o interés de establecer unha asociación política e económica interrexional.

Dúas rondas de negociacións, levadas a cabo en setembro, en Bruselas, e en octubre, en Montevideo, culminaron coa sinatura en Madrid, o 15 de decembro de 1995, do Acordo Marco Interrexional de Cooperación entre a Comunidade Europea e o Mercosur. Este acordo constitueuse así no primeiro instrumento que celebran dous sistemas rexionais de integración, abrindo as portas á creación dun espacio económico que congrega hoxe a 580 millóns de consumidores, e en resposta á importancia do intercambio comercial que se produce actualmente entre os dous bloques, e á magnitude das inversións europeas no Mercosur.

  • O 47% das inversións directas no Mercosur proveñen da Unión Europea.
  • O intercambio actual acada ós 40 mil millóns de dólares.

O Acordo Marco establece mecanismos conxuntos de cooperación en materia aduaneira para o comercio interrexional coa itención de liberalo plenamente no ano 2008.

Chile e Bolivia. México

O Mercosur e Chile comparten dende o 1º de outubro de 1996 unha zona de libre comercio, pola que circulan bens e productos orixinados nos Estados membros e no país trasandino, desgravación que avanzará progresivamente nos próximos anos. Esta asociación responde á fórmula do "4+1", que establece o Mercosur para os acordos con terceiros países.

O Acordo suscrito entre o Mercosur e Chile, para a conformación dunha zona de libre comercio (ZLC), constitúe un hito histórico no proceso de integración latinoamericana.

Economicamente amosa un verdadeiro "espacio económico ampliado". Cabe destaca-lo rol dinámico exercido polos sectores privados da Arxentina e Chile orixinado, a través das súas inversións recíprocas, unha integración "de feito" entre as partes.

Implica acadar unha maior inserción competitiva no mercado internacional e vincúlase coa estratexia sostida polo Mercosur de propiciar un rexionalismo aberto. Proba dilo constitúeo tamén o virtual Acordo con Bolivia e as negociacións en curso cos demáis socios da ALADI.

O acordo Mercosur-Chile permitirá o xurdimento dunha gradual disciplina económica entre os seus membros mediante a aplicación das normativas da OMC e dos instrumentos de política comercial de Mercosur.

Por outra parte, está prevista a incorporación de productos ó mencionado Acordo, clasificados conforme as súas sensibilidades, a fin de garantir un tránsito gradual e non traumático dos sectores sensibles á zona de libre comercio (ZLC). Merece destacarse o tratamento do tema da integración física, polo cal se levará a cabo un Programa de Inversións entre Arxentina e Chile.

Este acordo está dirixido a unha integración económico-comercial que permita ós socios competir e fortalecer a súa posición no momento de incorpora-los seus productos ós circuitos económicos internacionais.

Metodoloxías

Ó longo da negociación púxose énfase en utilizar metodoloxías que permitan manter vixente o impulso de integración entre os países involucrados. Así é que no programa de degradación introdúxose a aplicación de mecanismos automáticos de liberación comercial e o de mantemento das restriccións non arancelarias, a fin de limitar no futuro a necesidade de acordos gubernamentais discrecionais.

A disciplina comercial xenerada, neste sentido, fai recoñecer que os factores externos son positivos e xeneran beneficios extras a tódolos países membros. Na medida en que o comercio crecente e as inversións externas directas dos países que se relacionan entre eles se vaian concentrando, vanse incorporar outros beneficios interrelacionados e derivados da eficiencia de cada un dos países, tanto en termos de racionalidade da administración macroecómica, coma de competitividade nivel microeconómico.

No proceso de negociación tívose moi en conta a flexibilidade na clasificación dos productos en diferentes categorías segundo as situacións específicas dos sectores.

Se ben Chile é unha saída estratéxica cara ós mercados do Pacífico, tamén é unha porta de entrada. En consecuencia, será importante un estricto cumprimento das normas de orixe, para evita-la triangulación de productos e que se beneficien da reducción arancelaria de mercancías que non son "rexionais".

Historicamente, en Sudamérica, tres elementos obstaculizaron as iniciativas de intercambio rexional: a ausencia de mercados de porte, as barreiras arancelarias e para-arancelarias e as dificultades loxísticas de comercialización.

Modalidades de asociación económcia con áreas continentais veciñas teñen unha dinámica práctica propia moito máis intensa cás asociacións entre países de diferentes continentes, e configuran os chamados bloques naturais.

Importancia do Acordo: 

  • Pode convertirse nun socio pleno do Mercosur.
  • Reforza a capacidade negociadora da unión aduaneira ante terceiros axentes.
  • Permite unha resignación case ricardiana da división do traballo na rexión.

O novo socio privilexiado andino pode ser encarado coma porta privilexiada de acceso ó Pacífico para productos e servicio.

O programa de liberación comercial. Os prazos de desgravación arancelaria pensáronse de maneira tal que sexan de forma lineal e automática, pero de maneira paulatina para que non se provoque un trauma económico.

O intercambio comercial de Chile co Mercosur acadou os 5 mil millóns de dólares en 1995, o que representa case un tercio do intercambio que manteñen entre sí os socios do bloque.

Á súa vez, o Mercosur celebrou negociacións con Bolivia en igual sentido para a suscripción dun Acordo de Libre Comercio, cunhas liñas básicas que foron asinadas o 25 de xuño de 1996 na provincia arxentina de San Luis polos Presidentes dos Estados parte do Mercosur e o Primeiro mandatario de Bolivia. Xa concluída-las tarefas técnicas pendentes relativas á confección dos Anexos do Acordo, acordouse que este instrumento entre en  vixencia o 1º de xaneiro de 1997.

O relacionamento de Bolivia co Mercosur preséntase da seguinte forma: o abultado déficit da balanza comercial de Bolivia co Mercosur, debido a que é un importador neto dos bens de capital e insumos procedentes de Brasil e Arxentina, tenda a xenerar opinions diverxentes en torno á asociación co Mercosur. Sen embargo, é de esperar que cos aportes das novas exportacións de gas a Brasil e a zona de libre comercio a conformarse nos próximos anos, se acade unha considerable expansión das exportacións de Bolivia que equilibre dito comercio.

México, que integra xunto ós Estados Unidos e Canadá o maior bloque económico do continente (NAFTA), expresou tamén o seu interese en relacionarse organicamente co Mercosur. A fórmula a aplicarse sería a do "4+1", creándose así unha  área de libre comercio cun mercado potencial que abarcaría practicamente todo o continente americano.

Proceso de integración

O proceso de integración fomentarase mediante unha crecente vinculación e relacionamento das empresas, a partir de:

  • Operacións de complementación industrial.
  • Acordos comerciais de distribución cruzada.
  • Fusións e adquisicións.
  • Participación nos procesos de privatizacións.

A estratexia do "rexionalismo aberto" é unha respota ó desafío da globalización. Mentres o Mercosur perfecciona o funcionamento do seu mercado interno, reafirma o seu posicionamento internacional a través de negociacións co resto do mundo.

Dentro deste contexto, o seu afianzamento dentro da ALADI é un dos aspectos prioritarios da axenda. Concluido o acordo con Chile e avanzada a negociación con Bolivia, estase encarando agora a definición do futuro relacionamento cos demáis países andinos. A idea central está definida: "a conformación dunha zona de libre comercio en América do Sur". Restan establece-los mecanismos a través dos cales se cumprirá este obxectivo.

A estratexia do rexionalismo aberto, é dicir, a "integración con fronteiras abertas", é unha resposta ó desafío da globalización.

Trátase de acada-lo crecemento das economías integradas mediante un incremento do grao de especialización das actividades e, por tanto,  o logro de niveis máis altos da eficiencia e productividade. A dimensión do mercado, ó ampliarse, xenera un ámbito de maior competencia, o que permite aumenta-la variedade e a calidade dos bens e servicios existentes. Tamén promove o ingreso da inversión externa directa e incentiva a realización de emprendementos conxuntos entre empresas arxentinas e do exterior.

Dende unha perspectiva política, o grao de evolución do Mercosur no seu proceso de integración ubícao dentro do contexto latinoamericano con grandes posibilidades de transformarse no eixo impulsor da converxencia dos diferentes procesos de integración subrexionais que se desenrolaron en América Latina (Mercosur, Grupo dos Tres, Grupo Andino e diversos acordos de zonas de libre comercio bilaterais).

Mercosur: un exemplo para o mundo

Durante unha visita oficial ós países do Mercosur, funcionarios da Unión Europea (UE) expresaron a súa admiración polos resultados que leva acadados o proceso de integración entre Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai, iniciado en 1991 coa sinatura do Tratado de Asunción. O "éxito do Mercosur", segundo a calificación dos funcionarios da UE, foi logrado en moi pouco tempo e revélase coma un exemplo a seguir por outras nacións do mundo que necesitan dar unha resposta efectiva ó proceso de globalización da economía internacional.

Carlos Saúl Menem, Presidente de Arxentina, sinalou a este respecto que " hemos realizado en muy poco tiempo una proeza. Hemos cumplido exigentes cronogramas de integración regional y hemos puesto en marcha un Mercosur exitoso". Esta opinión compártena unanimemente os actuais primeiros mandatarios de Brasil, Fernando Henrique Cardoso; de Paraguai, Juan Carlos Wasmosy; e de Urugai, Julio María Santguinetti.

Sen ningunha dúbida, o irrefrenable proceso democratizador que comezou a xestarse en América Latina a principios dos 80 e en particular nos catro países integrantes do Mercosur, é o verdadeiro sostén dos acordos acadados ata hoxe. Os prazos fixados para dar cumprimento ás directivas xurdidas do Protocolo de Ouro Preto basáronse no consenso de tódalas forzas políticas e empresariais da rexión.

Hoxe o Mercosur é unha realidade tanxible. O proceso de integración está firmemente consolidado e abona outros, coma o da paz, o benestar e o progreso dos pobos que habitan o continente.

Os números da integración

O Mercosur representa un megamercado de máis de 200 millóns de persoas, que concentra máis do 50 por cento do Producto Bruto Interno latinoamericano e o 51 por cento da producción industrial e do comercio rexional. Abarca o 60 por cento do territorio de América Latina e o 33 por cento do seu comercio exterior.

Superficie:

  • 12 millóns de quilómetros cadrados.
  • 60 por cento da superficie total de América Latina.
  • 4 veces máis grande có espacio da Unión Europea.

Poboación:

  • Máis de 204 millóns de habitantes.
  • A metade da poboación total de América Latina.

Producto Bruto Interno (PBI):

  • 983 mil millóns de dólares a prezos de paridade.

PBI por habitante:

  • 4.800 dólares per cápita.

Exportacións totais:

  • 55.900 millóns de dólares.

Importacións totais:

  • 65.400 millóns de dólares.

O cuarto bloque máis grande do planeta

O Mercosur converteuse dende o seu mesmo nacemento no cuarto grupo económico mundial (detras do NAFTA, a Unión Europea e a Cuenca do Pacífico) e na segunda unión aduaneira. Os Membros do NAFTA e o Mercosur representan, en conxunto, os actores económicos principais do Hemisferio Occidental, xa que representan o 96% do PBI deste hemisferio.

Comercio interrexional

O comercio interrexional do Mercosur medrou nun 266 por cento no período 1985-1992. En 1997, e a só tres anos de funcionar como Unión Aduaneira, este intercambio incrementouse en máis do 35 por cento con relación a 1994.

1994: 12 mil millóns de dólares.

1996: 14.200 millóns  de dólares (+ 17.5% con relación a 1994).

1997: 16.210 millóns  de dólares (+35% respecto de 1994).

Exportacións por destino - 1997

DESTINO EXPORTACIÓNS (millóns de dólares)
Xapón 3.750 (6.4%)
Resto de ALADI 6.820 (11.7%)
EEUU 10.570 (18.2%)
Resto do Mundo 18.040 (31%)
Unión Europea 19.070 (32.7%)
Total 58.230  

O futuro do Mercosur

A consolidación do avanzado na primeira etapa do Mercosur, é sen dúbida unha prioridade. O avanzado é moito, pero tamén é certo que moito do adquirido é precario. Pono de manifesto as excepcións ó Arancel Externo Común e as listas de adecuación final.

A subsistencia de restriccións non arancelarias, aínda que poucas, tamén demostran unha resistencia a extrae-las consecuencias da audaz exposición de apertura que se incorpora no Tratado de Asunción.

É difícil aínda garantirlle a un inversor que efectivamente terá o acceso irrestricto a un mercado de doucentos millóns de consumidores. Á súa vez, a arquitectura xurídica e institucional, ten a virtude da súa simpleza e flexibilidade. Sen embargo, tra-la crise automotriz de xuño  de 1995, semella insuficiente para convencer a inversores excépticos que con ela poderanse acada-los obxectivos perseguidos, e administra-los lóxicos conflictos de intereses.

O Mercosur sen ton muscular, plagado de incertidumes, que non trascenda do comercial, non é o máis conveniente para os seus socios. Pola contra, firmemente orientado á transformación productiva, á inversión, á xeneración de emprego, ten un valor estratéxico central para a Arxentina e para os seus socios Daí a necesidade de evitar un falso dilema entre consolidación e profundización dos seus compromisos. A profundización é a mellor forma de consolidalo.

Este é o sentido do Mandato de Asunción, aprobado na Cumbre de xullo de 1995 polo que se encomenda ó Grupo Mercado Común a elaboración dun plan de obxectivos a acadar polo Mercosur cara o ano 2.000.

Na súa nova etapa, o Mercosur debería ter unha meta clara e un horizonte temporal definido. A meta sería transforma-la unión aduaneira nun verdadeiro mercado interno, non só de bens pero tamén de servicios. O equivalente ó mercado único europeo. O horizonte temporal do ano 2000 é razonable, pois madurarían nese lapso os actuais procesos nacionais de transformación productiva; permitiría consuma-la incorporación plena de Chile, tras un período de transición, e prepararía ó Mercosur e ós seus empresarios, para negocia-la área de libre comercio das Américas e a asociación transatlántica coa Unión Europea.

Tres deberían se-los eixos temáticos prioritarios para construi-lo Mercosur 2000. Sumaríanse ás accións necesarias para perfeccionar e consolida-la unión aduaneira, desenvolvendo as súas regras de xogo e institucións, nun marco de menor disparidade macroeconómica. En todos eles a participación empresaria e social é vital.

O primeiro eixo é o da transformación productiva. A acción debería canalizarse a nivel sectorial. A decisión nº 3/91 que reulamenta os acordos sectoriais do Mercosur segue tendo vixencia e validez práctica. A incorporación do progreso técnico, a calidade e a productividade, e a combatividade global deberían se-las áreas de traballo conxunto. As pequenas e medianas empresas incluíndo as proveedoras das grandes empresas industriais e de servicios, e as economías rexionais, debería se-las protagonistas. Financiamento de pre inversión e de inversión, co apoio do BID e a Unión Eurpea, poderán brinda-lo apoio técnico e financeiro necesario. É un eixo central para combati-lo desemprego e para a igualdade de oportunidades, prioridades dos catro países.

O terceiro eixo é o da integración física e os servicios. A acción debería canalizarse ó menos en tres planos prioritarios: o  impulso dos grandes proxectos de integración física xa identifiados (Hidrovía Paraguai Paraná; eixos viais e ferroviarios; interconexións gasíferas e eléctricas; modernización portuaria); o desenrolo dos marcos regulatorios comúns necesarios para que o sector privado invirta en proxectos de enerxía, transporte, telecomunicacións; un acordo marco en materia de servicios e un código de compras gubernamentais, compatibles coas regras da OMC. É esencial o papel do BID e do Banco Europeo de Inversións.

En síntese:

O programa de acción para o Mercosur ata o ano 2000 realizado polo Grupo do Mercado Común entre os seus obxectivos, busca a profundización do proceso de integración, o pefeccionamento dos mecanismos que rexen a Unión Aduaneira vixente e a inserción do bloque no concerto internacional.

Ese es el sentido del Mandato de Asunción, aprobado en la Cumbre de julio de 1995, por el que se encomienda al Grupo Mercado Común la elaboración de un plan de objetivos a alcanzar por el Mercosur hacia el año 2.000.

  • Profundización do proceso de integración.
  • Creación de zonas de libre comercio.
  • Afianzamento do sistema de solución de controversias entre Estados parte.
  • Coordinación das negociacións coa Organización Mundial de Comercio (OMC).
  • Renegociación de acordos bilaterais con ALADI para preserva-lo Arancel Externo Común (AEC).
  • Desevolvemento dun marco xurídico para favorece-las inversións.
  • Consolidación dos procesos de integración educativa e "desenrolo con xustiza social".

Tamén existe un acordo de cooperación entre a Unión Europea e os seus Estados Membros e o Mercosur e os seus Estados partes no ámbito económico -comercial, idustrial, en materia aduaneira, de propiedade de materia intelectual, de ciencia e tecnoloxía, empresarial, no fomento de inversións, de enerxía, de transporte, telecomunicacións, cultura, formación e educación, protección do medio ambiente e aspirando ó fortalecemento da integración e cooperación institucional.

A idea de Mercosur 2000 significaría enviar fortes sinais. Ós inversores e ó mundo, que os nosos países están comprometidos a facer do Mercosur unha realidade política e económica en prazos razonables. Ós empresarios e traballadores, que o actual esforzo de axuste está orientado ó crecemento da economía real e ó emprego. Ós cidadáns e especialmente á xuventude, que efectivamente existe un horizonte de fututo. A ninguén lle convén o fracaso ou a súa irrelevancia.